Blog d@s alumn@s do IES Sofía Casanova
Comezo do curso no Consello Escolar
O pasado día 28 de outubro pola tarde tivo lugar na sala de xuntas do noso instituto un Consello Escolar Ordinario cos seguintes temas:
1.º A aprobación das actas dos Consellos anteriores.
Aceptouse todo por unanimidade.
2.º A Elección de días non lectivos.
Como acordamos nas xuntas de delegados, os representantes do alumnado pediron os días 9 de decembro (martes) e 30 de abril (mércores). Ó estaren tódolos estamentos da comunidade educativa a favor, quedaron elixidos como días non lectivos.
3.º e 4º. A Aprobación do Proxecto Sociolingüístico de Centro (PDC) e do Proxecto Lingüístico do Centro (PLC).
Neles un grupo de traballo retratou a situación lingüística no noso instituto e decidíronse que materias impartir en galego e cales en castelán.
5.º A Aprobación do Plan Xeral Anual do Centro e do Plan de actividades complementarias e extraescolares.
Trátase dun documento que redacta a xunta directiva no que está plantexado todo canto ocorre durante o curso escolar vixente. Á súa vez, o Plan de actividades complementarias fixa as saídas que realizará o alumnado ó longo do ano.
6.º Información sobre a renovación do Consello Escolar. Sorteo dos membros das mesas electorais.
Neste punto, deuse constancia de que nun mes haberá unhas eleccións ó Consello Escolar coas que se cubrirán 3 das 4 prazas do alumnado.
Cómpre recordar a tódolos alumnos que o Consello Escolar é o máximo órgano de goberno nos institutos de educación secundaria e bacharelato, que nós somos os primeiros beneficiados da educación que alí recibimos e que formamos un amplísimo colectivo (sobre 600 alumnos). Por iso, hai que ser conscientes da importancia vital que ten estar representado. O centro anima ós alumnos a que sexan conscientes de todo isto e que fagan o posible para estar sempre representados. En resumo, vemos moi importante que haxa xente que se presente a estas eleccións para que os alumnos formen parte do goberno do instituto. Finalmente, procedeuse ó sorteo dos membros da mesa electoral, que xa foron informados.
7.º Participación na Mostra do Ensino os días 7, 8 e 9 de maio de 2009.
O centro, en principio, ten pensado asistir á dita exposición que terá lugar na Feira Internacional de Mostras do Noroeste (FIMO) a próxima primavera.
8. Propostas e preguntas.
FINAL DO CURSO 2007 - 2008
O pasado mes de xuño remataron as clases e entregáronse as notas ordinarias. Agora, moitos se están a inscribir na Oficina de Secretaría para o curso que ven. Ata o próximo setembro non voltaremos todos ás clases.
Os alumn@s do IESR icardo Carballo Calero fixeron un manifesto en contra da lei do anteproxecto de bacharelato.
DE BACHARELATO
Reunida a Xunta de Delegad@s do IES Ricardo Carballo Calero en convocatoria ordinaria, o pasado 6 de maio de 2008, para analizar o anteproxecto de Bacharelato presentado pola Xunta de Galiza, considera que se deben tomar medidas
urxentes en contra desta proposta.
Analizado detidamente o documento debemos destacar os seguintes puntos:
1. Redución do horario da materia de Filosofía e ampliación do seu contido
programático.
2. Incorporación da materia de Relixión no curso de 2º de BACH, suprimindo unha
hora á semana da materia de Historia de España, materia da que nos examinaremos
na proba de acceso á universidade e da que dependerá a nosa nota para a media.
As nosas intencións son as seguintes:
1. Tender pontes de diálogo cos organismos competentes para elaborar conxuntamente,
todos os colectivos implicados, un Decreto de Bacharelato adecuado á sociedade na
que vivimos, na que consigamos por fin unha educación laica, libre, respectuosa
coas diferentes ideoloxía relixiosas dos membr@s da nosa Comunidade Educativa,
progresista e de calidade, formando persoas capacitadas para realizar unha carreira
profesional, un ciclo formativo ou saír ao mundo laboral.
Para isto, nós, propoñemos as seguintes solucións e accións:
1. Creación dun escrito polos colectivos dos respectivos centros de ensino do Concello
de Ferrol ou adhesión ao presentado por nós (adxunto).
2. Solicitar a convocatoria dun Consello Escolar Municipal de urxencia para tratar este
tema e enviar xunto cos demais escritos, un coas deliberacións deste organismo.
3. Concentración de toda a comunidade educativa de Ferrol e comarca ante as portas
de cada centro, o vindeiro venres 16 de maio ás 12:00, para reivindicar o noso
desacordo con este anteproxecto e facer presión, convocando á prensa e estendendo
desde cada centro, unha pancarta. Deberase contar coa colaboración de todos os
centros de ensinanza de Ferrol e comarca, xa que pola contra esta medida non sería
útil nin eficaz.
