A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TEMPO DE NADAL

Coma todo e coma sempre: luces e sons que nos chaman á rúa, vertixe de coches e xente que corre dun a outro lado, sen máis obxectivo que encher unha cesta ou colocar un lazo nun envoltorio. Pero, realmente nos paramos a pensar no que significa o NADAL?
Si, supoño que si, aínda que en certo modo vivimos ese NACEMENTO cunha ledicia obrigada, un sorriso postizo, unhas boas palabras de cortesía... a aí remata todo. Sinceramente, estes NADALES non me gustan, posto que a ledicia, os sorrisos e as cortesías non se mercan nin se venden, nin se meten en cestas, nin se entregan envoltas en vistoso papel, cunha enorme lazada.
Os NADALES son os de cada día do ano, amenceres, ocasos e mediodías, xestos sinxelos, silencios e palabras sinceras, agarimo e xenerosidade, compromiso e entrega... sen envoltorios nin medallas.
A pesar de todo, BO NADAL a todas e a todos.

Concha L. F. (24-12-1009)
Comentarios (2) - Categoría: Eu son... - Publicado o 24-12-2009 07:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A miña poetisa particular
Sabes transformar as palabras en sentimentos que nos envolven sen saber como. Tés o don marabilloso de espertar o noso corazòn durmido, a nosa mente racional e penetrar naqueles rincóns cheos de telarañas.E de súpeto#blgtk08#, sentimos unha dor punzante; porque as túas palabras chegaron alí: ao noso lugar máis segredo ao que só teñen acceso os que senten e sofren coma ti.
Noraboa, xa sabes cando publiques, se me entero alí estarei.
Moitos bicos
Lola
Comentario por Dolores Blanco Fernández (24-12-2009 11:32)
2 Certamente procurar o benestar dos próximos e os distantes debería ser tarefa de cada día. E aí andamos. Eu procuro sacar o mellor destas datas: ter tempo para tantas cousas que du#blgtk08#rante meses quero facer e non dou feito... e ese é o meu mellor Nadal, coller forzas para procurar que dos casulos nazan fermosas bolboretas. Que che nazan moitas en 2010.
Comentario por Acuática (24-12-2009 20:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.