Amigos de Johan Carballeira



O meu perfil
amigoscarballeira@bueu.net
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Monumento ás vítimas de Lugo
Dende o ano 2006, a Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo está intentando promover en Lugo un monumento dedicado á memoria dos centos de asasinados e represaliados polo franquismo en tal cidade, que levaría o nome de "Paz para sempre" e que foi deseñado polo artista pacifista Isaac Díaz Pardo, figura principal da cultura galega e fillo do pintor Camilo Díaz Baliño, un dos asasinados en 1936.

Mais, entre outras dificultades para realizalo, á indecisión das autoridades, psicoloxicamente sometidas aínda aos poderes emanados do fascismo, cómpre sumar tamén a reacción da Reacción, a miúdo composta por descendentes dos represores fascistas e por antigos servidores do aparato represivo franquista, que desatou unha belicista campaña de ataque e descrédito contra a proposta da Asociación promotora, que tivo que ser respondida na prensa (ver adxuntos).

No plano económico, malia as vagas promesas institucionais, só contamos de momento co apoio dos membros da Asociación e demais simpatizantes desta iniciativa, polo que agradeceriamos calquera axuda solidaria na seguinte conta corrente de Caixa Galicia:


Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo

2091 - 0152 - 29 - 3040084427



Saúde e memoria contra o dominio da desmemoria.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-08-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG DENUNCIA QUE O GOBERNO DO PP “ESTÁ A DAR MARCHA ATRÁS NO PROCESO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA”
Ana Pontón advirte de que “a austeridade non pode ser unha escusa para suprimir os actos de homenaxe iniciados polo Goberno Bipartito porque a dignidade das persoas que defenderon a democracia e a restauración da súa memoria non ten prezo”

A portavoz do BNG na Comisión de Cultura do Parlamento Galego, Ana Pontón, denuncia que “o Goberno do PP está a dar marcha atrás no proceso de recuperación da memoria histórica iniciado polo Goberno Bipartito”.
Ana Pontón lembra que durante a lexislatura pasada a Xunta de Galiza, a través da Consellaría de Cultura e Deporte, “desenvolveu unha intensa liña de actuación destinada a recoñecer, homenaxear e divulgar ás persoas respresaliadas polo golpe militar do 36 e a posterior ditadura franquista”.
“Inaugurábase así- subliña- unha nova etapa en Galiza que rompía co silencio e esquecemento que os gobernos anteriores tiveran sobre este asunto”.
O Goberno do PP está a dar marcha atrás na recuperación da Memoria Histórica
Sen embargo, a deputada do BNG denuncia que “o Goberno do PP está a dar marcha atrás nestas iniciativas que perseguían, desde unha perspectiva
democrática, recuperar e dignificar un período histórico que estivo oculto e manipulado demasiado tempo”.
En concreto, advirte da supresión da Homenaxe Nacional que se viña facendo cada ano ás vítimas do golpe de estado e posterior represión; a non
convocatoria do Consello da Memoria, un órgano colaborador cos programas de recuperación da memoria e interlocutor co mundo asociativ; ou o parón que impuxo a Xunta de Galiza á colaboración coas asociacións de recuperación da memoria histórica.
Ana Pontón asegura que “a austeridade non debe converterse nunha escusa neste tema, porque a dignidade das persoas que defenderon a legalidade
democrática e a restauración da súa memoria non ten prezo, nin pode cuantificarse en termos económicos”.
Actitude cínica do PP coas vítimas da represión
Ademais, a parlamentaria nacionalista critica “o cinismo e dupla moral do PP, xa que, despois de aprobar en outubro do pasado ano no Parlamento Galego unha inciativa de condea do franquismo, agora non só vemos como da marcha atrás nas iniciativas de recoñecemento das vítimas da represión, senón que mesmo deputados como Carlos Negreira, se opoñen á aplicación da Lei da
Memoria Histórica no concello da Coruña”.

