Anacos de amor


Poesías e comentarios intimistas.
Son eu. O de sempre. Un escritor, un poeta con gañas de compartir sentimentos. Paseate por equi, cando queiras existir.

O meu perfil
salgueiro@terra.es
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Viva o meu segredo
Viva o meu segredo.




¡Viva o teu pelo negro!

¡que viva o meu segredo!.

¿Qué me deches? ¿qué veleno?

que oio unha guitarra

e estou so, e teño medo.


¡Vivan os teus ollos puros!

¡que viva o meu segredo!.

Que corro na noite escura

como lobishome entre a néboa,

buscando a luz do día,

buscando as túas dúas velas.


¡Viva a túa pel morena!

¡viva o meu segredo!

Que en soños, súo en frío,

recordando o que puido ser un bico,

e agora me arrepinto.


¡Viva o teu sorriso fresco!

¡viva o meu segredo!


Que teño mais mal xenio

dende que non te vexo,

que buscabas un covarde,

que buscabas un traidor

e equivocándote encontráchelo,

mais que viva o meu segredo,

que viva o amor.

Comentarios (26) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Perdino todo.

As cousas que se perderon,

que non aparecen mais.

Raios de luz que caeron

en furado negro,

raios de luz que saben

a caramelo.


Mentinche, e agora

so vexo o horizonte,

pero non te vexo.


¿Ónde estas miña alegría,

que so quedan nubarróns,

e quedan horas soitarias

para que saia de novo o sol?.


Musica da tristura corre polas veas.

Acabouse, acabou o día,

e non teño forzas, e non teño a vida,

e non teño aire, e non teño a musa.


Mais chegou a aurora,

e non sente nada, pois esta bacía

sen a túa luz.

Perdinte para sempre

E perdino todo, e perdín o amor
Comentarios (24) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2008 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pechando os ollos.
Todos sabemos que o mundo esta mal repartido, anque as veces, moitos de nos, fagamos oídos xordos.
Para comezar poñamos de exemplo o corpo que nos acompaña o longo da vida. Uns nacemos con estrela e outros estrelados. Por iso e unha boa sorte nacer con saude. Pobre desafortunado aquil que nace sen ela, e gran tristura para o que lle toca a dura tarea de coidar. Por iso se a temos, deberíamos coidala…
E a fortuna na vida, para quen ten esa saude, e para quen non a ten, segue xogando un papel decisivo. Mostra disto son os accidentes de trafico lacra desta "civilización" na que nos tocou vivir. Por isto a precaución nunca esta de máis.
E o repartir o mundo dunha maneira coerente non semella máis ca imposible. So hai que ver a persoas buscar e rebuscar na basura para comer, incluso un ancián de ochenta e tantos, (en callejeros o outro día) e comprobar que atopan comida, como dentro do propio supermercado, compartindoa entre si( sen lugar a duda que as persoas máis humildes e pobres, son as máis solidarias, pois elas saben a realidade de pasalo mal) e observar que as persoas que a tiran preferirían que se pudrira, pechar os ollos ante a evidencia da pobreza, antes ca ver a esas persoas buscar no seu contedor. En contraste con esta bonanza atopase Níger, catalogado como o país máis pobre do mundo, e a onde debíamos mirar antes de protestar sobre a nosa situación.

Invádeme a tristura
cando vexo
os seus ollos amarelos,
cando nas suas mans
non hai mais ca baleiro,
e as barrigas cheas de aire
medran de malnutrición.

Invademe a tristura
cando os beizos febles dos nenos
xa non saben nin mamar,
polo peito seco das súas mamas.
Cando a auga falta e non hai cereal,
cando a miseria se convirte en fame
e a fame en mortandad.
Pero pechamos os ollos
e soñamos con ter máis…
Comentarios (44) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2007 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Reflexións
O fin de seman sain cun colega por Lugo. Estiven triste, pero foi interesante. Interesante saber ata onde aguanta o corpo. Alcohol vai logo ven, pub vamos, logo vimos, pequenas van logo veñen. Logo dar grazas a deus por non vela a ela, para non poñerme mais triste todavía. E houbo sorte..Pouco a pouco vou olvidando, tratando de non recordar..O millor de todo: as estrelas, a súa beleza. Pareceme incrible que pase o que pase elas sempre estarán ahí brilando, enchendo de fermosura a noite, incluso despois de ser estrelas mortas seguen ahí envoltas de misterio. Preguntome: e se o amor fose así? Un brilo incesante que non se acaba nunca?
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2007 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
so respiro
Ignorar, pasar do amor.
Tal vez sexa esa a solución.
Como o que olvida que vive,
e so respira.

Paso os días
ca mente bloqueada
no pensamento do recordo
do seu amor.
Do meu amor por ela,
e na busca de fallos
niste resultado fallido.
Nas gañas de abrazala,
de querela,
e na impotencia
de non poder voltar a amala.

Síntome torpe
na miña ignorancia
do non saber.
Un por que desesperado
amarga as tardes, os amenceres,
as postas de sol,
e xa non disfruto do momento,
xa non tomo aire
saboreando o momento,
deixando que forme parte de min.
Agora so respiro.
Como respira un moribundo
no leito de morte,
notando que lle falta vida,
como as sombras tenebrosas
das longas noites de inverno
ameazan a calor human
e devoranse a si mesmas en primavera,
eu so respiro
eu so suspiro,
eu so,
polo seu amor.
Comentarios (27) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2007 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Lembranzas
Na escuridade da noite, na frialdade da maña, acordome con máis forza de ti. Sei que estas lonxe, pero a cada rato, en cada momento soño coas túas caricias, co teu cariño que me fai vivir tan so por momentos. Pregúntome ¿por que te fuches? E cheiro a fume de dor, dun amor que hai que olvidar e non consigo, e penso na inxustiza da vida que me leva por camiños non gratos para a miña estavilidade emocional, esvaecida como unha primeira ilusión imposible.
Arranco cada día desexando apagar de novo o motor, durmir, soñar de novo ca mutua mirada do amor, e esquencer a morriña de ti, polo amor que che profeso.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2007 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A miña morte
Vin a miña morte.
Ahi! Ahi! Ahí! Ahí!
Berraba, choraba. Bágoas de dor sen saber porque.

Era un soño, unha realidade. O meu sufrir.
O futuro cercano
e a mirada da morte a carón de min.

Levanteime da cama con suores fríos.
Ahí! Ahí! Ahí! Dor na miña ialma,
que non aguanto esa dor. Tanto sufrir.

Non soupen o esceario. Soupen o meu sutrir.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2007 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un blog mais.
Un blok mais. Como outro calquera. Eso e o que eu pretendo. Nin mais nin menos.
Agobiado pola situación a que me levou a vida, sen demasiadas gañas de afrontala con actitude alegre, polos disgustos do amor, comezo equi a escribir,
liberando tensións emocionais,
agardando que se alguén se para a ler, non lle resulte persoa non grata para entreterse.
Ditas circunstancias da vida levaronme a un abandoo persoal do que non estou orgulloso. Quen mo diría a min! Ca racha tan boa de estabilidade emocioal que levaba…
Coñecin o amor, e agora coñezo a súa amargura.
Canto un pobre de min cada maña,
cada tarde, cada noite,
por que desta dérame forte, ahí, onde ten que dar para que o seu rastro, o seu cheiro perdure para sempre.
E, agora, encerrado na soedade da sua ausencia,
no seu silencio eterno, infernal, pantasmagorico,
mordido de morte,
non me queda máis que exalar o meu último alento nos meus escritos.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2007 17:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal