A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - TATUAXES IV-A


“Quen borrou as miñas pegadas?

Miro perplexo esta atmosfera
na que mudan os números das ondas
e o mantel xa non cobre a mesa.
Estou perdido nunha adega estreita e fría
e fumega nun prato
a leituga requeimada polo agosto
que agarda trala porta.

Quen asasinou as miñas lembranzas?

Ti desesperas facendo
mil preguntas
sen resposta
e non sabes
onde quedou a túa infancia.

Quen perturba o meu sono?

As marteladas metálicas
resoan no oco da escaleira
e traen a música
do inferno dos cascallos.
Xa se achegan e o meu sono está perdido.


Onde está o meu norte?

Empeza a debuxarse
o camiño cara a un ceo incerto
e o tempo non é tempo.
Empezo esta viaxe sen maletas,
coas voces da censura
enchendo os meus oídos
e trenzas de cebola
atadas no pescozo.
Non vexo a porta ao final do corredor
e condenáronme
a vagar sen rumbo
neste cárcere
de batas brancas e bandexas.
Atáronme as mans
á realidade
e os exércitos da noite
galopan sen folgos,
perseguidos por esa voz
que reza unha salve".


Concha L. F.
Foto: Xulio Lopez
Comentarios (7) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 28-06-2011 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Vexote un pouco negativa, Concha. Gustoume moito, anque as nosa#blgtk08#s pegadas, penso que nunca chegan a borrarse de todo. Un saudo.
Comentario por A cruz da Campá (29-06-2011 09:07)
2 pero nena do paraugas!
fun lendo e pensaba que non era teu o poema, qauería ver de quen era pero non daba soltado os ollos dos versos.
e ao chegar ao final... eras tí.!

a fotografía tamén me deixou flipad#blgtk08#a. todas son boas, pero esta gustoume especialmente.

mira que non son eu de adular a ninguén nin dicir as cousas porque sí,
pero
ou eu estou hoxe máis sensible á belleza
ou este post é moito moito!
Comentario por Zeltia (04-07-2011 03:43)
3 tamén, como Zeltia, quedei abraiada coa foto e có poema... é moi bo, moi intenso, da moito que pensar e tén unhas imaxes moi potentes #blgtk08#que ata chegan a doer, sobre todo a parte final.

noraboa, dígocho en serio.

biquiños,

Comentario por Aldabra (05-07-2011 13:28)
4 A infancia, os soños, a morte... Preguntas a espreita dunha resposta.
Inquedant#blgtk08#es versos que fan pensar, igoal que a foto, desacougante e turbadora.
Gustei!!
Comentario por Raposo (07-07-2011 20:42)
5 Impresionoume a imaxe das #blgtk08#batas brancas e bandexas.
Comentario por paideleo (12-07-2011 00:39)
6 e un poema moi fermoso. Pero as tua#blgtk08#s pegadas non son fáciles de borar.
Comentario por (19-07-2011 16:12)
7 "Atáronme as mans
á realidade
e os exércitos da noite
galopan sen folgo#blgtk08#s,"

Encandeoume.
Non podo dicilo doutra maneira.
Bicos, Concha.
Comentario por Xosé (24-07-2011 14:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.