A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - TATUAXES III


“Neste universo en desorde
foxen os meus ollos
perseguidos pola realidade.
Non atopo a miña vida
e a maza golpea os tabiques
sen descanso.
Esa xente que perturba o meu sono
trae o esquecemento
na pel núa e suorenta
e o sol queima
as herbas do camiño.

Saín de mañanciña
co outono no cabelo
e a incerteza
presa no meu peito.
É mediodía e o meu sorriso está de loito.

Só me queda o silencio na memoria”.


Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (7) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 19-06-2011 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 e o sol queima
as herbas do camiño.

#blgtk08#Una boa imaxe para comprender o universo dos teus cantos.
Comentario por Fernando Sancho (19-06-2011 21:55)
2 ¿Sabes qué?

O asunto da "maza" é un bó fío conductor para facer toda unha serie de poemas [mellor un libro enteiro].

aínda que no outro poema dicías que a nena do pa#blgtk08#raguas é feliz, sinto que hai moita door, moita nostalxia... e supoño que a maza é o simbolismo da via que vai é ven... momentos doces e momentos sombríos.

biquiños,
Aldabra
Comentario por Aldabra (20-06-2011 10:09)
3 El mundo está lleno de personas nostálgicas e infelices, aun#blgtk08#que sonríen para parecer lo contrario.

bicos
Comentario por Frabisa (20-06-2011 12:12)
4 A vida nunca se atopa, imos tropeza#blgtk08#ndo de porta en porta.
Bicos
Comentario por xan (24-06-2011 19:05)
5 Pois eu non lle acabo de coller o punto de tristura ó silencio. Terei que seguir entrenando.
<#blgtk08#br /> Bicos dende o ecuador galaico (aínda que polo sur seica o Miño fervía. E non solo por Outariz)
Comentario por Chousa da Alcandra (26-06-2011 23:20)
6 Os últimos versos chegáronme ó forro de adentro...
Esta é unha foto inquietante, pero á vez fascinan#blgtk08#te.

xa nos tes afeitos e afeitas a uns posts tan bos, que xa os atopamos como algo normal.
Comentario por Zeltia (28-06-2011 12:35)
7 http://www.poplacosteshop.com
http://www.topmbtstore.com
http://www.brand-sneakers.net
http://w#blgtk08#ww.cl-cl.com
http://www.myafshirts.com
http://www.pickvibram.com
http://www.topswisswatches.net
Comentario por Terrence (26-07-2011 11:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.