A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV - SOLSTICIO



Contra todo prognóstico
e escoitando a chuvia
que golpea os tendais
que penden sobre o oco baleiro,
fronte á fiestra,
co cansazo preso nas costas
e os dedos confusos e indecisos,
sinto que unha pinga de paz pousa na alma.

Desde lonxe todo semella posíbel e imposíbel
e neste amencer chuvioso e escuro,
foxen as sombras, azoutadas
por un látego de luz,
agocharse tralas paredes.
Un eco de conversas,
de bágoas e de risas
resoa no corredor
cando se abren as fiestras
para que o novo día,
cheo de horizonte,
se funda na miña pel.

Todo será diferente.
Antes e despois de agora
serán outro despois e outro antes,
que levarán prendidas
a gratitude e a ledicia
de ter sido un só corpo,
un mesmo cerebro,
un único corazón,
o que me ofrecestes xenerosamente
sen pedirme a cambio nada máis
que a miña sinxela esencia.


Concha L. F.
Foto: Xulio López.

Con este poema pecho o meu libro, no que fun espallando aros de fume. A partir de aquí todo será diferente. Ou máis do mesmo, porque cadaquén somos como somos e sentimos como sentimos. E como expresamos...

Comentarios (9) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 23-10-2011 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 "Contra todo prognóstico" Aledanm#blgtk08#e sempre os solsticios. Gustoume
Comentario por Fiz (24-10-2011 16:42)
2 Podes ser que o peches, mais sempre quedará un recuncho, unha esquiniña algo aberta.
#blgtk08# Cómo me gustou!
Grazas, Concha, por deixarnos ler.
Biquiños querida amiga.
Comentario por Xosé (25-10-2011 00:21)
3 Foi un pracer ir asistindo ás publicacións dos teus poemas; todos lindos de ler, algúns que me chegaron a emocionar, outros que#blgtk08# envexei.

E a partir daquela todo foi diferente?

E agora neste blog vas ir deixando novos poemas?
Comentario por Zeltia (27-10-2011 14:28)
4 Un bo final, con esa choiva#blgtk08# que enchoupa os sentidos!
Comentario por Raposo (29-10-2011 13:56)
5
· Aunque peches o libro... seguirás siendo escritora... de lo mismo, de los que sea, pero buena es#blgtk08#critora.

· BQÑS

CR & LMA
________________________________
·
Comentario por ñOCO Le bOLO (07-11-2011 21:16)
6 Parabéns, Concha, por este fermoso poema que será, agardo,un punto e seguido.#blgtk08#
Eu tamén sentín con el unha pinga de paz pousárseme na alma.
Comentario por Eva G. Rei (09-11-2011 20:11)
7 "sinto que unha pinga de paz pousa na alma"

penso que to#blgtk08#do o resto do poema xira o redor desde frase, que esta frase o dí todo.
Comentario por Aldabra (14-11-2011 09:26)
8 [perdoa, é que se me publicou sin querer o comentario anterior, sin rematar de escribir]

esta paz é como un punto e aparte, porque neste poema faise un balance da vida de antes #blgtk08#e a de agora.

"todo semella posíbel e imposíbel", así é a vida.

biquiños,

p.d.: espero que os poemas non rematen.



Comentario por Aldabra (14-11-2011 09:29)
9 Lo que entiendo de tu poema ... me gusta. Me gusta como escribes...

paz#blgtk08# en el alma ???? ojalá sea duradera, no solo para ti.

Bicos i abraçades
Comentario por esmeralda (15-10-2014 21:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.