A miña debilidade é a miña fortaleza |
|
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A NOITE |
|

- Sabes o que é a noite?
- Non? Si. Cando todo está escuro?
- Xa. Cando non hai luz?
- Claro. Cando todo o mundo durme. Cando eu durmo?
- Ti, dormes?
- Si. Case sempre durmo pola noite. Ás veces durmo de día?
- E, se non dormes pola noite, que fas?
- Non o sei. Pensar, dar voltas? Agardar que veña o día, para que volva a luz. Logo comezo de novo, cousas novas e vellas. Descanso coa luz e agardo de novo que chegue a noite. Quizais despois, sen luz, poida durmir de novo?
- E, se non dormes?
- Agardo unha vez máis? Sempre agardo?
- Sabes realmente o que é a noite?
- Seino.
- Podes describila?
- Tal vez? Por onde comezo?
- Por onde ti queiras.
- A noite é agardar un día novo, en silencio, cando o día dorme. A noite é buscar o momento para fuxir das sombras, mentres elas dormen, para atopar a luz. A noite é agardar esa porta que se abre a un horizonte diferente. Agardar? Con calma, co corazón encollido e a alma desdobrada entre onte e hoxe, devolvendo o que che prestaron, dando o que nunca che devolverán. A noite é unha garda permanente, na que as pantasmas van e veñen ao seu antollo, na que soan timbres, teléfonos e chaves que che din que segue habendo vida, aínda que esa vida sexa unha diferente á túa, aínda que a vivas, pero sen pertencerche? A noite é durmir, sempre, durmir para sempre.
- E, por que non dormes agora que é de noite?
- Non o sei. Tal vez porque alguén ao meu carón respira e teño que escoitar se a súa respiración dorme. Ou porque quen tería que durmir ao meu carón soamente é agora un soño. Ou porque tal vez preciso escoitar un timbre ou unhas chaves que me indiquen que xa é hora de durmir?
- Que escoitas agora?
- Nada.
- Seguro?
- Non? Escoito o silencio. Escoito a noite. Outra máis? Agardarei a mañá? Agora vou durmir? Xa é, de novo, mañá?
|
|
|
|
7 Comentario(s) |
|
1 |
"Igual que a terra debería ser
sempre para quen a traballa,
así foi a luz para quen a prendeu,
así a luz é só para quen a merece,
así será a luz para #blgtk08#o que a namorou".
CLAUDIO RODRÍGUEZ FER
Seite amante da luz, compañeira. A noite non ten nada que facer contra iso.
Saúde,
Ana |
|
|
Comentario por Ana R. Barreiro (22-04-2012 21:51) |
|
|
2 |
Fermoso, Ana, fermoso.
Bicos ás dúas#blgtk08#, compañeiras luminosas.
Bea |
|
|
Comentario por Beatriz Fernández (22-04-2012 23:10) |
|
|
3 |
Quérovos, mozas e bótovos de menos, pero sei que estades e estaredes aquí. Non es#blgtk08#tou soa. Seino. Sei que estades comigo e iso dáme forza...
Grazas. |
|
|
Comentario por A nena do paraugas (22-04-2012 23:52) |
|
|
4 |
A noite, é tantas cousas... hai noites fermosas, noites que non esqueces polos momentos felices que tiveron lugar, e pola contra, vivimos noites que se converten en verdadeiros pesadelos. #blgtk08#/>
Cando nos toca vivir momentos difíciles, as noites convértense nas peores horas, porque se estamos a sufrir, o sono foxe e o silencio e as sombras da noite fanse insoportables.
Bicos |
|
|
Comentario por Dilaida (23-04-2012 00:32) |
|
|
5 |
Defines mui ben a noite.
Só c#blgtk08#he quedou por falar do medo ánoite. |
|
|
Comentario por paideleo (28-04-2012 00:06) |
|
|
6 |
Nesse tempo eu era uma nena e estava de aniversário.
Trabalhava muito e acreditava noutro mundo possível.
Agor#blgtk08#a sou uma mulher que até escreve diferente.
Mas gostei reler o texto.
|
|
|
Comentario por Beatriz (31-07-2015 17:47) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|