A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A MIÑA CASA - II
Ademais, na miña casa as persianas soben e baixan soas se lle dou ao botón e, aínda que Marina me castiga sen ver os debuxos de X-Men, cando non me ve, divírtome subindo e baixando as persianas, mentres ela anda correndo polo corredor coa aspiradora e o trapo do po, ou cando está no cuarto da roupa pasando o ferro ás camisas de papá e aos vestidos de mamá. Aínda que non sei se a mamá ten vestidos. Ou a lo menos non son coma os meus. Ela di que os seus vestidos chámanse traxes. Un día pregunteille a Marina por que os meus vestidos son vestidos e os da mamá son traxes e díxome que era porque a miña mamá é una persoa moi importante e ten que levar sempre traxe, pero sen garavata. As garavatas ponas o papá. As de tea, porque di que as de papel non sirven, por iso nunca puxo aquela chea de cores que o profe Aurelio me axudou a facer para o Nadal, para agasallar a papá. Un día teño que preguntarle onde a garda. Seguro que a ten moi agochada para que ninguén lla roube, na caixa forte, esa cousa que está no salón, detrás dun cadro que ten a una señora espida. Non sei.

Sigo sen saber o dos metros cadrados. Ademais, penso que errei e que non son 98. Ao mellor son 198. Este número está máis cerca do 200, soamente dous escanos, como di o profe Aurelio. E porque onte escoitei a papá que lle dicía ao avó Anselmo que un piso de case 200 metros cadrados non se mantiña así porque así, que se non lle chegaba a pensión para ir de paseo, que quedase no pobo. Non entendín nada, pero é o que oín.
Pobre avó! Co que lle gusta viaxar coa súa linda Tareixa. É que a miña avoíña chámase Tareixa. É moi guapa e ten un lunar xusto ao lado dunha orella, pero non deses que teñen as vellas, cheos de pelos, non. O dela é redondo e marrón, coma os seus ollos.

Que guapa é a avoa Tareixa! Non ven moito ao meu piso porque di que aquí non lle pode falar ás bolboretas. E porque ao avó Anselmo non lle gusta subir escaleiras nin pecharse no ascensor. Di que é coma una caixa forte. Ademais di que os pisos son coma gaiolas nas que podrecen os tomates. Ao mellor é que non sabe que os tomates se coidan na tenda da señora Delia. Eles soíños se coidan. E cando Marina os trae a casa, cóidanse na neveira. Así que non entendo o que di o avó dos tomates. Ademais, Marina trae moitas cousas da tenda da señora Delia e todo cabe na neveira da cociña. A cociña non é grande, pero a neveira si. Di Marina que ten cinco estrelas, coma o lavavaixelas. Non, ese di que é triplo A. Que será iso? Porque “lavavaixelas” ten catro AS. Será que Marina, como xa está un pouco vella, non lembra como se conta ata catro.
Comentarios (4) - Categoría: Memorias - Publicado o 22-12-2011 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pois que a ledicia non sexa coma esas persianas: que s#blgtk08#empre suba

Felices Festas Nena!
Comentario por Chousa da Alcandra (24-12-2011 13:46)
2 estou aprendendo eu moitísimo tamén das cousas que hai nas casas dos ricos!
#blgtk08# iso da triple A mira tí que pensaba eu que era outra cousa...!

;-)
Comentario por Zeltia (25-12-2011 03:47)
3 Felices Festas#blgtk08#.
Bicos
Comentario por (25-12-2011 21:51)
4 Felices. Que guapa é a avoa Tareixa! Non ven moito ao meu #blgtk08#piso porque di que aquí non lle pode falar ás bolboretas.
Comentario por friv virble (23-02-2012 13:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.