A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTA ATRÁS...

Aínda non empezou, pero logo comezará.

Foron caendo, unha detrás de outra, as follas do calendario, sen deixar máis pegada ca unha pequena cicatriz provocada pola vertixe de días ás carreiras, de voos sobre a memoria, de proxectos de futuro...

Agora esténdese polo chan a sombra do que aínda ha de vir, envolta en branca e impenetrable brétema ancorada á terra, ás paredes da conciencia.... Porque a sombra do día despois está inevitablemente unida con fortes cadeas a aqueloutra que quedou atrás, afogando a luz do agora...

Concha L. F.
(Foto: Xulio López)
Comentarios (5) - Categoría: Eu son... - Publicado o 20-08-2011 07:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 ¿Qué é a vida senón unha #blgtk08#conta atrás irremediable?
Comentario por Raposo (22-08-2011 20:09)
2 é moi inquietante este post,
nena d#blgtk08#o paraugas,
abre o paraugas, rula...
Comentario por Zeltia (22-08-2011 23:36)
3 Venseme a cabeza unha palabra: desacougo#blgtk08#.

Biquiños a moreas!!! ;)
Comentario por Merce (23-08-2011 17:47)
4 Meu Deus Concha, as veces "acongojas". Anque coma sempre é un pracer lerte e disfr#blgtk08#utar das túas verbas e das fermosas instantaneas que tira Xulio. Saudiños moitos.
Comentario por (24-08-2011 23:22)
5 A conta atrás comeza no momento de nacer. Pero en cada número hai novas ilusión#blgtk08#s, novos horizontes, proxectos que construir, e tamén recordos...
Bicos
Comentario por Xan (26-08-2011 11:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.