A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

JFK - I
Tiña présa. Xa eran as 6 da tarde, a hora da entevista e aínda non aparcara o coche, pero non perdeu a calma. Xirou o volante á esquerda e meteu a marcha atrás. Polo espello retrovisor calculou o ángulo exacto e comezou a manobra, a modiño, con suavidade, para que os neumáticos non se desgastasen en exceso ao rozar o pavimento. Pouco a pouco, o vehículo quedou perfectamente encaixado no seu lugar, paralelo ás liñas que delimitaban unha das prazas que atopara baleira.

Desabrochou o cinturón de seguridade, xirou a chave e colleu o cartafol do asento da dereita. Cando ergueu a vista para abrir a porta, viu un coche escuro que entraba no aparcamento. A cara do condutor parecíalle familiar e seguiuno coa mirada. Era el. O seu cabelo era inconfundible. O coche tamén. Non lembraba exactamente a matrícula, pero si as letras, JFK. Moi doado. Coma as iniciais de Kennedy.

Coma sempre, sacou un cigarro e acendeuno. El aparcara nunha das prazas cubertas. Descendeu do seu, pechouno e quedou mirando a JFK. Ninguén se movía dentro. Semellaba que el estaba a manter una animada conversa coa súa acompañante e mirou o reloxo. Pasaban 5 minutos da hora da cita e aínda tiña que subir a empinada costa ata o edificio, logo as escaleiras de entrada e buscar a sala de xuntas.

Con paso lento e aspirando profundamente o fume do seu cigarro, saíu do aparcamento, volvendo de vez en cando a vista a JFK. Nada se movía dentro. Ao xirar, perdeu de vista os coches e aos seus ocupantes.

Mentres subía os escanos lembrou aquela tarde fría e escura, cando el se achegou e preguntoulle por que sempre se defendía do mundo, se o mundo non lle fixera dano algún. Non soubera que responder e arrepentíase da súa torpeza. Ela era de palabra fácil, pero contestou cunha evasiva, amparada na sombra que protexía a súa mirada, mentres os seus ollos deixaban esvarar una bágoa, sen saber moi ben a que se debía. Lembrou que contivo o pranto, coma sempre, e que se despediu del con respecto a agradecemento. A súa relación fora boa. O resultado, o agardado. Confiaba nelo. E nel. Por una estraña e indescriptible razón, confiaba tamén nel.

Cando saíu da sala de xuntas estaba demasiado cansa para quedarse a falar de perspectivas e resultados, así que desculpouse e saíu correndo cara ao seu coche. No seu corazón latexaba a esperanza de velo de novo, de ver aquel JFK na praza cuberta. Baixou as escaleiras a toda présa, mentres acendía outro cigarro. Voou sobre a pendente e, en canto o aparcamento estivo no seu punto de mira, buscouno. Xa non estaba. A praza estaba baleira. Entrou no seu coche, xirou a chave do contacto e marchou a casa.

Tres días despois recibiu unha mensaxe por correo electrónico. Era a resposta a algo que ela lle enviara tres días antes e na que el lle contaba que a vira afastarse do aparcamento, cara ao edificio de xuntas, sobre as 6 da tarde…
Comentarios (3) - Categoría: Varios - Publicado o 29-01-2012 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 cantos latexos de emoción hai ao unísono, #blgtk08#e non se saben uns dos outros...!
Comentario por zeltia (31-01-2012 12:55)
2 Aisssss!!! tremendo suspiro!! Deixoume aquelada o final da historia#blgtk08#. Logo maldecín. Por que as ocasións son, ás veces, tan retortas??
Comentario por xenevra (01-02-2012 13:55)
3 Nada nos custa imaxinar que as reviravoltas da vida lles dean unha nova oportunidade, quizais o#blgtk08#utra vez as 6 da tarde, e daquela non haberá fronteiras de tempo/espacio/coches que os separen.
Comentario por Raposo (04-02-2012 16:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.