A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX - BO NADAL

Monte Faro

Xulio López


Devecerá en ti a anguria
de non sentir a existencia,
de non ver entrar o sol cada mañá
para fundirse no teu seo.
Devecerá en ti a mágoa
de non escoitar o bambeo
das miñas palabras,
de perder o rumbo do po
que levantan os meus pasos.

Devecerá todo en ti, minguará...

Porque medra o teu sorriso
se ves medrar o meu,
se te acariño co pensamento,
se sintes aloumiños e bolboretas
pousar entre as túas dobras...

Isto é o que quero darche,
porque non entende máis
o meu entendemento
que darche sen ida nin volta,
só darche iso, o que son,
para que sexas eu, sendo ti,
ti e eu ao mesmo tempo,
para sermos esencia derramada
que humideza os manteis
da nosa mesa,
para sermos nota e silencio,
clave e pentagrama,
páxina, libro, verba e pluma,
para sermos unha e un
un nunha, só aire e terra,
sol e auga.

Concha L. F.

Aquí en castelán
Comentarios (7) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 23-12-2012 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 "para sermos nota e silencio,
clave e pentagrama,
páxina, libro, verba e pluma,
para sermos unha e un<#blgtk08#br /> un nunha, só aire e terra,
sol e auga".

Non cabe desexo máis fermoso... Bo solsticio!
Comentario por Ana R. Barreiro (23-12-2012 22:57)
2 Sen palabras...só un agarimo, unh#blgtk08#a aperta.
Grazas, Concha.
Comentario por Xosé (24-12-2012 14:39)
3 Fermoso, coma todo o que fas.#blgtk08#
Moitos bicos
Comentario por rubeneva (24-12-2012 20:30)
4 Dende a cima do Faro devecen os ollos vendo tanta fe#blgtk08#rmosura.

Bo Nadal, Nena do Paraugas!
Comentario por Chousa da Alcandra (25-12-2012 19:36)
5 Feliz Noite Vella e que o ano q#blgtk08#ue vén nos traia bos momentos!
Comentario por zeltia (31-12-2012 18:32)
6 Ola Concha, gustoume moito o teu poema, tanto que quixera que me deras permiso para poñelo no meu blog “No son mios” onde poño os poemas que máis #blgtk08#me gustan, se entras nel verás que en todos poño o nome de quen o fixo, espero a túa resposta no meu correo, vale?

Bicos.
Comentario por Eusebio Freire (01-01-2013 20:29)
7 Cantos momentos polo teu blog.<#blgtk08#br /> Xa nunca máis escribes?
Comentario por Zeltia (24-11-2016 12:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.