A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JFK - II

Durante moito tempo lembrou aquel reencontro fortuíto e aquela mensaxe de correo, pero seguiu coas súas cousas, coas súas reunións, coas súas idas e vindas, co seu cartafol e cos seus cafés insípidos a media mañá.

Pasou o tempo e semellaba que aquel JFK tivese desaparecido da súa vida. Moitas veces agardaba atopalo de novo no aparcamento, ou ver ao seu dono subir a pendente que conducía á entrada daquel infernal conxunto de ladrillos, ferros e palabras sen sentido. Aínda conservaba na súa memoria aquela mensaxe na que el lle dicía que a vira afastarse.

Aquel día estaba cansa e sentíase especialmente engaiolada nos seus silencios. O frío cortante da mañá restáralle eficacia e notaba como todo o mundo a miraba con desacougo. Pechou o despacho e dirixiuse á saída, co paquete de tabaco e o chisqueiro na man. Non deu explicacións. Non avisou a ninguén. Non meteu a maldita tarxeta na fenda. Simplemente saíu.

Descendeu a pendente e sentou nun banco de pedra que había cerca da verxa do aparcamento. Na súa cabeza mesturábanse as lembranzas, miles de imaxes ás que nunca dera importancia, palabras soltas, miradas de desaprobación, xestos de complicidade? Pero nada tiña sentido. El nunca volvería e, se o facía, estaba segura de que todo sería diferente. Achegouse ao bar da esquina, pediu un café para levar e voltou de novo ao banco de pedra. Durante un tempo indefinido, prendeu un cigarro con outro e consumiu a pequenos grolos aquel café amargo.

Mentres observaba como un paxariño recollía migallas do chan, sentiu que unha man pousaba no seu ombreiro esquerdo. Sobresaltouse e o seu enésimo cigarro da mañá rodou polo chan sen apagarse. Non foi capaz de volver a cabeza. Dos seus labios saíu somente unha frase: ?Deixádeme en paz, por favor?.

Fíxose un silencio. A man retirouse do seu ombreiro. Ao cabo duns segundos, ás súas costas, unha voz rosmou: ?Son eu. Acabo de chegar??
Era el?


Comentarios (4) - Categoría: Varios - Publicado o 26-03-2012 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Vaia relato máis fermoso!!! Gúst#blgtk08#ame máis en galego.
Bicos
Comentario por Dilaida (26-03-2012 10:21)
2 Gústame! E espero#blgtk08# a continuación.
Comentario por Raposo (02-04-2012 20:40)
3 Moi interesante. E#blgtk08#xcelente escritura
Comentario por Julia (24-03-2021 20:58)
4 Marabilloso#blgtk08#! Continúa
Comentario por Rocio (24-03-2021 20:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0