A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESTRELAS DE OUTONO

Cando subín ao autobús, algo me dicía que aquela ía ser a última vez que levaría no meu cartafol a partitura do "Ave María" de Ketelbey. Ben, pasou tanto tempo que agora mesmo non lembro se esa era unha das partituras, pero supoño que xa non ten importancia.
Lembro que na viaxe de ida había unha tensa calma, quizais porque entre as persoas que facían parte daquel grupo existía unha ficticia camaradería que, apenas unha volvía a cabeza, se convertía nun rosmar incesante sobre "dimes e direiches" daquela ou daquel que leva xoias ou garavata.

Era o inicio da primavera. Tal vez fosen os primeiros días de abril, non o lembro con claridade. Ao rematar o concerto sentámonos a carón dunha longa mesa, disposta en L, e gozamos das sinxelas pero saborosas viandas coas que nos agasallaron. Conversamos, rimos, cantamos cantigas populares...

Ata que apareceu ela, coma un agoiro do outono que aínda estaba lonxe. Acomodou lentamente na mesa que había en fronte de min. Ninguén reparou nela. Era case insignificante, ataviada con roupas farrapentas, luvas sen dedos e un chapeu calado ata as cellas. A moza do restaurante serviulle empanada, chourizo, queixo, pan e salchichón. Colocou diante dela unha copa e unha botella de viño.

Desde a miña cadeira, entre a copa da auga e a botella de cervexa, entre conversas baleiras e risas sen sentido, fun vendo como se apagaba aquela estrela, grolo a grolo, bocado a bocado. Pouco a pouco foi escurecendo a luz do seu engurrado rostro. A primavera nacente daquela estrela foi tornando outono...
E sentín que aquelo era un final, coma agora.
Que sería daquel chapeu que escondía unha estrela?


Concha L. F.
Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 25-09-2011 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Reparar en alguén camuflado na multitude e´ir #blgtk08#construíndo unha novela arredor da súa vida...
Comentario por zeltia (26-09-2011 09:20)
2 As veces reparar en alguén que debería de pasar desapercibido levanos a un mundo de pensamen#blgtk08#tos, fundados ou non, cos que construimos a súa vida. Grande Concha, coma sempre. Un saúdo.
Comentario por A cruz da Campá (26-09-2011 22:47)
3 Canto misterio... Por que coido que q#blgtk08#ueres dicir moito máis do que dis? ;)
Comentario por Ana R. Barreiro (27-09-2011 18:00)
4 As estrelas tamén se debilitan e mor#blgtk08#ren. En todo caso, eu prefiro Mahou!
Comentario por Raposo (28-09-2011 16:57)
5 Sáeme un comentario algo sombrizo, así que vou calar e celebrar que aín#blgtk08#da cantedes nas mesas dos restaurantes. E espero que cantedes ben.. ;))
Comentario por setesoles (07-10-2011 13:13)
6 Una entrada misteriosa e inquietante, creo que omites máis #blgtk08#do que dis nela.
Bo texto.
Saudiños.-
Comentario por (16-10-2011 10:49)
7 parece que fora eu tamén a protagonista desde relato porque tamén son de observar a xente e inventar as súas vidas.

dame mágoa es#blgtk08#ta historia, traxedia, debería de decir... hai demasiadas persoas que se agochan tras as drogas, o alcol... é terrible.

biquiños,
Comentario por Aldabra (14-11-2011 09:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.