Amigos de Johan Carballeira



O meu perfil
amigoscarballeira@bueu.net
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Discurso homenaxe aos represaliados 2009
Hai 10 anos inauguramos este monumento a Johan Carballeira, o alcade fusilado o 17 de abril de 1937. Este monumento sufragado co esforzo persoal dos veciños de Bueu, acada hoxe unha nova dimensión e convértese no monumento a todos os que loitaron polas liberdades. Cumprimos así un obxectivo que nos tiñamos planteado os directivos da Asociación que me honra presidir, facer que todos os que sufriron a represión fascista por defender o réxime establecido democraticamente no ano 31 e que foi quebrado pola intolerancia dos que non respectan as decisións do pobo. Non só eles sufriron a defensa das liberdades e o compromiso político senón que as súas familias foron condeadas ao desprezo e ao silenzo. A eles temos que agradecerlles que mantivesen no seu recordo e nos permitisen recordar aos seus homes, pais e netos. Sen eles o noso traballo sería inútil.
Quero rematar estas breves palabras lembrando a todas as mulleres que foron humilladas e vexadas nas rúas de Bueu e que sufriron en silenzo o escarnio público por participar das ideas republicanas.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-05-2009 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Flores para la memoria

Tal día como el pasado viernes, en 1937, el escritor y alcalde buenense Johán Carballeira fue fusilado junto a otros compañeros de gobierno local y simpatizantes de la República. Ayer, 72 años después y haciendo coincidir la efemérides con el domingo, la Asociación de Amigos de Johán Carballeira rindió un nuevo homenaje a todos los represaliados de la Guerra Civil Española, con el ex regidor como figura más representativa de un nutrido grupo de personas que sufrió, junto a sus familiares, prisión, tortura, vejaciones e incluso muerte a causa de sus ideas políticas.

CÉSAR COLLARTE - BUEU
Flores y versos para la memoria y contra la intolerancia. La Asociación de Amigos de Johán Carballeira rindió ayer homenaje al ex alcalde buenense y, por extensión, a todos los represaliados del municipio. Ésa fue la fórmula que ayer escogió la Asociación de Amigos de Johán Carballeira para rendir homenaje al ex alcalde de la villa y, por extensión, a todos los represaliados del municipio. “Queriamos que fose un acto aberto, non só para Johán Carballeira senón para o resto de represaliados, para os familiares que foron desprezados ou para as mulleres que foron humilladas”, manifestó el presidente del colectivo, Manuel Mosteiro.
A los sones de varias piezas tocadas por gaiteiros y tamborileros se dieron cita decenas de personas alrededor del monumento a Johán Carballeira, que, diez años después de haber sido erigido, estrenaba placa y contaba con un entorno adecentado. Allí estaba buena parte del grupo de gobierno, con el regidor Félix Juncal a la cabeza. También el poeta Xosé María Álvarez Cáccamo, que fue el encargado de tomar la palabra para manifestar que “no ha existido reconciliación sino una enorme losa de silencio” y, a continuación, leer una poesía titulada “Crónica do espanto. Galiza 1936” en la que se hacía un breve repaso a esas fechas oscuras del pasado reciente español.
Luego fue el momento de la ofrenda floral, a cargo de sendos hijos de represaliados. Manuel López (hijo de José de la Torre) y Carmen Chapela (hija de uno de los canteros de A Portela), ésta con lágrimas en los ojos, depositaron el ramo en el monumento entre los aplausos de los presentes. “Está ben recordalo despois de tanto tempo. A maior pena que teño é non ter unha foto do meu pai”, señaló posteriormente. El cierre del acto fue la interpretación del Himno de la República, encadenado con el Himno Galego, que cantaron la mayoría de las personas que asistieron al homenaje.



