Amigos de Johan Carballeira
MEMORIA HISTÓRICA CANGAS AGOSTO 2008
XOVES 21 AGOSTO
20.30  h.- Salón de Plenos do Concello
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL.- “ A derradeira lección do mestre”
Coloquio co seu autor Xoán Carlos Garrido Couceiro
Presentación.- Nieves Oliveira
Descrición
Este documental non é para facer unha exaltación de persoas que a pesares de merecelo nalgúns casos xa foron tratados noutros traballos de investigación e divulgación. Búscase reflexionar sobre a complexidade de resolver dilemas difíciles en contextos moi duros. De desentrañar tácticas de supervivencia de proxectos e idearios, ademais de persoas. En definitiva, preténdese comprender o funcionamento da represión máis sobre todo da resistencia.
Argumento
Na Estrada coincidiu o 18 de xullo coa presenza como Xuíz de Instrución do Partido Xudicial da Estrada, unha figura intelectual de grande relevancia que estaba integrado no florecente desenvolvemento cultural desta comarca, ligado aos centros de ensino e aos seus mestres.
Como xuíz de instrución, Fermín Bouza Brey, tiña a obriga xurídica de perseguir calquera delito do que tivera coñecemento. Como intelectual comprometido tiña a obriga política de intervir a prol da causa que profesaba. Como veciño que gardaba grande amizade coas vítimas, tiña a necesidade moral de facer todo o que estivera na súa man para salvar aos que puidera, e para iso tiña que xogar dentro das regras do novo réxime e buscar apoios para estar en posición de actuar, e tecendo unha complexa estratexia que o levaría a ser acusado nalgún momento por todos os bandos de deslealdade.
Pola contra, os mestres, os seus amigos, tiñan unha marxe de manobra moito menor, estaban baixo sospeita pola súa profesión, e cada un desde a súa situación persoal e o seu compromiso político, respondeu como mellor considerou diante do desafía a súa dignidade e as súas conviccións. Os mestres tiñan unha obriga por enriba de calquera outra que os limitaba para adaptarse ao novo contexto. Tiñan o deber de dar exemplo e de que legar ao futuro un modelo de conduta, unha esperanza no xénero humano, en definitiva, unha lección de dignidade.
Localización
A Estrada, Vigo, Vilagarcía, Cerdedo e Pontevedra.
Observacións
Finalizado e entregado na Axencia Audiovisual Galega.
VENRES 22 AGOSTO
21 h.- Adro Ex-Colexiata
ACTO SIMBÓLICO en defensa da MEMORIA HISTÓRICA
Organiza.- Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto - Cangas
Colaboran.- Concello de Cangas - Concellería de Ensino e Cultura
Consellería de Cultura e Deporte - Xunta de Galicia
Voda no Pazo de Meirás
A VODA QUE ORGANIZA NO PAZO DE MEIRÁS
A CRMH DA CORUÑA, EN COLABORACIÓN
COA COMPARSA OS MARACOS, CELEBRARASE
O VENRES, 8 DE AGSOTO, ÁS 6,30 DA TARDE
Todo está preparado para a celebración na porta principal do pazo de Meirás da anunciada voda. Despois de intensas xestións diante de Lucifer –preguntamos por el no ceo, pero San Pedro dixo que alí non estaba, nin era esperado- conseguimos que o Caudillo Franco disfrute dun permiso penitenciario extraordinario de fin de semana, xa que está condenado a cadea perpetua no inferno. O Generalísimo, vestido coas súas mellores galas, será o padriño e acompañara á noiva -á súa bisneta Leticia Giménez Arnau Martínez Bordiu- na entrada ao pazo de Meirás.
Serán recibidos por un destacamento da Garda Moura e polas autoridades civís e eclesiásticas. Posteriormente, poderemos bailar, disfrutando dunha sesión vermute, e todas as persoas invitadas, así como os medios de comunicación, serán obsequiados con empanada, polbo e tortilla, regado todo con viño do país.
