A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O CHUPETE

Xulio López
Dolor I

Se llo tivesen contado antes, non o tería crido, aínda que desde sempre soubese que os chupetes agochan cravos e alfinetes que firen o padal…

Agora, desde a súa fiestra, o ve consumido, sentado no banco da esperanza, co chupete furado, roto polas súas manías e excentricidades. Pero o ve mirar de fronte, coa cabeza alta, aínda que os seus ollos roxeen polo pranto.

Desde a súa fiestra mírao sentado no banco da esperanza. E mira o chupete, os cravos e alfinetes, e pensa. Non é doado desprenderse dos soños. Tampouco o é desprenderse dun chupete, aínda que fira o padal…

Será un duro camiño…


Aquí en castelán
Comentarios (4) - Categoría: Varios - Publicado o 04-04-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 As chupetas agochan moitas cousas, teñen cravos e alfinetes pero tamén esconden moito mel que alivia as feridas do padal.

E non é doado desprenderse dos soños n#blgtk08#in da chupeta, aínda que saibamos que a goma da chupeta está toda furada e os soños non se van realizar, porque se o fixésemos, a vida xa non tería moito sentido.
Bicos
Comentario por Dilaida (04-04-2012 17:03)
2 Parece que tras cada doce ten que atoparse un alfinete!! teremos #blgtk08#que aprender a brincar con eles tamén para estirar as dozuras ;)
Comentario por xenevra (06-04-2012 19:12)
3 Tamén teñen púas ferintes os ourizos e ben que saben as castañas!.
Os soños veñen todiños envoltos en #blgtk08#papel de realidades. Unhas veces podemos quitarllo e outras...teñen que ficar envoltos.

Bicos
Comentario por Chousa da Alcandra (11-04-2012 23:27)
4 pois non entendo moito do texto... pero #blgtk08#todos temos os nosos chupetes con espiñas
Comentario por Zeltia (12-04-2012 18:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.