A miña debilidade é a miña fortaleza |
|
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CHAPEU |
|

Podería imaxinarte sen sons,
sen cores,
sen esa aureola de evidencia que te cobre.
Podería, mesmo, verte ao outro lado da porta,
co teu aceno preguiceiro,
lento e descoidado,
dicir ese adeus de quen se vai sen irse.
Podería sentar a carón da miña realidade
e conversar con ela dos efémeros lóstregos
que, cando saen da túa pel,
trapasan as conciencias.
Ata podería sentir como a túa ousadía
rompe o cristal do infinito.
Podería, si... moitas cousas podería...
Mais o vento levou o meu chapeu.
Concha L. F.
|
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
A condición que utilizas é real ou posible pois o mesmo que o vento levou o teu chapeu, eu entendo, que p#blgtk08#ode volver a traelo. Total que non está nada perdido.
É un poema precioso, parabéns.
Bicos |
|
|
Comentario por (03-12-2011 10:27) |
|
|
2 |
O poema está na liña de sempre : precioso , pero a foto CHAPEAU ....#blgtk08#
Debe de ser a miña debilidade pola fotografía .
Un bico |
|
|
Comentario por Santi (04-12-2011 19:41) |
|
|
3 |
Xa o dicía Bogart: "sen sombreiro un h#blgtk08#ome non é nada".
fermoso texto. |
|
|
Comentario por Raposo (05-12-2011 21:32) |
|
|
|
|
5 |
E, que vou dicir? Pois, chape#blgtk08#au.
Parabéns, Concha. |
|
|
Comentario por Xosé (23-12-2011 13:33) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|