Dun xeito festivo, reivindicaremos a devolución ao pobo do pazo de Meirás, sen provocar altercados, nin interferir no desenvolvemento do bodorrio oficial. Con este acto a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña quere deixar moi claro que a familia Franco non é ben recibida e que, despois de disfrutar durante 70 anos dunha propiedade como o pazo de Meirás, que non é súa, deben devolver ao pobo o que é do pobo. Esperamos que sexa o último acto que realiza a familia do Ditador Franco no pazo de Meirás.
Todos os asistentes serán obsequiados cun folleto informativo sobre a historia do pazo e como se organizou o roubo, que levará por título: O pazo de Meirás e o imposto revolucionario de 1938.
Actos da memoria histórica Cangas
Programación AGOSTO 2.008
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “ Rostros da Memoria”
Do 31 de xullo ao 28 de agosto de 2.008
Lugar.- Auditorio Municipal de. Cangas
Autor.-  Xurxo Lobato
XOVES 31 XULLO
20 h.- Auditorio Municipal
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN.
María Xesús López  - Delegada Provincial de Cultura e Deporte –
Xurxo Lobato  - Autor da Exposición -
Dolores Rodal, Carmen Nores, Gloria Chapela -  Protagonistas da Expo -
Camilo Camaño( MH 28 Agosto)
XOVES 21 AGOSTO
20 h.- Salón de Plenos do Concello
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL.- “ A derradeira lección do mestre”
Coloquio co seu autor Xoán Carlos Garrido Couceiro
Presentación.- Nieves Oliveira
VENRES 22 AGOSTO
21 h.- Adro Ex-Colexiata
ACTO SIMBÓLICO en defensa da MEMORIA HISTÓRICA
XOVES 28 DE AGOSTO  “MÁRTIRES DE ANGUIEIRO”
12 h.- Praza do Concello
ACTO INSTITUCIONAL
Alcaldesa e Corporación municipal de Cangas
Palabra e Música pola Memoria
19 h.- Monolito Estrada Cangas - Pontevedra
OFRENDA FLORAL AOS MÁRTIRES DE ANGUIEIRO
Música e palabra pola Memoria
20 h.- Auditorio Municipal
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN “ Rostros da Memoria”
Claudio Rodríguez Fer --   Poeta e Profesor universitário -
Xosé Vázquez Pintor – Escritor -
Xurxo Lobato  – Autor da Expo
Ánxela Bugallo – Conselleira de Cultura e Deporte
Xunta de Galicia
Encontro da Memoria Histórica
Onte, na illa de San Simón celebramos unha homenxe e lembranza a todos os represaliados e de maneira especial a todos aqueles que se viron na obriga de vivir exiliados.
Un dos momento máis emotivos do acto foi cando as fillas do exilio tomaron a palabra para lembrar a dureza da vida lonxe da terra e as ilusión pon poder retornar algún.
Onte as protagonistas foron as mulleres exiliadas Joaquina Dorado, María Teresa Alvajar, Carmen Tagüeña, Silvia Mestre, Mariví Villaverde y Dora Carcaño. Todas elas representaban aos milleros de galegos e galegas que pola súa militancia política ou sindical tiveron que marchar obrigados pola represión.
O acto abriuno Neira Vilas facendo unha viaxe polas súas lembranzas dos exiliados en América, os Castelao, Picallo ou Alonso Ríos. As actividades e iniciativas do exilio para conservar as ideas libertarias da II República.
Encontro Nacional da Memoria Histórica
A Consellería de Cultura e Deporte organiza o sábado 19 de xullo na Illa de San Simón o Encontro Nacional da Memoria Histórica (Homenaxe ao Exilio Galego).
Neste acto participarán membros da asociación en representación da Asociación de Amigos de Johán Carballeira.
