A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V

Monte do Faro
Xulio López

Debuxo outra verdade con aquela,
asasinando as flores murchas das roseiras,
para que decembro traia outras,
xeadas xa no abrocho,
cubertas por un manto de silencio,
ocultas polas néboas que xorden da terra.

Xa non hai luz máis que unhas horas
e quizais poida afrouxar o parafuso
e percorrer a realidade sen medo a tropezar.
Os milagres da vida e da morte
únense para rescatarme da gaiola
e escribo en branco sobre negro...
Non perdo a esperanza...

Haberá luz entre estas sombras insensatas?




Comentarios (2) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 07-03-2012 06:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Claro que hai luz, aínda que tarde algo en aparecer,#blgtk08# hai luz, e espero que sexa "sensata".
Bicos
Comentario por Dilaida (07-03-2012 22:33)
2 Nunca!!! a esperanza é a nosa riqueza máis prezada, a que nos sustenta e nos leva #blgtk08#cara a luz, aínda que as sombras parezan moi mestas.
fermosísimo o poema!!
Comentario por xenevra (11-03-2012 21:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.