A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

10 ANOS DO PRESTIGE

Foto: Xulio López (2002)


Agora vouvos contar un conto. Un conto curto, sobre os mares e as súas marés, os seus animais, costas e barcos.

Había unha vez un país que tiña os mellores peixes e mariscos do mundo. Tiña as mellores corredoiras, os mellores carballos, castiñeiros e bidueiros, os máis altos e fermosos cantís da costa atlántica europea, nos que o mar rompía con toda súa furia. Ese país estaba cheo de persoas que traballaban arreo cada día para sacar do mar os mellores manxares e querían á auga salgada e á terra coma quen quere a unha nai.

Un día, un deses grandes barcos que levan no peito o ouro negro, o petróleo, viu que lle fendera un costado. Había moito mar e as ondas pegaban nos seus costados con moita forza. O capitán do barco pediu axuda, mais ninguén o escoitou. Houbo xente que dicía que aquilo non era nada, que se o deixaban no medio no mar, o barco quedaría alí, quieto.
Pero unha grande onda acabou por partir o barco en dous. Pouco a pouco foise mergullando no mar e todo o petróleo que levaba nas súas tripas rematou espallado por todas partes. Pouco a pouco, unha masa negra e pegachosa foise facendo coas rochas, cos peixes, cos paxaros, coa area, cos barcos de pesca… Unha masa pegachosa e fedorenta…

De máis aló daquelas terras acodiu unha morea de persoas para retirar o petróleo, mentres quen mandaba seguía dicindo que aquilo non era nada, que eran soamente uns fíos de plastilina. Moita xente saíu ás rúas para berrar que nunca máis volvese ocurrir algo así. Pero foi en vano. Ninguén a escoitou.
As xentes daquelas terras foron vendo como as súas vidas se mergullaron con aquel barco e os restos que quedaban levarían tatuado para sempre o cheiro e a negrura daquela negra maré.

Xa pasaron dez anos. As testemuñas daqueles días din que todo foi moi negro, aínda que elas vestían de branco, de amarelo… Da cor que podían. Grazas a todas elas.Grazas.
Comentarios (2) - Categoría: Eu son... - Publicado o 13-11-2012 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 É un conto fermoso, cun final moi triste. NU#blgtk08#NCA MAIS.
Ninguén o resumiria mellor.
Comentario por Rosa ou Mary como ti queiras (14-11-2012 23:06)
2 Poucas veces chorei tanto como entón. Se cadra nos enterros. Nunca Mais me digo, e n#blgtk08#on mo creo, porque sendo galega algo me di no ar que "xa vai tocando" e estremezo.
Comentario por Marae (19-11-2012 00:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.