A partir deste día 2 de xaneiro, comezamos cunha grande ilusión o que será o noso primeiro disco...
Estamos poñendo o mellor de cada un e un gran cariño para poder expresar o que a música nos fai sentir por dentro e poder transmitir ese mesmo sentimento...
Aínda haberá que esperar para ver o resultado, pero estamos seguros que vos sorprenderemos gratamente!
Tamén queremos aproveitar para desexarvos un feliz aninovo a todos!!!
Os vindeiros días 21 e 22 de novembro a Asociación Fogo Fatuo celebra o II Certame-Concurso de Música Tradicional.
Se queredes participar tendes as bases e as follas de inscripción na súa páxina web (tendes un enlace na nosa).
Moita sorte para todos e que sexan uns días de puro folclore!!!!
O pasado sábado congregáronse na parroquia teense de Vilariño máis dun centenar de persoas para rendir homenaxa ao músico e director, Don Gervasio Salgueiro Estévez.
Foi un acto moi emotivo que alcanzou o seu climax cando se lle fixo entrega dos agasallos conmemorativos; unha batuta de prata e un prato de recordo. Tamén se descubriu unha placa no seu nome no palco onde se celebrou dita homenaxe.
Ao final da homenaxe Don Gervasio fixo gala das súas dotes de director, dirixindo a todos os músicos presentes interpretando o Himno Galego.
O sábado día 5 de setembro as 18.00 h, realizarase na parroquia de Vilariño un ben merecido homenaxe ao musico e director Don Gervasio Salgueiro Estévez; organizado pola A.C A Regionalista.
Actuarán a Banda Cultural de Teo e o Grupo de Música Tradicional "Alvariza".
Esperamos que asistades todos e que a ser posible difundírades esta mensaxe. GRAZAS
Este sábado día 1 de agosto quedades tod@s invitad@s ao festival que ven celebrando a ASC Fogo Fatuo por estas datas. Terá lugar en Rianxo, na praza do concello ao redor das 22:00h. Estarán acompañados por A.C Nós de Vilaxoán.
Os días 8 e 9 de agosto a comisión de festas de Rois organiza o primeiro festival "SONS MAMEDE", non faltedes e disfrutade da boa música en directo!!!
Como non, nos estaremos alí...
Este ano miles de personas se congregaron para disfrutar do festival "Música na Noite" na parroquia de Calo. Según din as noticias no último día asistiron máis de 4000 persoas.
Estivemos encantados de poder participar neste festival e a xente respondeu moi ben a nosa música. Tamén tiveron unha gran actuación as nosas compañeiras de escenario Lelía e Banda e Fía na Roca...
Se queredes ver as referencias nos periódicos so tendes que pinchar no link que ten o mesmo nome no voso marxe esquerdo.