A miña debilidade é a miña fortaleza |
|
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
11M... 11 |
|

Saíu da ducha. Ía xusta de tempo e tiña que apurar. Sabía que se perdía o tren outra vez, o despido era inminente. No ambiente flotaba o fume do primeiro cigarro do día e aínda se percibía o arume a café recén feito e a pan torrado.
Non se molestou en secar o pelo, simplemente amañouno cos dedos. Vantaxes de levar o pelo curto. Puxo unha crema hidratante na cara e unha pouca maquillaxe. Perfilou as liñas dos ollos cun lapis azul e puxo unha máscara, tamén azul, nas pestanas. Vestiu o mesmo pantalón vaqueiro que puxera o día anterior e sacou do armario aquela camisa longa que lle regalara seu irmán no Nadal, chea de matices azuis e amarelos. Buscou no caixón da mesiña os pendentes, o colar, un anel e unha pulseira de lapislázuli e ámbar, herdanza de súa nai. Sacou do zapateiro unhas botas planas e azuis, de ante, e pechounas sobre o pantalón.
Do percheiro descolgou o vello bolso azul de pel e meteu nel todo o necesario. Vestiu un lixeiro abrigo negro, anudou ao pescozo un pano amerelo dourado e saíu. Eran as 7:25, tempo xusto para chegar a Atocha.
Percorreu o traxecto ata a estación andando, case correndo. Polo camiño cruzou coas mesmas caras durmiñentas de todos os días. Preguntábase se Ana estaría agardando no banco de sempre ou se xa subiría ao tren. Ana era moi puntual, pero ela sempre chegaba con retraso. Aquel día non. Aquel día ía ben de tempo.
Cando chegou á estación eran as 7:50. Atocha era un inferno?
Aquí en castelán. |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Estremecedora historia , nada mais ler a fecha , éntranme ganas de parala , de distraela , para que non chegu#blgtk08#e a tempo nesa fatídica hora que asolou Atocha ... Sinto alivio ... Salvouse polos pelos ... Outros non ... |
|
|
Comentario por Santi (12-03-2012 19:20) |
|
|
2 |
ultimamente non teño moito tempo libre para os blogs, e sin contar, colleume desprevenida esta historia ambientada no 11 M. #blgtk08#/>
unha historia sin rematar?
bueno, claro, sen rematar, como remataron as vidas de tantos, violentamente, sin contar. |
|
|
Comentario por Zeltia (17-03-2012 23:31) |
|
|
3 |
Recordos estremecedores dunha data fatal.#blgtk08#..Moi ben contado, meninha.
Bicos. |
|
|
Comentario por Xosé (18-03-2012 23:07) |
|
|
4 |
A min pilloume no estranxeir#blgtk08#o e vivino de xeito estraño. |
|
|
Comentario por paideleo (19-03-2012 22:39) |
|
|
5 |
Ampliar con#blgtk08#ocimientos. |
|
|
Comentario por Enrique Manuel Ortega F. (13-01-2014 12:41) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|