Iniciativa do BNG no Parlamento Galego

Ante esta situación, Ana Pontón ven de presentar unha iniciativa no Parlamento Galego pola que insta á Xunta de Galiza a manter a illa de San
Simón como un espazo adicado á recuperación da memoria histórica e como sé do Centro de Recuperación da Memoria Histórica de Galiza, e a que se continúe a realizar a homenaxe nacional con carácter anual ás vítimas da represión franquista.
A iniciativa do BNG tamén lle demanda á Xunta que manteña as liñas de apoio e colaboración destinadas a profundar na investigación sobre o golpe militar e a represión franquista na Galiza, promovendo a divulgación dos resultados das
mesmas no conxunto da sociedade galega.
Por último, demándaselle ao Goberno galego que convoque o Consello da Memoria a fin se consensuar co tecido asociativo os programas de recuperación
da memoria histórica que desenvolva a Xunta de Galiza.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2009 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A asociación participa na xuntanza de San Simón


Información da xuntanza en vieiros
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Discurso homenaxe aos represaliados 2009
Hai 10 anos inauguramos este monumento a Johan Carballeira, o alcade fusilado o 17 de abril de 1937. Este monumento sufragado co esforzo persoal dos veciños de Bueu, acada hoxe unha nova dimensión e convértese no monumento a todos os que loitaron polas liberdades. Cumprimos así un obxectivo que nos tiñamos planteado os directivos da Asociación que me honra presidir, facer que todos os que sufriron a represión fascista por defender o réxime establecido democraticamente no ano 31 e que foi quebrado pola intolerancia dos que non respectan as decisións do pobo. Non só eles sufriron a defensa das liberdades e o compromiso político senón que as súas familias foron condeadas ao desprezo e ao silenzo. A eles temos que agradecerlles que mantivesen no seu recordo e nos permitisen recordar aos seus homes, pais e netos. Sen eles o noso traballo sería inútil.
Quero rematar estas breves palabras lembrando a todas as mulleres que foron humilladas e vexadas nas rúas de Bueu e que sufriron en silenzo o escarnio público por participar das ideas republicanas.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-05-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Flores para la memoria

Tal día como el pasado viernes, en 1937, el escritor y alcalde buenense Johán Carballeira fue fusilado junto a otros compañeros de gobierno local y simpatizantes de la República. Ayer, 72 años después y haciendo coincidir la efemérides con el domingo, la Asociación de Amigos de Johán Carballeira rindió un nuevo homenaje a todos los represaliados de la Guerra Civil Española, con el ex regidor como figura más representativa de un nutrido grupo de personas que sufrió, junto a sus familiares, prisión, tortura, vejaciones e incluso muerte a causa de sus ideas políticas.

CÉSAR COLLARTE - BUEU
Flores y versos para la memoria y contra la intolerancia. La Asociación de Amigos de Johán Carballeira rindió ayer homenaje al ex alcalde buenense y, por extensión, a todos los represaliados del municipio. Ésa fue la fórmula que ayer escogió la Asociación de Amigos de Johán Carballeira para rendir homenaje al ex alcalde de la villa y, por extensión, a todos los represaliados del municipio. “Queriamos que fose un acto aberto, non só para Johán Carballeira senón para o resto de represaliados, para os familiares que foron desprezados ou para as mulleres que foron humilladas”, manifestó el presidente del colectivo, Manuel Mosteiro.
A los sones de varias piezas tocadas por gaiteiros y tamborileros se dieron cita decenas de personas alrededor del monumento a Johán Carballeira, que, diez años después de haber sido erigido, estrenaba placa y contaba con un entorno adecentado. Allí estaba buena parte del grupo de gobierno, con el regidor Félix Juncal a la cabeza. También el poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, que fue el encargado de tomar la palabra para manifestar que “no ha existido reconciliación sino una enorme losa de silencio” y, a continuación, leer una poesía titulada “Crónica do espanto. Galiza 1936” en la que se hacía un breve repaso a esas fechas oscuras del pasado reciente español.
Luego fue el momento de la ofrenda floral, a cargo de sendos hijos de represaliados. Manuel López (hijo de José de la Torre) y Carmen Chapela (hija de uno de los canteros de A Portela), ésta con lágrimas en los ojos, depositaron el ramo en el monumento entre los aplausos de los presentes. “Está ben recordalo despois de tanto tempo. A maior pena que teño é non ter unha foto do meu pai”, señaló posteriormente. El cierre del acto fue la interpretación del Himno de la República, encadenado con el Himno Galego, que cantaron la mayoría de las personas que asistieron al homenaje.



