A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - TATUAXES IV-B

Estas paredes mudaron as cores do verán
e non son miñas.
Non é meu este recanto.
Alguén escureceu as escaleiras
e das fiestras
xa non colgan as persianas
que agochaban a esperanza.
Todo é novo...
e os vellos soños
xa non teñen osíxeno
que levar aos beizos
e respiran as bafaradas
que saen do remol desa larada
na que arden os soños
da nena do paraugas.

Mais...
Sinto o agarimo dunha man
que rosma no vento
unha historia de renuncias
e cobre o meu rostro de aloumiños.
Teño que durmir...
Porei cadeados nas portas do silencio”.


Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (7) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 15-09-2011 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Fallo, seino, na actitude de control encuberto, falando das crianzas e dóeme. Na túa estampa, reflexo dunha esta#blgtk08#ción que remata, quédome con poñer cadeados os silencios e durmir a espera dos aloumiños. Apertas jrandes Concha
Comentario por Maribel-bel (16-09-2011 17:54)
2 A esa esperanza, a ese outono que se aproxima rumoroso nas horas en que se agocha o sol e nas árbores que #blgtk08#van tingindo o estribor de musgo musical e donde esa nena terá que tender a man e os aloumiños. Saudos.
Comentario por Fernando Sancho (16-09-2011 23:24)
3 é un poema un pouco turbulento... gris, ainda que hai unha esperanza final co#blgtk08#n ese agarimo da man que che espera.

biquiños,
Aldabra
Comentario por Aldabra (19-09-2011 10:34)
4 Unha vez comentamos o dificil que era comentar...

non sabes canto dificil é cada vez que te leo a ti. I#blgtk08#so si, ten por seguro que disfruto da tua lectura e por suposto das suas imaxes...

Biquiños a moreas!!!
Comentario por Merce (20-09-2011 18:44)
5 Unha entrada e un poema clave e gris co#blgtk08#mo o outono que chega.
Saudos.-
Comentario por Enrique G.A. (22-09-2011 11:42)
6 Sempre necesitamos esa man que#blgtk08# nos reconforta.
Bicos
Comentario por Xan (23-09-2011 18:00)
7 Ten razón Merce, é dificil comentar, e moito máis unha poesía íntimista como a que tí fas...
Pero deixasme #blgtk08#admirada e morta de envexa de non poder eu amasar e facer moldes coas palabras como tí fas (co que eu o preciso!)
Comentario por Zeltia (26-09-2011 09:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.