Fonte da Información
Faro de Vigo. Edición Morrazo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2009 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bueu recorda hoxe a morte de Johan Carballeira e outras vítimas da represión franquista
A asociación de Amigos de Johan Carballeira organiza hoxe os actos centrais de conmemoración do fusilamento do ex alcalde budetense e doutros tres veciños da vila o 17 de abril de 1937. O programa de actividades desta xornada está aberta a todos os veciños interesados e ten como obxectivo honrar ás vítimas da represión franquista na localidade e dar coñecer os feitos máis duros da Guerra Civil e a Posguerra.
Os actos comezarán ás 17 horas no monumento a Johan Carballeira na fronte marítima. Este mes cúmprense os dez anos desde que se colocou o monumento, que foi un traballo do escultor cambadés Manuel Paz. O programa prevé a actuación da banda de gaitas de Manxadoira, un recital poético de Xosé María Álvarez Cáccamo e unha ofrenda floral.
A partir das 18 horas proxectarase no Centro Social do Mar unha selección de testemuños sobre a Guerra Civil e a represión posterior en Bueu. Este traballo estivo coordinado desde a Universidade de Santiago a través dun convenio coa Consellería de Cultura. Acudirá a Bueu o historiador Gustavo Herbella García, que explicará o contido do traballo desenvolvido e as súas conclusións principais. Froito deste traballo fixéronse trece entrevistas e graváronse catorce horas, das que hoxe se ensinarán extractos.


Fonte da Información
La Voz de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O Señor Afranio: a película
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2009 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ACTOS DA MEMORIA ABRIL O9
ÁS 17:00
NO MONUMENTO A CARBALLEIRA

OFRENDA FLORAL COA INTERVENCIÓN POÉTICA DE X.M. ÁLVAREZ CÁCCAMO


ÁS 18:00
NO CENTRO SOCIAL DO MAR

PRESENTACIÓN DO PROXECTO:
RECUPERANDO A MEMORIA (PROXECCIÓN DAS ENTREVISTAS FEITAS POLO EQUIPO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO A VECIÑOS DE BUEU)

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2009 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A guerra civil en Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os tempos son chegados: Pola retirada da simboloxía franquista da Coruña e as distincións honoríficas a Franco e a todos os ministros da Ditadura.

Os tempos son chegados. Son chegados para sacar do rueiro da coruña toda referencia ao réxime franquista. Son chegados para quitar toda distinción honorífica a persoeiros que, polo seu pasado, e nalgún caso, aínda presente, non son merecedores dos honores recibidos, honores que recibiron en tempos do réxime franquista. Non queremos a Franco como fillo adoptivo da Coruña, nen tampouco a ningún dos seus ministros, estean aínda con vida ou non. Xa é hora de rematar con toda as referencias a ese réxime criminal que foi o franquismo.

Para elo, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH d’AC) quérevos facer chegar o manifesto que abaixo pego, co obxectívo de que, se o tedes a ben, contestedes a esta mensaxe que vos envío coa vosa adhesión ao mesmo. Para elo, sempre que así o consideredes, non tedes mais que indicar o voso nome e apelidos, e tamén unha referencia ao voso adicamento á vida social, cultural, política, sindical, profesional, etc, para que, ao lado da voso nome, apareza a razón pola que sodes partícipes en calquera campo da vida social no que tomedes parte.

Por se queredes botar unha ollada a algunha xente que vai asinando o manifesto, achégovos en arquivo adxunto unha parte da relación de persoas que fixeron pública a súa adhesión.


E, como para mostra ben vale un exemplo, veredes que a asinatura que fago deste escrito pode servir como unha mostra do que vos pedimos. Por iso, agradecendo e esperando o voso adherimento, non me queda mais que despedirme, non sen antes mandarvos un cordial e afectuoso saúdo.



Rubén Afonso Lobato (Responsable de comunicación da CRMH d’A Coruña)


