A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - TATUAXES V


“Vaise o meu alento
con cada cullerada de caldo,
con cada gota de auga...
Esvaece a luz do cuarto
e unhas voces de tenrura
arroupan o meu corpo inmóbil...
Pero ti non estás.

Eses ollos que fitan o meu sorriso
perforado por mil trades...
Este ir e vir de almas
que preparan
un desenlace inevitábel...
Eses beizos contraídos pola dor
e polas bágoas
dunha ausencia agardada...

Podo escoitar o teu pranto
xurdindo do armario da soidade,
afastado e próximo,
prendido no recendo
de pasos silenciosos...
Pero ti non estás...

Deixareiche un bico na almofada”.


Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (6) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 05-10-2011 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Custa facerse amigo das ausen#blgtk08#cias. Cando se pode, claro...
Comentario por setesoles (07-10-2011 13:05)
2 É fermoso atopar bicos na almofada: a#blgtk08#xudan a superar a dor das ausencias!
Comentario por Raposo (07-10-2011 16:39)
3 que triste, concha...
e remata con esa foto da cala enrugada.
e chégame hoxe que loita#blgtk08# a ledicia da luminosidade do día con malas novas dunha boa amiga que hoxe está, tamén, moi triste.
Comentario por Zeltia (12-10-2011 16:55)
4 Magnífico poema, Concha.
Deixoume os ollos pegados aos versos.
D#blgtk08#espegareinos logo de ler máis veces
Un pracer sempre

Ío
Comentario por Ío (18-10-2011 16:38)
5 Concha unha entrada gris como a foto.
Quédome cos bicos e ca beleza do poema; e dos de #blgtk08#ler un par de vagadas, para exprimilo ben.
Voltarei a ollalo de novo.
Saudiños.-
Comentario por Enrique (18-10-2011 23:35)
6 Maravilloso.#blgtk08# Chace Doors
Comentario por Chace Doors (06-05-2016 21:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.