A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV
LUX
Xulio López



Se te puidese iluminar daquela,
igual o teu corpo indefenso
non tropezaba coa dúbida,
nin a túa sombra esvaecía
noutras sombras...

Se te puidese iluminar daquela,
igual o teu camiño tería sido máis doado
e os teus soños
repousarían agora, quedos,
agardando outros soños.

Non tiña as luces necesarias
para iluminarte.
Deixeinas afogar na chuvia
por non abrir o paraugas...
Agora non chove
e a tea enróscase sobre si,
formando unha espiral infinita.
Agora teño aquela luz,
mais non sei se será tarde.
Comentarios (6) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 16-02-2012 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 As luces e as sombras sempre fan bos poemas. Pode que a luz prendida tardiamente ilumine #blgtk08#outros camiños, aínda que non fose o desexado, mais unha luz prendida sempre é necesaria.
Comentario por vakastolas (16-02-2012 15:03)
2 As veces deixamos pasar ocasións importantes, por falta de experiencia ou porque nese momento non vemos a importancia que pode ter.
O#blgtk08# ideal é ter unha segunda oportunidade, para poder rectificar, pero nalgunhas ocasións é un pouco tarde.
Fermoso poema.
Bicos
Comentario por Dilaida (16-02-2012 15:48)
3 Unha luz sempre ilumina.
Pode que non sirva para o propósito que un desexa,pero servirá para outros...

#blgtk08#> a foto mira que me chama a atención... o cable é como unha corda. E sendo unha luz, está apagada, en branco e negro...
Comentario por Zeltia (16-02-2012 16:14)
4 Prenda a luz, quizais aínda#blgtk08# non sexa demasiado tarde!
Comentario por Raposo (18-02-2012 16:03)
5 Nunca é tarde se#blgtk08# a LUZ é boa! ;)
Comentario por Ana R. Barreiro (02-03-2012 23:36)
6 As cousas chegan no momento no que teñen que chegar, moitas veces pensamos que #blgtk08#tarde, pero a min gústame pensar que o fan no momento no que serven para algo.
Comentario por A Conxurada (04-03-2012 10:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.