A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OUTONO


Sábeme a sal a túa sombra fuxidía cando esvaece a tarde e te agochas trala lúa minguante.

Sábeme a sal e a limón agre, gota a gota, pousado no seco verán que xa está lonxe.

Sábeme a sal e esperta o teu zume o meu padal, atoldado polas nubes que chegan.

Xa murcharon os asubíos, lentamente e rebule, tímido, o sol das frías mañanciñas.

Descalza, a miña sombra tamén fuxe tralo sal e o agre da túa, buscando tempo e sombra, follas verdes e cores que me saquen do fastío doutro outono arrolado pola monotonía das cordas que se bambean no baleiro.


Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (6) - Categoría: Varios - Publicado o 09-11-2011 06:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 parece que da frío
a foto, o poema
todo salgado coma as bágoas...

concha#blgtk08#: sendo cómodo deixarse arrolar pola monotonía, queremos encher a nosa vida de follas verdes, non si?
Comentario por Zeltia (10-11-2011 14:34)
2 Como ben di Zeltia, queremos encher a nosa vida de follas verdes...
Sábeme#blgtk08# a tristura, que a fotografía reflicte nunha paisaxe evocadora.
Apertas.
Comentario por Xosé. (13-11-2011 15:30)
3 Mi querida Concha, haces unos poemas impresionantes, por el contenido y por la forma. Las palabras muy cuidadas y unas frases largas que obligan a leer el poema varias veces, paladeando esa sal y ese limón acre.

Todo en el poema nos invita a entrar de lleno en ese tiempo otoñal, oscuro y apagado de sensaciones.

Es curioso que la protagonista del poema salga descalza, bueno, su sombra. Esa #blgtk08#desnudez en los piés me hace pensar en una mujer que vive otro mundo por debajo del rutinario, un mundo que pocos saben que existe.

Como ya te dije en alguna ocasión, me gusta la vida tranquila, por tanto la rutina no es una mala compañera en mi vida. Eso sí, de vez en cuando se hace necesaria alguna ruptura paracoger aire nuevo.

biquiños,
excelente poema, en serio, bueno, todos lo son.
Comentario por Aldabra (14-11-2011 09:18)
4 Concha, que preciosa entrada esta do outono.
O poema e una verd#blgtk08#aeira invitación a liberdade de disfrutar deste tempo.
Saudos.
Comentario por (15-11-2011 11:32)
5 Escribes bien. Las palabras se deslizan con suavidad e impr#blgtk08#egnan la pantalla de sensibilidad rezumada.

Comentario por ñOCO Le bOLO (15-11-2011 21:51)
6 A min o outono sábeme a castañas asadas, a viño novo, a lume na cociña. E encánt#blgtk08#ame a súa policromía, esa mesturanza de cores.
Fermoso poema, parabéns!!
Comentario por Raposo (16-11-2011 20:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.