A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III

Se todo isto é ledicia,
por que sinto que algo foxe
entre os meus dedos?
Se todo isto é tenrura,
por que cada aloumiño semella coitelada?


Se todo isto é graza,
por que cada paso é só un bambeo
na frouxa corda do destino?

Se todo isto é verdadeiro,
non atopo o fío ao que agarrarme
e, lonxe de sentir ledicia eterna,
unha mágoa infinita me percorre.

Cal é o camiño?
Coa alma desdobrada e dubidosa
achégome ao encrucillado
e terei, tamén, que decidir...

Mais... todo ten fin.
Neste acontecer da vida
quizais estea o fin mesmo,
agardando que o descubra,
mentres coloco outra lousa
neste muro invisíbel.
Comentarios (5) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 09-01-2012 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Talvez estea o fin agardando... quen sabe.#blgtk08#.., para iso hai que chegar.
Bicos
Comentario por (10-01-2012 01:20)
2 que sinxelo me é facer meu este poema teu...
débese un sentir ben cando consigue achar as palabras qu#blgtk08#e dan forma ao sentir.

gustoume moitísimo, tamén outros, pero con este conecto especialmente.
Comentario por Zeltia (10-01-2012 12:55)
3 Sonche contradiccións propias do ser humán, que #blgtk08#cando quere auga pide viño.

Bicos
Comentario por Chousa da Alcandra (12-01-2012 20:33)
4 Cal é o camiño..Quen o sabe? Só podemos camiñar e xa veremos como acaba..#blgtk08#.
Como di Chousa da Alcandra, pura contradición.
Biquiños.
Comentario por Xosé (21-01-2012 20:22)
5 Cal é o camiño..Quen o sabe? Só podemos camiñar e xa veremos como acaba..#blgtk08#.
Como di Chousa da Alcandra, pura contradición.
Biquiños.
Comentario por Xosé (21-01-2012 20:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.