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Entregáronse os premios Johan Carballeira
O Premio Johán Carballeira segue medrando despois da entrega da decimosegunda edición do certame de a Mario Regueira, e da sexta edición na modalidade de xornalismo a Fernando Arrizado, que recibiron onte os talón que os acreditan como os trunfadores do 2008. Foi un acto sinxelo, no que os autores destacaron os valores engadidos dos premios, que apostan pola recuperación da memoria histórica e do fomento do xornalismo e da poesía feitas en galego.
Regueira venceu co seu traballo "Blues da crecente", elixido polo xurado, entre outros motivos por "representar unha reflexión sobre o amor e as súas condicións existenciais". O poeta subliñou que para el era un honor recibir este premio co que foran galardonados poetas que tanto admira e agradeceu ao concello e á asociación "o importante labro de recuperación da memoria histórica".
De seguido foi a quenda de Arrizado, que gañou o premio cun traballo xornalístico adicado á figura do Foucellas titulado "Réquiem polo Foucellas", e que foi valorado polo xurado pola súa calidade na escrita e pola contribución con datos pouco coñecidos sobre a figura deste Maquis galego. O artigo foi publicado no xornal dixital Vieiros. O xornalista destacou na súa intervención a importancia do premio e felicitou ao concello por contribuír ao fomento do xornalismo e á literatura en galego.
De seguido o alcalde manifestou o seu agradecemento á Asociación de Amigos de Xohán Carballeira polo seu labor de máis dunha década na recuperación da memoria histórica de Bueu a partir da figura do alcalde represaliado. E anunciou a intención de aumentaar a dotación económica dos dous certames.
En representación do colectivo pechou o acto o seu presidente, Manuel Mosteiro, quen sinalou "con orgullo" que a Asociación foi hai máis de dez anos a pionera na recuperación da memoria histórica en todo o país e que contou neses momentos coa colaboración do concello e tamén no momento da colocación do monumento en homenaxe a Carballeira, símbolo de todos os represaliados da vila de Bueu durante os anos da represión franquista. Tamén agradeceu o esforzo do concello na reivindicación da figura de Johán Carballeira como mantedores dos dous certames que levan o seu nome.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-01-2009 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Flores tristes, o primeiro filme galego baseado na memoria histórica
Teo Manuel Abad, pioneiro da videocreación galega dos oitenta, da o salto á longametraxe documental con Flores tristes presentada onte.

Nacido como proxecto no 2006, Flores tristes gravouse en alta definición HDV, intermitentemente entre o 2007 e o 2008. «Estivemos moi condicionados pola apertura das foxas. Ás veces coincidiron varias, o que nos obrigou a dispor dunha segunda unidade», confesa o propio Abad, que titulou a súa película sobre a idea de que «a Guerra Civil provocou un trauma na sociedade galega que se apreza na melancolía das miradas, nunha sorte de tristura que o encheu todo en Galicia, cunha represión que tivo moito de escarmento a unha sociedade que se amosara moi dinámica, aberta e creativa nos anos previos».

Cunha estrutura argumental sostida sobre 16 imaxes de estampas de Castelao , Abad combina testemuños reais de testemuñas (Choncha Comesaña, Díaz Pardo), fillos (Arturo Pérez, Concha Nogueira) e netos con declaracións de historiadores e investigadores, ademais da colaboración de numerosos actores galegos, como Miguel de Lira, Luis Tosar, Carlos Blanco , Mela Casal, Uxía Blanco , Evaristo Calvo, Manuel Lourenzo, Gonzalo Uriarte, Cándido Pazó, Vicente Montoto e Isabel Blanco , entre outros, para a reprodución de textos. Numerosas recreacións (paseos, fusilamentos, mortos nas cunetas), algunhas en 3D, complétanse con imaxes inéditas de arquivo, como unha visita de Franco a Galicia en 1942, procedentes dun documental italiano, e logradas nunha filmoteca británica.


Fonte da Información
A Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2008 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Comunicado Amnistía Internacional
Un ano despois da Lei de "Memoria Histórica", as vítimas da Guerra Civil e o Franquismo teñen pouco que celebrar España mantén o incumprimento das súas obrigacións internacionais en materia de verdade, xustiza e reparación
AI pedirá á Xunta que a exhumación de foxas se faga nun contexto xudicial e garanta a súa compatibilidade coa obriga de investigar xudicialmente crimes contra a humanidade