Fonte da Información
Faro de Vigo. Edición Morrazo
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2009 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bueu recorda hoxe a morte de Johan Carballeira e outras vítimas da represión franquista
A asociación de Amigos de Johan Carballeira organiza hoxe os actos centrais de conmemoración do fusilamento do ex alcalde budetense e doutros tres veciños da vila o 17 de abril de 1937. O programa de actividades desta xornada está aberta a todos os veciños interesados e ten como obxectivo honrar ás vítimas da represión franquista na localidade e dar coñecer os feitos máis duros da Guerra Civil e a Posguerra.
Os actos comezarán ás 17 horas no monumento a Johan Carballeira na fronte marítima. Este mes cúmprense os dez anos desde que se colocou o monumento, que foi un traballo do escultor cambadés Manuel Paz. O programa prevé a actuación da banda de gaitas de Manxadoira, un recital poético de Xosé María Álvarez Cáccamo e unha ofrenda floral.
A partir das 18 horas proxectarase no Centro Social do Mar unha selección de testemuños sobre a Guerra Civil e a represión posterior en Bueu. Este traballo estivo coordinado desde a Universidade de Santiago a través dun convenio coa Consellería de Cultura. Acudirá a Bueu o historiador Gustavo Herbella García, que explicará o contido do traballo desenvolvido e as súas conclusións principais. Froito deste traballo fixéronse trece entrevistas e graváronse catorce horas, das que hoxe se ensinarán extractos.


Fonte da Información
La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Señor Afranio: a película
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2009 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ACTOS DA MEMORIA ABRIL O9
ÁS 17:00
NO MONUMENTO A CARBALLEIRA

OFRENDA FLORAL COA INTERVENCIÓN POÉTICA DE X.M. ÁLVAREZ CÁCCAMO


ÁS 18:00
NO CENTRO SOCIAL DO MAR

PRESENTACIÓN DO PROXECTO:
RECUPERANDO A MEMORIA (PROXECCIÓN DAS ENTREVISTAS FEITAS POLO EQUIPO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO A VECIÑOS DE BUEU)

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2009 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A guerra civil en Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os tempos son chegados: Pola retirada da simboloxía franquista da Coruña e as distincións honoríficas a Franco e a todos os ministros da Ditadura.

Os tempos son chegados. Son chegados para sacar do rueiro da coruña toda referencia ao réxime franquista. Son chegados para quitar toda distinción honorífica a persoeiros que, polo seu pasado, e nalgún caso, aínda presente, non son merecedores dos honores recibidos, honores que recibiron en tempos do réxime franquista. Non queremos a Franco como fillo adoptivo da Coruña, nen tampouco a ningún dos seus ministros, estean aínda con vida ou non. Xa é hora de rematar con toda as referencias a ese réxime criminal que foi o franquismo.

Para elo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH d’AC) quérevos facer chegar o manifesto que abaixo pego, co obxectívo de que, se o tedes a ben, contestedes a esta mensaxe que vos envío coa vosa adhesión ao mesmo. Para elo, sempre que así o consideredes, non tedes mais que indicar o voso nome e apelidos, e tamén unha referencia ao voso adicamento á vida social, cultural, política, sindical, profesional, etc, para que, ao lado da voso nome, apareza a razón pola que sodes partícipes en calquera campo da vida social no que tomedes parte.

Por se queredes botar unha ollada a algunha xente que vai asinando o manifesto, achégovos en arquivo adxunto unha parte da relación de persoas que fixeron pública a súa adhesión.


E, como para mostra ben vale un exemplo, veredes que a asinatura que fago deste escrito pode servir como unha mostra do que vos pedimos. Por iso, agradecendo e esperando o voso adherimento, non me queda mais que despedirme, non sen antes mandarvos un cordial e afectuoso saúdo.



Rubén Afonso Lobato (Responsable de comunicación da CRMH d’A Coruña)


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal