A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LUMIEIRAS
Acabo de aterrar nesta rede logo dun descanso. Antes, a verdade, non tiña gana nin motivos e estiven en paro técnico. Precisaba algo así.
Pero este mediodía houbo algo que, nesta calor asfixiante que envolve Ourense, me espertou do sopor. A medidodía mirei polo balcón e o sol desprendía unha estraña cor laranxa. O ruído dos avións axordaba e polo patio de luces o ceo víase negro.
Arde Ourense, preto das casas de Vilar de Astrés, no Pereiro de Aguiar e en Castrelo do Miño.
Coma sempre, pero peor, pois a auga escasea.

Escasea todo, ata a esperanza. Galiza non ten nada. Ou ten moito, pero que non se sabe vender. Agás o lume. Iso véndese ben.

Tamén, este verán estiven en Escocia. Alí todo é verde. As rúas das cidades están cheas de turistas e de cámaras que observan os movementos da cidadanía. No Reino Unido quéimanse cidades. Logo estúdanse as imaxes e castígase aos culpables. Pero todo é lume en todas partes.
Aquí quéimanse montes e ninguén vixía nada. Nunca se atopan culpables. Non se fai labor de prevención. Nada.

Creo que vou facer outro paro técnico para seguir durmindo.

Espertádeme cando todo sexa de novo verde e non haxa lumieiras. Teño medo do lume. Del soamente quedan cinsas e iso destroza a memoria.

Concha L. F.
Comentarios (4) - Categoría: Eu son... - Publicado o 12-08-2011 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 E pensar que a min tanto me gustaban as palabras : cinzas , faiscas , muxicas ...
A partir de hoxe , vounas rexeitar pra sempre ...
#blgtk08#¡¡¡Benvida a este mundo de lapas !!!

Por o menos aquí temos a auga cerca e abondosa ainda que sexa salada .

Un bico
Comentario por Santi (13-08-2011 13:26)
2 Moi acertado o que comentas, non é que Galicia non teña nada, é que non se sabe vender. E o que que é aínda peor#blgtk08#, a miúdo non o sabemos valorar os de casa.

Benvida de novo, eu estou intentando tamén volver ;)
Comentario por Mar e Lúa (19-08-2011 18:15)
3 non me estraña que queiras espertar cando todo p#blgtk08#ase, canto todo sexa de novo verde e renacido...
Comentario por Zeltia (22-08-2011 23:33)
4 tés razón, muller, en todo o que dís, pero dito así semella tan negro que...
#blgtk08#
ai, demo de lume, demo de vida...

biquiños,
Aldabra
Comentario por Aldabra (01-09-2011 20:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.