A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I



Que segredos agochan as rochas?

Elas seguen a falarme
e non as entendo.
Aínda non.

Tremen os seus beizos,
coma os meus, cando te ven,
e rosman mil palabras ao teu paso.

Deixan sons espallados no aire,
sons que non descifro.

Saben de ti e de min,
de nós e do tempo e do espazo
que nos separa e nos une,
e érguense inmóbeis
ante o noso camiñar indeciso,
tentando escapar á realidade.

Aquí en castelán
Comentarios (3) - Categoría: Raiolas - Tempo II - Publicado o 27-03-2013 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Non sei que segredos agochan as rochas, pero sei que son un bálsamo pra min cada vez que acudo a un pequeno recuncho dunha praia pequena e perdida da co#blgtk08#sta da morte. Podo pasar horas e horas sin darme conta do paso do tempo,alí e onde poño en orde as ideas, recordos e sentimentos.
Un bico Concha
Comentario por Santi (27-03-2013 22:05)
2 Eu tampouco che sei eses segredos, pero é fácil que as bágoas am#blgtk08#osen tímidas só imaxinando, pechando os ollos... Grazas, meniña.
Comentario por XOSÉ (04-04-2013 18:00)
3 A vida non se pode comprender toda#blgtk08#. Os secretos das rochas tampouco.
Comentario por Raposo (02-11-2013 18:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.