A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II
ñOCO Quérote!






Tería que sondar o insondábel mundo
das miñas fogueiras para descubrir
se hai verdade en tanta ledicia,
en tanta mágoa...
e nas luces que guían os meus pasos.

Unha volta máis ao parafuso
e todo quedará preso,
pechado no labirinto.

Falarán só estes dedos
e voarán as sombras
no papel virxe e branco,
coma o branco sen fin no que flúen as imaxes,
sons e recendos do tempo furtivo,
arrincado sen piedade do seo da realidade.
Comentarios (5) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 17-12-2011 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Pois éche un fermoso poema,#blgtk08# moi fermoso.
Bicos
Comentario por (20-12-2011 01:23)
2 "coma o branco sen fin no que flúen as imaxes"...Pódese dicir mellor"

Hai t#blgtk08#empo que non veño ao teu recuncho. Agardo que estés ben.

Biquiños, Concha.
Comentario por Xosé. (21-12-2011 19:28)
3 Quixen dicir: Pódese dicir mellor?

Falt#blgtk08#oulle o interrogante, e non é o mesmo.

Comentario por Xosé (21-12-2011 19:35)
4 coma sempre, as vosas colaboracións son un a#blgtk08#certo.
un pleno.
match point.
Comentario por Zeltia (25-12-2011 03:43)
5 A poesía e a fotografía, dúas xeiras que sosegan o corpo. Que enxebre se fan estes espazos ...

#blgtk08#Gustoume pasear tamén polo blogue de Ñoco

Un bico e unha aperta neste apoclíptico ano dos Maias.
Comentario por Milprimaveras (04-01-2012 09:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.