|
|
|
|
| IMPRESENTÁBEL |
|
Di o refrán que rectificar é de sabios, pero nalgúns casos teño as miñas dúbidas. Ai Costureiriña, a ver se non o volvemos ler... NUNCA MÁIS! |
|
|
|
|
| Pregunta interesante |
|
Que leo por aí adiante: terá algo que ver a saúde da lingua co escasísimo número de matriculados/as en Filoloxía Galega? |
|
|
|
|
| LINGUA DE AMOR |
|
O Consello da Xuventude pola iniciativa "a lingua de
amor" |
|
|
|
|
| NON PODO |
|
Con este PP tan facha!
Nin cos seus dirixentes tan rancios!
Nin coa manipulación!
Nin con que se confundan as churras coas meiriñas!
Nin con que se pense que todo é o mesmo!
Nin... |
|
|
|
|
| OFERTA DE EMPREGO |
|
Chégame a seguinte información:
CONTRATACIÓN URXENTE PARA O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CONCELLO DA LARACHA
-Procedemento: concurso
-Remate do prazo de presentación de solicitudes: martes 4 de setembro
-Duración: mes e medio
Contratación urxente e contrato... visto e non visto!
Mamaíña, a normalización lingüística está pero que moi francamente!!! |
|
|
|
|
| DÍA DA GALIZA MÁRTIR |
|
Minutos antes do seu fusilamento no monte da Caeira (Pontevedra) o 17 de agosto de 1936 cando contaba con 33 anos, Alexandre Bóveda sentenciaba: “a miña morte servirá para acadar adeptos á causa galega. Un ben que aínda despois de morto, farei á nosa terra”. |
|
|
|
|
| ALEXANDRE BÓVEDA |
|
 |
|
|
|
|
| VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO |
|
Acción! |
|
|
|
|
| O NOSO TEATRO |
|
125 anos non é nada, a por 1000 primaveras máis! Ah! e xa aproveito para parabenizar o amigo teatreiro... |
|
|
|
|
| Cuestionario de Proust |
|
(Disque llo debía a Nasas, así que, vai dedicado!)
1. O principal trazo do meu carácter?
Extravertida.
2. A calidade que prefiro nun home?
Respecto e sinceridade.
3. A calidade que desexo nunha muller?
Idem.
4. O que máis aprecio nos meus amigos?
Telos.
5. O meu principal defecto?
Uf! non sabería por onde comezar. Innumerábeis.
6. A miña ocupación preferida?
Vivir... e o meu afillado, por suposto.
7. O meu soño?
Son moi soñadora. Igual debería ter os pés máis na terra, ou non...
8. Cal sería a miña maior desgraza?
Perder os seres queridos.
9. Que quixera ser?
Tantas cousas!
10. Onde desexaría vivir?
A miña cidade gústame, a pesar de P.V... Ou en Santiago, póndolle mar, claro!
11. A cor que prefiro?
Son de moito “colorín”.
12. A flor que prefiro?
Orquídea, violeta, rosa branca...
13.O paxaro que prefiro?
A fauna é a miña materia pendente.
14.Os meus autores preferidos en prosa?
Cunqueiro, Otero Pedrayo, Castelao...
15. Os meus poetas preferidos?
Rosalía, Pilar Pallarés, Chus Pato...
16. Os meus heroes de ficción?
Non teño.
17. As miñas heroínas de ficción?
Idem.
18. Os meus compositores preferidos?
Son bastante melómana, varios.
19. Os meus pintores predilectos?
Luís Seoane, Maruxa Mallo e os impresionistas.
20. Os meus heroes da vida real?
A miña nai.
21. As miñas heroínas históricas?
As loitadoras polas liberdades e causas xustas.
22. Os meus nomes favoritos?
Duarte e Aldara.
23. Que detesto máis que nada?
O que? a mentira. A quen?, a P.V. (si, o mesmo da resposta 10).
24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Os ditadores.
25. Que feito militar admiro máis?
Pois ningún, obviamente.
26. Que reforma admiro máis?
A que está por chegar á miña casa. Obras, horror!
27. Que dons naturais quixeras ter?
A paciencia.
28. Como me gustaría morrer?
Sen decatarme.
29. Estado presente do meu espírito?
Agora ben, agora regular, agora ben, agora regular.
30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os que non teñen maldade.
31. O meu lema?
En momentos de baixón: todo pasa.
|
|
|
|
|
|
|
|