A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Don Blas
Don Blas cruzou definitivamente a estrada para parolar cos seus amigos da casa de en fronte. Gustáballe facelo e, aínda que os cancelos sempre estaban pechados, el buscaba o xeito, sen mirar antes a un lado e a outro e sen respectar o paso de peóns que hai diante da casa. Era un cadelo tonto e arriscado.



Agora descansa debaixo do membrilleiro da horta, a carón da súa amiga Cuca.
Comentarios (5) - Categoría: Eu son... - Publicado o 03-10-2012 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Non sei se Don Blas foi un cadelo de este mundo ou foi un cadeliño do mundo das musas, mais non é o máis importan#blgtk08#te. O máis importante é que el e máis a Cuca están agora xuntiños.

Bicos, Concha.

Comentario por XOSÉ (07-10-2012 20:40)
2 Algo parecido lle pasou ao meu Colín o primeiro día#blgtk08# deste ano e agora descansa debaixo dunha pereira.
Comentario por paideleo (11-10-2012 00:12)
3 un cadelo tonto e arriscado que foi ocupando#blgtk08# o seu sitiño e agora descansa coa sua amiga
Comentario por (11-10-2012 09:37)
4 vaia toda a miña simpatía por Don Bla#blgtk08#s, vítima das súas propias aventuras!
Comentario por Xesús Constela (15-10-2012 18:21)
5 Miña queridiña, con esas palavras que lle adicas ao teu cadeliño, gracias a ti o mundo é un pouco mellor.
Non podo evitalo! Emocióname doiñamente cando ocorre algunha desventura con calquera animaliño. Nós tamén temos dous, e hai unhos anos #blgtk08#ó mouriño de palleiro rompeulle un coche unha perna, pero gracias a Deus corre coma antes pol-a tebaida e pol-os carreiros dos soutos e carballeiras. O seu destino tíñalle preparada máis sorte!.

Con un agarimo.
Pepe de Noriega
Comentario por Pepe de Noriega (17-10-2012 14:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.