A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUE HAXA PAZ


Tres sobre cristal

E xa que estamos empezando un novo ano, quizais fose mellor deixarse dunha vez de parafernalias e amosar a face descuberta, non como fan quen pensan estar en posesión da verdade absoluta. Porque quen así pensa, mira o mundo desde o cume da súa arrogancia e cuspe o veleno que leva dentro coa única intención de non morrer con el se morde a súa propia lingua. Claro que, para que esa xente sobreviva, ten que haber ao seu carón quen teña a lingua destrozada e o fígado podre por tragar a pezoña que lle cuspen... Ata que un día estoupe todo e o cinismo, a hipocrisía e o veleno zarrapiquen a quen se dedican a repartilo.
Pero iso é ben difícil que pase, xa que as linguas pezoñentas saben ben que as inofensivas, precisamente pola paz que posúen en si mesmas, nunca lle devolverán o esgarro.
Pois iso. Que haxa paz.

Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 02-01-2012 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 E coa paz na lingua mudaremos os silenzos cómplices en voces solidarios recl#blgtk08#amando xustiza e sabia renovada.
Moita paz para ti no ano que comeza
Comentario por xenevra (02-01-2012 12:45)
2 moita paz para ti tamen, profe. Feliz ano 2012#blgtk08# que todos os teus desexos se fagan realidade
Comentario por Rosa (02-01-2012 14:44)
3 Non lle devolverán o esgarro pero poden de#blgtk08#volverlle as costas, ¿non si?
Bicos
Comentario por (02-01-2012 16:57)
4 Que haxa paz, si... é o que necesitamos, unha paz tan grande como a que sentin eu o dia #blgtk08#29 na Catedral de Ourense escoitando cantar anxos de verdade...

Bicos!!!
Comentario por Merce (02-01-2012 17:57)
5 carallo, neniña do paraugas! para desexar paz vas ben en plan gherrille#blgtk08#iro!
así me gusta
que de mansos aplastados xa hai abondo
Comentario por Zeltia (02-01-2012 20:57)
6 No número 3 son eu a que comento e onde puxen "devolverlle as costas" quería pór "volverlle as #blgtk08#costas". Perdón
Comentei dende outro ordenador por iso non sae o meu nome.
Bicos
Comentario por Dilaida (02-01-2012 21:43)
7 Pois que teñan coidado co#blgtk08# veleno. E, que haxa paz!
Comentario por Xosé (21-01-2012 20:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.