4. Colocar no portal de incio da páxina web do centro o cartaz de reivindicación
(adxunto).
Caranza-Ferrol, a 6 de maio de 2008
O PRESIDENTE,
Asdo.: Aitor Bouza Mans
Manifesto chegado dende as CAF
académico. Intolerábel por que no primeiro curso de Bacharelato reducirase unha hora semanal nas materias de Filosofía e Educación Física. A primeira desta, malia reducir o seu horario amplía o currículo e pasa a ser Educación e Cidadanía, imposibilitando que se poida afondar nos contidos desta materia
dende unha perspectiva crítica, propia e galega. A redución horaria en Educación Física suporá deixala practicamente a cero e cunha carga horaria inferior á de relixión.
Intolerábel por que no segundo curso de Bacharelato redúcese unha hora semanal a materia deHistoria, o que sen dúbida conlevará a imposibilidade de coñecer a nosa historia. A situación é máis preocupante ao ser esta unha materia das materias con máis cantidade de contidos en Bacharelato.
Aínda que máis intolerábel é que a hora restada en Historia pasará á relixión, polo que esta materia impartirase tamén en segundo de Bacharelato. Cuestión inaceptábel para os Comités Abertos de Estudantes, polo que se segue lexitimando o adoutrinamento relixioso no ensino.
Queremos denunciar o retraso á hora de presentar este Anteproxecto, o que imposibilitou a falta de participación e debate do estudantado e do profesorado neste mesmo antes da súa aplicación. Ademais, denunciamos que a Consellería de Educación fixo ouvidos xordos ás emendas presentadas pola CIG-Ensino, sen aceptar ningunha delas. Polo tanto, os Comités Abertos de Estudantes reclamamos, tal e como fixo o sector de ensino da
CIG:
Anteproxecto de Bachalerato:
INTOLERÁBEL! 7 / 4 / 2008
A supresión da relixión do currículo e do horario escolar. Polo que quen queira estudar esta materia, fágao fóra do horario escolar, polo que esta imposición non se traduza na redución horaria de materias esenciais.
Aumento nunha hora do horario escolar na materia de Filosofía e Cidadanía no primeiro curso de Bacharelato, como tamén o aumento do horario no segundo curso de Historia. Que se inclúan como materias optativas de oferta obrigatoria en todos os centros de ensino galego as materias de Historia de Galiza, Literatura Galega do s.XX e Filosofía e Ciencia. E finalmente, reclamamos que ademais das materias de obrigada impartición en galego, se impartan na nosa lingua as materias optativas e as propias de cada modalidade.
pd: Chegado ao noso correo por mail, e publicado para que o poidan ler tod@s @s alumn@s que o desexen. Coma sempre recordarvos que vos podedes poñer en contacto online sempre que o desexedes. Un saúdo(Felipe)
REUNIÓN DE DELEGAD@S
A orde do día é a seguinte:
1. Comentar temas a tratar no Consello Escolar (29/IV):
1.1. Admisión de alumnado para o próximo curso
1.2. Petición dun novo ciclo de Educación Infatil
2. Espellos nos servicios dos alumnos
3. Cascudas no centro
4. Calendario de final de curso
5. NOVIDADES CURSO 2008-09:
5.1. Matemáticas de 4º ESO
5.2. Bacharelato LOE
5.3. Obras do ximnasio
5.4. Optimizar desdobres
5.5. División de aulas de Diversificación Curricular
6. Preguntas e propostas
Prégase a asistencia; de faltaren os delegados, deberán ir os subdelegados.
Manifesto do sindicato
"SINDICATO DE ESTUDANTES
Galiza: ¡Non á eliminación do Tren Rexional!
¡Transporte público para traballadores e estudantes!
O Ministerio de Fomento prevee eliminar todos os trens rexionais de Galicia por mor da entrada en funcionamento do AVE. Os primeiros pasos cara á desaparición destes trens será a eliminación progresiva dunha serie de estacións e paradas, empezando de inmediato coa supresión da estación de Portas e seguindo coas de Catoira, Pontecesures e Padrón; a día de hoxe, ata Vilagarcía de Arousa non ten asegurada unha parada do novo Tren de Altas Prestacións, mal chamado AVE atlántico, moito máis lento que este pero igual de caro; o prezo do billete oscilará entre 2,5 e 3,5 veces máis que o actual Rexional.
