A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIRANDO...

Cando era pequena gustábame xirar e xirar ata que a miña cabeza perdía o rumbo e o meu corpo o equilibrio. Iso custoume máis dun golpe contra os armarios, as cadeiras ou as mesas. E ata contra as paredes.
Hoxe o corpo non me dá para experimentos, así que deixei de xogar a desnortarme xirando sobre min mesma.

Pero sigo desnortada, sobre todo cando observo a realidade que me rodea e vou vendo como se foron perdendo moitos valores na sociedade, como se tamén andasen a xirar sen descanso e acabaran topando contra os muros.
Non obstante hai algo que me fai conservar a calma e a cordura e son esas concentracións de xente nas prazas das cidades, reclamando democracia real.

Ogallá á xuventude non lle dea, unha vez na vida adulta, por xirar e xirar sobre os mesmos vicios desta nosa sociedade actual.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (9) - Categoría: Eu son... - Publicado o 29-05-2011 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Xirar e xirar. No s.19 a xuventude tiña un r#blgtk08#umbo para protestar, agora o tema está en q
Comentario por Fernando Sancho (29-05-2011 21:24)
2 Xirar e Xirar. No s. 19 a xuventude tiña un rumbo para protestar, agora o tema está en que ¿que ten a solución? ¿#blgtk08#cal e?
Eu traballarei nun poema para publicar na rede e aportar una areniña de ideas. ¿que facer?. Saudos
Comentario por Fernando Sancho (29-05-2011 21:28)
3 Temos que seguir xirando, non esmaiolar, seguir poñendo un an#blgtk08#aquiño para que esto cambie e sinon por o menos intentalo....
Comentario por Otero Regal (30-05-2011 09:08)
4 Estou con Regal, hai que seguir xirando, porque sin unha#blgtk08# pequena dose de loucura nunca se consegiu cambiar nada.
Comentario por A cruz da Campá (31-05-2011 08:53)
5 Xirar e xirar...mais xa se nos foi a cabeza. Ten que vir por outro lado, pois a xente volve a falar. Que non s#blgtk08#e lle enrede a lingua. ¡Adiante, que non andamos dormindo! Ahí están, falando, chamando o bon xeito...falando.
Comentario por Xosé. (03-06-2011 00:08)
6 Co paso do tempo vaise perdendo esa loucura tan lúci#blgtk08#da e tan necesaria que ten a xuventude. Unha mágoa!!
Comentario por Raposo (03-06-2011 20:37)
7 Pois eu non che son moi optim#blgtk08#ista:
mira maio do 68
Comentario por Zeltia (07-06-2011 09:49)
8 eu teño confianza nos xóvenes, Concha, de verdade cho digo... hai moitos que todavía teñen ilusións e ganas #blgtk08#de facer cousas... e mentras haia un que poida contaxiar ó resto temos moito feito.

biquiños,
Comentario por Aldabra (07-06-2011 14:06)
9 E xirar e xirar.. coma un trompo... nunca se me deron ben de todo, pouco me aguantaban de pé... a ver se os que es#blgtk08#tamos loitando por un cambio aguantemos máis.. e non me refiro só a concentracións, hai que levalo a máis lugares
Comentario por Quincalleira en Kabul (01-07-2011 19:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.