A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA NON PERDER A MEMORIA...


Era moi alto. Ou a min parecíamo. Non era precisamente guapo. Nin fraco. Tiña o pelo escuro, crecho e espeso e un bigote moi negro. A súa fronte era ampla e despexada e por enriba das orellas asomaban timidamente os sinais brancos que vai deixando a madurez. Os seus ollos eran pequenos, escuros e profundos, uns ollos deses que semellan mirar sempre máis alá do que a realidade amosa. Tiña as mans gordechas, con dedos curtos e algo torpes.
Cada día chegaba ao meu refuxio, montado nunha flamante Vespa que deixaba arrimada á parede da casa do avó Antonio e, logo de xirar unha enorme chave na pechadura daquela pesada porta de madeira, dispoñía todo o necesario para que as imaxes roubadas á vida quedasen para sempre impresas no papel da memoria.
Aquel cuarto de revelado era un sitio tosco, cos muros de pedra, sen adornos, sito no baixo da casa da señora Vicenta, xusto debaixo da cociña. Era un lugar frío e escuro, cheo de cousas que non lembro para que servían. Ao pé da casa había un rego polo que corría a auga da poza do Freixo. El colocara nel unha tella redonda e moitas veces lavaba alí cousas e poñía unhas cuncas nas que recollía auga que logo levaba para aquel estraño cuarto.
Di a mamá que eu sempre fun unha nena moi curiosa e amigable, así que o señor Ramón tíñame por alí fedellando a diario e, como me deixaba, facíame fotos, supoño que para practicar. Conservo algunhas daqueles primeiros anos 60, dos que non lembro se sabía falar ou non. Nunca ninguén me dixo que eu fose de moitas palabras. Pero tanto ten.

O señor Ramón deixoume unha boa herdanza: imaxes da miña nenez impresas en papel. Para non perder a memoria…
Comentarios (12) - Categoría: Eu son... - Publicado o 17-01-2012 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Pois si, grazas a esa herdanza, hoxe podes lembrarte do se#blgtk08#ñor Ramón e ter imaxes de cando eras cativa.
Bicos
Comentario por (17-01-2012 23:35)
2 Era moi coñecido nos arredores , e sobre todo a sua vespa . Lembro nas festas e romerías inmortalizando momentos que ahora me producen saudade.
Tamén eu #blgtk08#fun obxetivo da sua cámara .
Os que nos gusta a fotografía non podemos esquecernos del ou do Potiños ou do Rizo ou de Pacheco ...
Un bico
Comentario por Santi (19-01-2012 19:40)
3 ademais deixarte as imaxes de herdanza foite engaiolando e xa pertences o mundo da maxia.....maxis das ima#blgtk08#xes, maxia das palabras, maxia dos sentimentos. Un mundo a que non todos pertencen nin é doado chegar....
Comentario por bolboreta (20-01-2012 12:57)
4 Que fotografía máis bonita! A que pos encima e a que nos#blgtk08# deixas ver coas túas palabras.
Biquiños, Concha.
Comentario por Xosé (21-01-2012 20:14)
5 Ben evocadoras e fermosas as verbas deste "eu protagonista" con voz de nena que nos a#blgtk08#chega aos poucos á súa casa, á súa familia e á súa memoria. Que non deixe de lembrar!
Comentario por Ana R. Barreiro (21-01-2012 21:13)
6 Un recordo ben bonito para unha#blgtk08# memoria necesaria. Un saúdo.
Comentario por vakastolas (22-01-2012 16:10)
7 A memoria nunca se debe perder, e menos dos recordos agradables. Parece que Ramón che deixou un bo legado #blgtk08#fotográfico e ti seguro que sabes valoralo debidamente. Garda esas imaxes que son como un tesouro. Bicos.
Comentario por Raposo (23-01-2012 18:43)
8 Fas moi ben en lembrar ao señor Ramón.
Deixouche fermos#blgtk08#as testemuñas do pasado.
Apertas.

Antón.
Comentario por Antón de Muros (24-01-2012 18:13)
9 As imaxes antigas sempre son marabillosas e case miragrosas e máis sendo un o protagonista.<#blgtk08#br /> Encántame esta foto e o relato que inspirou. O señor Ramón semellaba ser un artista.
Comentario por paideleo (25-01-2012 21:26)
10 Que guai tía, unas mans así que te deixen reflexada para a vida. Nesas fotos non podes saber si falabas, pero eu non duvido que si, e que falabas moito. Eu mirando#blgtk08# agora o meu sobriño-neto que non para de falar, dígome: Ou non temos memoria ou eramos algo cortos. Debería ser polo yogur este que eles toman e nos nón. Un saudo
Comentario por Fernando Sancho (28-01-2012 08:12)
11 que bonita!chama a atención a ventá tapiada#blgtk08# e encalada,hoxe faríase doutro modo.Saúdos
Comentario por manuel (28-01-2012 10:52)
12 Parabéns por conservar esa fermosa foto e por agasallarnos coa túa #blgtk08#escrita.
Sempre é un pracer pasar por aquí.
Apertas.
Comentario por Eva G.Rei (08-02-2012 10:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.