A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CRIANZAS GRANDES E PEQUENAS
Non podo negar a miña devoción polas crianzas. Todas me parecen bonitas, alegres, famentas de pan e sabedoría...

Hai 32 anos, cando aprobei o selectivo, soñaba coa Historia da Arte e coa exiptoloxía. Sigo tendo esa espiña cravada, pero a casualidade levoume daquela ao maxisterio e abofé que atopei o meu camiño. Ensinar ás crianzas a andar polo mundo é unha das cousas máis gratificantes que se poden facer na vida. Nunca os resultados son os que se agardan, ás veces nin se achegan ás espectativas, pero con que soamente unha crianza entre centos acade o teito como persoa, xa é suficiente recompensa.

Venme isto á cabeza cando leo a LEOEOSSEUS. Ata estiven tentada a colgar aquí unha foto de hai 23 anos, na que o irmán máis vello (con tres anos) suxeita con firmeza e agarimo a o seu irmán máis novo (catro meses). Non o fago porque non me deron permiso e igual me abroncan e con razón. Entre eses dous rapaces, completamente diferentes ata no físico, hai unha química da que é difícil participar.

Iso pasa ás veces tamén nas aulas: sin saber moi ben como nin por que, hai crianzas que se achegan e manteñen unha relación cómplice ao longo dos anos de escolaridade e mesmo máis alá. Pero para iso é necesario que as persoas adultas que as rodeamos sexamos capaces de canalizar as preferencias, deixemos liberdade vixiada de elección e manteñamos sempre unha actitude de control encuberto. Logo o tempo vai facendo o seu traballo e os lazos que se van formando son tan firmes que é difícil desatalos.

En fin, que xa empezo a falar coma unha avoa... Ou coma unha desas mestras que, pasado o tempo, miran cara atrás e ven que algo bo fixeron día a día coas crianzas pequenas e grandes. Toda unha satisfacción.

Nótase moito que está o 1 de setembro ás portas?

Concha L. F.
Comentarios (9) - Categoría: Eu son... - Publicado o 26-08-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Podo dar fe de que as crianzas son a tua debilidade, entrégaste a elas en corpo e alma durante todo o curso escolar, e esas crianzas grandes e pequenas agradécencho da maneira que saben. Podo dar fe de que as t#blgtk08#uas clases e sobre todo as tuas verbas deixan pegada nesas crianzas que estan despertando a vida.
Moitas grazas por todo o que fas polos nosos fillos.
UNHA NAI QUE SEMPRE CHE ESTARÁ AGRADECIDA.
Comentario por (30-08-2011 18:34)
2 Holaaaaa!! Sí, los años nos van enterneciendo, o.... no :)))

No sé, a mí los niños me gustan si so#blgtk08#n educados y pequeños. Algunos ya a partir de los 10-12 años, me los comería con patatas.

biquiños
Comentario por Frabisa (01-09-2011 11:09)
3
· nÓTASE, nÓTASE
Es verdad que entre los niños se establecen relaciones especiales que toda una vida, alejamientos in#blgtk08#cluidos, nunca llegan a romperse.

· bICOS

CR & LMA
________________________________
·
Comentario por ñOCO Le bOLO (01-09-2011 11:56)
4 a min dame envexa esa satisfacción
o meu traballo non aporta ese tipo de sensacións,
é agrada#blgtk08#ble traballar con persoas e ver que o esforzo vale para algo que non sexa que alguén encha o peto de cartos.
Comentario por Zeltia (01-09-2011 17:10)
5 de avoa nada, semella que pareces unha muller madura, que pensa, que razoa, que compara, que sinte, que loita por facelo ben, independentemente da edade que teñas...

gústame o que dís e cómo... o de deixar li#blgtk08#berdade vixiada [porque a xente nova síntese maior pero son pequenos todavía]...

creo que xa tes gañas de que comece outro ano escolar mais... ¿non sí?

biquiños y sorte para o teu novo ano.
Comentario por Aldabra (01-09-2011 20:39)
6 Veñen ben estes consellos, sobre todo para os que coma min estamos comenzado a educar as n#blgtk08#osas crianzas, ando co trance de adaptación a gardería e non sei se o levo peor eu ou el.
Comentario por A cruz da Campá (11-09-2011 22:43)
7 Sentan mal os primeiros días, claro. Mesmo cando gosta, gosta máis a xoldra... ;))
Non hai nada q#blgtk08#ue non teña unha parte boa e outra non tanto (e ás veces é pior...)

Bicos de moita calor.
Comentario por setesoles (16-09-2011 12:57)
8 Ser pai é difícil pero bo mestre penso que é igual ou máis e se#blgtk08#i que eu non valería.
Ánimo co este novo curso.
Comentario por paideleo (18-09-2011 01:20)
9 Creo que o de mestre é un dos traballos máis agradecidos... ¡Seino ben! :)
Pero tamén é moi duro ver moitas cousas que se poden chegar a ver nunha escola, é imposible non implicarse e, ás veces, mesmo chorar ó chegar a casa porque sabes que, por moito que deas, o teu poder de actuación ten uns límites tan mar#blgtk08#cados... Quédanse pequenos. Ten moito mérito vixiar en segredo os seus camiños para que sigan adiante, seguir confiando nas posibilidades de cada neno e levar tantos anos na brecha e aínda ter folgos e ánimos para querer a eses trastos e dalo todo por eles.
Unha aperta, disfruta dos teus cativos deste ano ;)
Comentario por Mar e Lúa (09-10-2011 09:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.