Vigo.- Un ano despois da adopción da "Lei pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura", chamada Lei de "Memoria Histórica", Amnistía Internacional (AI) expresa a súa decepción e preocupación pola resposta do Estado español aos dereitos das vítimas.
"Ata o de agora, esta Lei desenvolveuse parcialmente, con lentitude, utilizouse para opoñerse á investigación xudicial de crimes contra a humanidade e non achegou ao Estado español ao cumprimento das súas obrigacións internacionais coa verdade, a xustiza e a reparación das vítimas do franquismo e a guerra civil", declarou Alberto Estévez, voceiro de AI en Galicia.
Cando se adoptou esta Lei hai un ano, AI considerouna un lixeiro paso adiante, pero hoxe continúa lonxe das obrigacións internacionais de España e, ata o de agora, non contribuíu de forma decisiva a saldar a débeda pendente coas vítimas que padeceron graves violacións de dereitos humanos.
"É un desenvolvemento regramentario de lentitude exasperante, só a final de ano, a remolque dos acontecementos xudiciais, o Goberno ditou algunhas disposicións para o desenvolvemento e a aplicación do establecido na Lei. E o disposto concéntrase só en medidas simbólicas ou de escaso significado para garantir verdade, xustiza e reparación" asegura Estévez.
No que respecta á compatibilidade da Lei coas accións xudiciais, o panorama é aínda máis crítico, pola incerteza e conseguinte aprazamento para os dereitos das vítimas como resultado das actuacións do Ministerio Fiscal e a decisión do Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional o pasado 2 de decembro de 2008. Os últimos superviventes e as familias, para quen o tempo xoga en contra, continúan se atopar satisfacción nin recursos efectivos.
Ademais, a Lei foi utilizada, polo Ministerio Fiscal e outras autoridades, como argumento para opoñerse á obriga do Estado de investigar en sede xudicial os crimes do pasado e de recoñecer os dereitos das vítimas segundo as normas internacionais.
Petición á Xunta
En novembro, a Consellería de Cultura anunciou un acordo para a exhumación de foxas en Galicia co Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), que se ocupará dos estudios aantropolóxico-forenses, e o Instituto de Medicina Legal (Imlus) da USC. Segundo o convenio da Consellería coa Universidade de Santiago, a apertura de foxas farase a petición dos descendentes das víctimas ou de entidades que os representen, e será coordinada pola Consellería. "En xaneiro pediremos unha entrevista coa Consellería porque as exhumacións deben facerse nun contexto xudicial e respetar as normas internacionais ao respecto", declarou Alberto Estévez, voceiro de AI en Galicia.

Valoración de Amnistía Internacional sobre o recoñecemento dos dereitos á verdade, á xustiza e á reparación que teñen todas as vítimas e a súa aplicación en España

Dereito á verdade
O que marcan as normas internacionais
As vítimas e as súas familias teñen o dereito imprescritible a
coñecer a verdade. Os Estados deben adoptar as medidas adecuadas para facer efectivo este dereito incluídas as necesarias para garantir o funcionamento independente e eficaz do poder xudicial, para facer efectivo o dereito a saber. Os Estados poden incluír mecanismos que complementen a función do poder xudicial para contribuír a esclarecer a verdade e impedir a desaparición de probas.
O que se fixo en España durante o 2008
Persistiuse en trasladar ás asociacións, familias a vítimasa tarefas propias do Estado, e asignáronse subvencións para funcións que son impropias de ser levadas a cabo por particulares como as exhumacións e, no seu caso, a identificación das persoas vítimas de desaparición forzada durante a Guerra Civil ou durante a represión política posterior.
Non se proporcionou a información necesaria ao Grupo de Traballo de Nacións Unidas sobre Desaparicións Forzadas ou Involuntarias respecto da investigación sobre os casos remitidos a este organismo internacional.
Dereito á xustiza
O que marcan as normas internacionais
Toda vítima dunha violación manifesta das normas internacionais de
dereitos humanos ou dunha violación grave do dereito internacional humanitario ten dereito a un recurso xudicial efectivo O que fixo España durante 2008
O Ministerio Fiscal opúxose ao exercicio da función xurisdiccional alegando prescrición e a aplicación da Lei de Amnistía de 1977 aos crimes denunciados ante a Audiencia Nacional. Isto é incompatible coas obrigacións internacionais do Estado español. Pola súa parte, o Pleno da Sala do Penal da Audiencia nacional, co seu auto do 2 de decembro de 2008, en lugar de protexer os dereitos das vítimas, prolonga a súa peregrinaxe incerta na busca de verdade, xustiza e reparación pola súa conta a través dos xulgados territoriais.
Dereito á Reparación
O que marcan as normas internacionais
As vítimas de violacións manifestas das normas internacionais de dereitos humanos e de violacións graves do dereito internacional humanitario teñen dereito a interpoñer recursos e obter reparacións. A reparación ten que ser proporcional á gravidade das violacións e ao dano sufrido e os Estados deben procurar establecer programas nacionais de reparación e outra asistencia ás vítimas cando o responsable dos danos sufridos non poida ou non queira cumprir coas súas obrigacións.
O que fixo España durante 2008