Gala da Igualdade
Actos de Decembro
O pasado domindo 30 de Decembro celebrouse no Centro Social do Mar un acto de homenaxe aos represaliados en Decembro do 36. O acto que case encheo o aforo do Salón de actos do centro contou coa intervención de membros da asociación e de Antón Mascato membro activo da Asociación pola recuperación da memoria histórica do Grove. Primeiro tomou a palabra o Presidente da Asociación para agradecer a presenza dos asistentes e resumir brevemente o traballo feito pola asociación no ano 2007. De seguido Pablo País fixo unha síntese do acontecido en decembro de 1936 en Bueu. Depois Xosé Novas anunciou aos presentes, entre os que estaba o rexedor municipal e algúns concelleiros do grupo de goberno, a presentación dunha proposta ao Pleno da Corporación Municipal para o nomeamento de Fillos Predilectos aos membros da Corporación de 1936 que foron represaliados e que chegaron a pagar coas súas vidas a defensa dos valores democráticos. Finalmente Antón Mascato fixo unha presentación breve do documental "Ezkaba. A fuga do Forte de San Cristóbal", onde incidiu no número de veciños de Bueu que estiveron presos no Forte e as condicións da fuga.
A proxección deste documental supoxo a primeira toma de contacto en imaxes co Fuerte de San Cristóbal e as condicións de vida dos presos que alí estiveron. Os testemuños aportados no documental por algúns supervivintes da fuga fixo que moitos acadásemos conciencia do que supuxo a fuga e das precariedades ás que tiveron que enfrontarse os nosos veciños alí presos.
Con este acto a asociación pon remate a un ano cheo de iniciativas e actividades encamiñadas a traer do silenzo a todos os represaliados de Bueu. E recoñecer tamén o sufrimento que tiveron que vivir as súas familias.
Novo atentado contra a liberdade
Achégase un comunicado de Verbo Xido, sobre a denuncia  a outro membro
desta asociación por parte dos mesmos que fixeron o mesmo con Dionisio
Pereira.
A denuncia póñena polo que sae nesta páxina web
http://humanitieslab.stanford.edu/GonzalezRuibal/1144
que é parte da páxina persoal do denunciado, Alfredo González Ruibal,
investigador de prestixio que neste momento traballa na Stanford
University.
Estamos diante doutro grave atentado contra a liberdade de expresión. E se
hai xuíces que admiten a trámite denuncias coma estas, parece claro que
algo cheira a podre, e non precisamente en Dinamarca.
Rogase a difusión deste comunicado.
MEMORIA HISTÓRICA - AGOSTO 2007
A Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas organiza os actos de homenaxe aos Mártires do Anguieiro. De seguido reproducimos os actos que van celebrar.
• Venres 24 de Agosto
20 h.- Salón de Plenos Concello de Cangas
Mesa Redonda: “Pola verdade e a liberdade de investigación”
X.L. Garrido, Antón Mascato, Dionisio Pereira - Historiadores
• Martes 28 de Agosto –
“MÁRTIRES DE ANGUIEIRO”
12 h.- Praza do Concello
Acto conmemorativo. In Memoriam
19 h.- Monolito M. Anguieiro ( Magdalena)
Ofrenda floral
Lembranza aos Mártires
20 h.- Antiga Fábrica de Cervera
Ofrenda marítima
Organiza.- Asociación “Memoria Histórica 28 de Agosto” Cangas
Colabora.- Concello de Cangas
Rexeitamento á exhumación en Castropol
A titular do xulgado de Castropol comunicou o seu rexeitamento á Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica(ARMH)ao respecto da exhumación dunha fosa común no concello de Grandas de Salime (Asturias). A pretensión da asociación era iniciar os traballos o pasado sábado día 11 de agosto. Malia a actitude da titular do xulgado estaban dispostos a seguir adiante.
A fosa común que pretenden exhumar é na que posiblemente se atopen os corpos de 15 galegos. Entre eles o de José Moreno Torres natural de A Coruña e comandante dun batallón de milicianos galegos.
Dende a Asociación Amigos de Carballeira queremos manifestar o noso apoio á Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e para os familiares dos represaliados que foron soterrados na fosa común de Grandas de Salime. E manifestar o noso total desacordo coa actitude da titular do xulgado de Castropol. Actuacións deste tipo impiden que estas familias e os seus familiares represaliados poidan ser tratados con dignidade.