A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A NENA DO PARAUGAS


Entre as miñas brétemas tentei reter
a feble sombra dun infantil anhelo,
o sorriso limpo, o xesto decidido,
a carteira a cadros… O fugaz momento
que tarda a cámara en inmortalizar
unha imaxe que se perde no tempo.
Grabada aínda na memoria
levo a luz e o desconcerto
que deixou no meu rostro aquela cámara
cuando una tarde, case sin alento,
baixei as escaleiras, dúas a dúas,
anunciando “¡Vou á escola, logo veño!”
Quen me ía a dicir que, sen paraguas,
vagaría hoxe, de inverno en inverno,
levando mil tesouros herdados,
agochados entre os dedos!

Concha L. F.
(Foto: Sr. Ramón)
Comentarios (9) - Categoría: Eu son... - Publicado o 19-12-2009 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Encántame a tua páxina en galego , cando sinto morriña daquelas paisaxes do Carballiño , San Amaro e Maside , pérdome nestes versos que parecen falarme dos meus tempos d#blgtk08#e mozo ... perdona por non saber escribir en galego . Encontrei iste blog paseando pola páxina web do Equipo de Normalización do CPI de Maside .
Un cordial saudo
Comentario por Santi (12-01-2010 20:34)
2 Grazas, Santi. E si sab#blgtk08#es escribir en galego.
Comentario por A nena do paraugas (13-01-2010 06:12)
3 Solo unha curiosidá ; coincidín cunha Conchita de Partovia , nos meus anos de estudante aló no Instituto do Carballiño , non recordo en qué cu#blgtk08#rso , pero sí recordo con cariño aqueles tempos e os grandes amigos que alí fixen ... Non serás tí aquela rapaza de entonces ?
Un saudo
Comentario por Santi (13-01-2010 17:42)
4 Depende de en que ano andases polo Ies do Carballiño. Se che cadrou no 1978/1979, en COU, tal vez... A#blgtk08#índa que me has desculpar, non teño nin idea de quen es...
Grazas por pasarte por aquí.
Comentario por A nena do paraugas (14-01-2010 06:31)
5 En fin non ten importancia pero foi ese ano ... ainda me soa Recaredo , J.A.Prado , Raul , Benita Lopez , Eduardo Alves , Casas , Lurdes , Merch#blgtk08#i Cortés , Pili Abraldes , Julia Gonzalez , Ester ,Paco Ramon , Marquina , Rascado ... Había xente moi boa ... ¡ tempos aqueles !
Saudos
Comentario por Santi (14-01-2010 17:22)
6 Pois efectivamente, son a tal.
J. A. Prado ten unha nena a quen eu lle dou clase... A Benita hai pouco que a vin en Carballiño, Paco Ramón está dando clase nun colexio en Ourense...
#blgtk08#/> Do resto sei pouco, posto que lle fun perdendo a pista a todos e todas. Se queres, indícame un mail e póñome en contacto contigo. Sigo sen lembrar quen es... Perdoa.

Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (14-01-2010 18:45)
7 Si te asomas por un blog que teño aquí o lado , podes darte unha idea<#blgtk08#br />
http://www.blogoteca.com/santilopez/index.php
Comentario por Santi (14-01-2010 20:57)
8 ola compañeira e compañeiros do IES do Carballiño. A vida vainos marcando rutas propìas ou personales. Cando pensedes en min e identifiquémedes penso que, xa o sabedes todo, acabei meus estudos vocacionáis, namorèime e caséime, t#blgtk08#eño dous fillos millores ca min. Sempre trato de facer todo o que podo e sempre me parece un nada. Esto último está muy de acordo con "cousas da vida". Tamén sabedes de sobra que podedes contar conmigo, eso sí. paseniño. bicos.
Comentario por maricarmen (03-04-2011 12:49)
9 goo#blgtk08#d!
Comentario por replica louis vuitton (06-02-2012 15:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.