A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CABALO BRANCO

Cada día, despois de xantar, paso pola mesma estrada comarcal para volver ao traballo e, cada día, no mesmo recanto, vexo esta estampa. Un cabalo branco, aparentemente libre, gozando do sol dos mediodías de inverno, sen ninguén ao seu carón que o apreixase.

Pero hai un tempo deume por parar e vin a corda que tiña atada a unha pata. A súa liberdade para moverse e gozar da herba e do sol reducíase ao espazo que lle permitía a corda.

Concha L. F.
Comentarios (6) - Categoría: Eu son... - Publicado o 11-05-2011 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Coma a vida mesma, nena paraugada (con mimo). A perspectiva do achegamento é a que ofr#blgtk08#ece unha percepción moito máis cercana á realidade das cordas.

Un bico
Comentario por Chousa da Alcandra (11-05-2011 22:44)
2 De lonxe e de fóra todo semella perfecto, inclus#blgtk08#o diría que todos somos perfectos e envexables.
Comentario por rui (13-05-2011 20:36)
3 Coma nós. Mira tí que cordiña tés nesa carretera comarcal, deixache a distancia xusta para ir e vir da casa ao curro do curro á casa.

[perdoa, pero durante anos estiven nun chollo #blgtk08#que non me gustaba e vía ese paréntese pequeno de liberdade entre a saída do curro e a hora de volver a entrar, que me semellaba que me alongaban a corda da solta... pero sempre coa solta posta]
Comentario por Zeltia (13-05-2011 23:49)
4 O cabalo é ben guapo, vese coidado, lastima de corda, "doucho t#blgtk08#odo menos a liberdade", parece unha metáfora mal intencionada.
Comentario por A cruz da Campá (15-05-2011 23:19)
5 O cabalo está lustroso polo menos.
Hai dúas semanas eu pasaba por un cabalo branco nos ósos que botou dous días coas noites no mesmo sitio e baixei a fotografa#blgtk08#lo e mirei dous bidóns de auga envorcados e a herba rillada ao máximo. Á tarde iría denuncialo á Seprona pero xa non había nada. Espero que agora estea ben o cabalo.
Comentario por paideleo (16-05-2011 02:46)
6 o que quere decir que non todo é como semella de lexos, que hai que mirar ben de cerq#blgtk08#uiña para decatarse da verdadeira realidade.

biquiños,

Comentario por Aldabra (25-05-2011 09:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.