A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I


Xulio López


Suavemente,
desde o anonimato,
desde este silencio que fala a voces,
desde esta gaiola invisíbel,
unha tarde calquera coma calquera tarde,
ao final do sendeiro que conduce á coherencia,
hai unha luz
e as sombras disípanse lenta e suavemente.
As nubes forman figuras imposíbeis,
arroladas pola airexa dos segundos
que, suavemente, pasan
desde o anonimato,
desde este silencio
que fala a voces das voces que acalaron
aquelas voces da gaiola invisíbel...
Coma calquera tarde.

Quizais non entendas nada. Eu tampouco.
Suavemente,
vou sentindo aire e auga nestes dedos,
auga e sal que descenden ata pousar no meu sorriso.

Quizais non entendas nada. Eu tampouco.

Todo é tan grande e tan pequeno...!
Comentarios (4) - Categoría: Raiolas - Tempo I - Publicado o 07-12-2011 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 dende a gaiola...

un poema que transmite moito,Concha.
¨Cantas veces eu p#blgtk08#recisaría ter as palabras necesarias para que se disiparan lenta e suavemente aquelas voces...
Comentario por Zeltia (07-12-2011 21:00)
2 Menos mal que ao final da senda que conduce a coherencia hai #blgtk08#unha luz. Ás veces é tan difícil de ver esa luz.
Bicos
Comentario por (07-12-2011 22:40)
3 No tocante a poesía as veces non fai falta entende#blgtk08#r, basta con sentir.
Gostei dos teus versos.
Comentario por Raposo (10-12-2011 10:03)
4 Pois, non. Non fai falta máis que ler, ler amodo, devagar, sen présa...
#blgtk08#/>
Grazas por deixarnos coñece-los teus pensamentos.
Bicos.
Comentario por Xosé (23-12-2011 13:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.