A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - TATUAXES II


“Haberá unha razón que eu ignoro,
mais o meu peito está mancado
polos golpes desa maza
que se ergue e descende
sen piedade.

Haberá algunha razón que eu ignoro.
Esa man dilixente vai facendo
que o meu mundo se derrube.

Haberá algunha razón que eu ignoro.
A nena do paraugas é feliz
e así a quero,
mais non ousa mirar
mentres a maza vai e ven.
Quizais ten medo de atopar
a miña tristura baixo os cascallos”.


Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (8) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 07-06-2011 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 haberá algunha razón que eu ignoro...

para que as pala#blgtk08#bras precisas acudan ao teu maxín e plasmalas en poemas coma este...
Comentario por Zeltia (08-06-2011 22:25)
2 Haberá que armarse de valor e deter esa maza para volver construír#blgtk08# e impedir que ningunha maza volva destruír os soños.
Bicos
Comentario por xan (10-06-2011 15:31)
3 Que non se che contaxie a tristeza...non é bo.
Ti#blgtk08# podes esquivar eses golpes.

Una aperta.
Comentario por Xosé (13-06-2011 13:03)
4 Cando a maza vai hai que encher os pulmóns, coller folgos, e can#blgtk08#do ven hai que sacar peito e poder máis que ela, sempre se pode!
Comentario por rui (16-06-2011 22:12)
5 Ningunha maza pode deter as verb#blgtk08#as, nin os versos, nin os soños!
Comentario por Raposo (17-06-2011 20:52)
6 Sempre admirables os teus poemas, sempre. Esa hab#blgtk08#ilidade e admirable :)

Biquiños!!!
Comentario por Merce (19-06-2011 11:00)
7 ¡que poema tan perfecto, Concha!
dígocho en serio, de verdade.

consigues que se si#blgtk08#nta o medo, a dor, o golpe desa maza que vai e ven.

encantoume.

biquiños,
Comentario por Aldabra (20-06-2011 10:04)
8 Se cadra seríamos máis felices deixando de mirar p#blgtk08#ra o mundo. Pero segue aí, o cabronazo...
Comentario por setesoles (16-09-2011 12:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.