As disposicións adoptadas polas autoridades españolas nas últimas semanas limitáronse a aquelas de escaso significado, como a declaración de reparación e recoñecemento persoal para as vítimas.
No límite da data prevista pola Disposición adicional Sétima da Lei iniciouse o desenvolvemento de normas sobre o dereito de opción á nacionalidade española. Igualmente, ditáronse disposicións relativas á concesión da nacionalidade aos voluntarios integrantes das Brigadas internacionais, colectivo con xa moi poucos superviventes e de idades moi avanzadas.
No que respecta ás indemnizacións, reguláronse ás condicións a favor de persoas falecidas ou con lesións que ocasionan discapacidade polas súas actividades en defensa da democracia (do 1 de xaneiro de 1968 ao 6 de outubro de 1977).
O 15 de decembro, o Consello de Ministros aprobou a creación da Oficina para as Vítimas da Guerra Civil e da Ditadura, para facilitar a información necesaria no exercicio dos seus dereitos ás persoas que o precisen.
Recomendacións de Amnistía Internacional ás Autoridades Españolas Sobre o dereito á verdade:
Proporcionar resposta con información substantiva ao Grupo de Traballo de Nacións Unidas sobre Desaparicións forzadas e involuntarias, sen máis dilación.
Cumprir as recomendacións do Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas de outubro de 2008, que inclúe: "prever a creación dunha comisión de expertos independentes encargada de restablecer a verdade histórica sobre as violacións dos dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e a ditadura".
Sobre o dereito á xustiza
Garantir os dereitos das vítimas á xustiza e a contar con recursos efectivos e idóneos. Na elaboración dun protocolo de actuación científica e multidisciplinar que asegure a colaboración institucional e unha adecuada intervención nas exhumacións deberase garantir a súa compatibilidade coa obriga de investigar xudicialmente respecto de feitos constitutivos de crimes internacionais.
Non opoñer, ante denuncias en sede xudicial, mecanismos de impunidade incompatibles co dereito internacional, e eliminar da lexislación española as disposicións sobre amnistía cuxa aplicación puidera pretenderse para impedir a obriga de investigar crimes contra a humanidade.
Sobre o dereito á reparación:
Adoptar as medidas necesarias para que as vítimas de graves abusos contra os dereitos humanos poidan exercer o seu dereito á reparación de forma compatible coas normas internacionais.
Información xeral
O 26 de decembro de 2007 foi adoptada a "Lei pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas a favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura". A Disposición final primeira habilitou ao Goberno e aos seus membros para ditar cantas disposicións fosen necesarias para o desenvolvemento e aplicación do establecido na lei. A Disposición Adicional Segunda estableceu que as previsións contidas na mencionada Lei son "compatibles co exercicio das accións e o acceso aos procedementos xudiciais ordinarios e extraordinarios establecidos nas leis ou nos tratados e convenios internacionais subscritos por España".
A finais de outubro de 2008, o Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas recordou ás autoridades españolas que os delitos de lesa humanidade son imprescritibles e sinalou que as amnistías relativas ás violacións graves dos dereitos humanos son incompatibles co Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos. O Comité, aínda que tomou nota con satisfacción das garantías dadas por España no sentido de que a chamada Lei de "Memoria Histórica" prevé que se esclareza a sorte que correron os desaparecidos, observa con preocupación as informacións sobre os obstáculos con que tropezaron as familias nas súas xestións xudiciais e administrativas para obter a exhumación dos restos e a identificación das persoas desaparecidas.


a
Amnistía Internacional Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2008 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
© by Abertal