A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O DÍA DESPOIS...
Curiosamente, no meu cole, hoxe ninguén falou da folga de onte, nin das manifestacións, nin da repercusión no sector público de ensino, nin de nada relacionado co tema... E iso que no xornal "La Voz de Galicia" (a única que se recibe), na portada, falaba do conto. Pero todo o mundo foi directamente ás páxinas centrais para ver o suplemento "La Voz en la escuela" e comentar o interesantes que eran os contidos. A min non mo pareceron tanto...
Non sei o que pasou noutros coles. Na miña clase onte seica faltaron catro nenos e nenas... A parte dos habituais de sempre, os que van e veñen, coma as ondas do mar...

Será que no ensino público galego todo vai ben? Será que os traballadores e traballadoras do ensino público de Galiza están conformes con todo o nos caeu enriba? Ou será que o medo lle atenaza as gorxas?

Se están conformes, vale. Respecto a súa decisión, pero que nunca máis me volvan falar de inxustizas sociais ou de inxustizas cara ao ensino público galego e aos seus traballadores e traballadoras.

Se non están conformes e teñen medo, gustaríame dicirlles que o medo non é bo conselleiro, que o medo couta a liberdade, que se actuamos con medo, de nada vale queixarse despois...

Porque, digo eu, se tanta solidariedade amosamos de boquiña coa sociedade, por que nos cruzamos de brazos e acodimos ao posto de traballo coma ovellas, por medo a que nos desconten no salario, cando as inxustizas son tales que o único que merecen como resposta é unha rebelión silenciosa pero activa de todos os sectores produtivos, incluídos nós?

Ou é que os traballadores e traballadoras do ensino público somos entes pasivos? Será que si...

Se é así, se a resposta é que no ensino non nos vai tan mal, que somos xente privilexiada porque temos un posto de traballo e non debemos protestar, nin por solidariedade, entón non sei se me dea de baixa, figuradamente falando (cómpreme o salario para comer, pero podo prescindir dun día), deste colectivo e continúe a miña loita en solitario.

Respecto todo, todas as opinións e decisións persoais, pero éncheme de carraxe que, logo de levar máis de dous anos botando pestes contra o que nos levan feito, como traballadoras e traballadores do ensino, despois de ver o que fixeron co ensino público galego, sigamos cos brazos cruzados sen saír ás rúas para manifestar ese desacordo. Non vaia ser que nos toquen o soldo!

Sei que non servirá de nada, pero polo menos, que nos quede a conciencia tranquila por telo intentado, que nunca, ninguén nos poida botar na cara que tivemos unha oportunidade para cambiar o mundo un pouco, pero preferimos quedar acochados detrás dos nosos privilexios de funcionarias e funcionarios públicos.

Ata cando?

Concha L. F.
Comentarios (1) - Categoría: Eu son... - Publicado o 15-11-2012 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E logo no currículum oficial fálase de fomentar a formación de individuos críticos... Quen os vai formar? Os mestres, con exemplos así, dende logo que non. Tería que haber unha folga total e i#blgtk08#ndefinida polos servizos públicos, unha verdadeira renovación dos métodos didácticos e os materiais, pero vexo que en Galiza é unha utopía reservada para os que aínda pensamos pola nosa conta
Comentario por Mar e Lúa (06-12-2012 17:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.