Necesitamos un transporte público e digno
Somos moitas as persoas que empregamos o tren rexional para desprazarnos ás cidades desde o rural. E a inmensa maioría somos traballadores e estudantes de familias traballadoras. Poucos ricos viven aquí. A supresión de paradas afecta aos sectores máis populares. Da dereita esperabámolo, pero o que é incrible é que un goberno Central e unha Xunta de esquerdas ataquen xusto a quen debesen defender: estudantes e traballadores. Este ataque é unha volta de torca máis que engádese as pésimas comunicacións que sufrimos no rural.
Non podemos renunciar ao transporte público. O mantemento do Tren Rexional é a única alternativa ata que non se poña en marcha un Servizo de proximidade para o que non hai nin planos nin proxecto; así as cousas, os que vivimos no rural podemos estar décadas sen tren. O Ministerio de Fomento debe garantir a todos os traballadores un transporte público digno, máis aló de criterios de rendibilidade. Se falta diñeiro, que lle suban os impostos aos grandes empresarios, que veñen facendo de ouro nestes anos.
¡A Xunta ten que actuar!
Namentres, lamentablemente, a Xunta lávase as mans. A conselleira de Política Territorial incumpriu a palabra dada aos veciños de Portas de responder á súa demanda. ¡A Xunta ten que esixir de inmediato ao Ministerio de Fomento que se manteñan todas as estacións! Pola súa banda, os dirixentes de PSdG, BNG, así como de CC.OO, UXT e CIG deben tomar cartas no asunto de inmediato. Emprazamos á dirección da esquerda a comprometerse publicamente na defensa do transporte público en xeral e particularmente no rural.
A Plataforma en Defensa do Tren Rexional
Os membros da Coordinadora de Portas demostraron estes últimos meses unha enorme combatividade e un espírito de sacrificio encomiables a pesar de ser ninguneados en todas as administracións e ser obxecto de ameazas ao máis puro estilo caciquil polo seu alcalde, militante do PP. Han visto que o único xeito de levar adiante a loita é organizándose. Para iso formouse a Plataforma en defensa do Tren Rexional, constituída por varios colectivos veciñais, asociacións ecoloxistas, sindicatos ferroviarios e o Sindicato de Estudantes que, a proposta deste, convocou unha manifestación en Santiago de Compostela para principios de Maio.
No S.E. xa nos puxemos ao choio, dando a coñecer o conflito entre os universitarios por medio de reparticións de follas explicativas nas estacións de Santiago e Vigo, empapelando as facultades e recollendo firmas de apoio.
Formar comités de estudantes en defensa do Tren Rexional
Desde o S.E facemos un chamamento ao estudiantado para formar xa comités estudantís en defensa do tren rexional. Animámosche a participar neles, apuntándoche na nosa dirección de correó electrónico: Galiza@sindicatodeestudiantes.org
Sindicato de Estudantes. Compostela. "
CONSELLOS ESCOLARES DO DÍA 29 DE XANEIRO
Orde do día:
1.º Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2.º Informe da Dirección.
3.º Aprobación das contas do ano 2007.
4.º Aprobación dos orzamentos do 2008.
5.º Aprobación dos prezos de cafetería.
6.º Propostas e preguntas.
Nesta primeira sesión, aprobouse por unanimidade a acta da sesión anterior.
A continuación, a Dirección do IES expuxo o proxecto do polideportivo que virá a substituír a zona do actual ximnasio maior. Será un edificio de dúas alturas do tamaño dunha cancha de baloncesto + vestiarios e departamento.
As contas do 2007 e do 2008 non tiveron ningunha sorpresa, polo que foron aprobadas, ó igual que os prezos de cafetería, que incrementou de media 10 céntimos os seus prezos.
En canto ós rogos e preguntas, o alumnado pediu de novo espellos nos lavabos, pero non se poden gastar os cartos en espellos ata que o alumnado deixe de utilizar tanto papel (hixiénico e folios) e de crear tantos desperfectos como o pasado ano.
II. Consello Extraordinario
Constitución do Observatorio de Convivencia do Centro.
Este novo órgano que ven de crear a consellería pretende ser un equipo que vixíe as relacións conflitivas dentro do alumnado e que renove as normativas de convivencia do centro. Presentouse como candidato do alumnado Felipe Vázquez, que pasará a formar parte de dita entidade.
Para a máis mínima consulta e/ou proposta contáctade con nós a través de calquera medio. Gracias
REUNIÓN DE DELEG@S
Agradecerémosvos toda canta proposta fagades. (Hoxe actualizou Federico)
Un conflito que sega vidas de estudantes e destrúe escolas con escavadoras, balas, tanques e bombas.
feridos graves houbo un corte da luz que provocou que moitos tódolos aparellos eléctricos non puidesen funcionar, ditos aparellos como respiradores e desfribiladores son moitas veces indispensábeis para manter  a un ferido grave con vida.
Tamén se nos achegaron fotos dos danos que están a causar as incursións con carros do exército na poboación civil palestina así como os chamados “asasinatos selectivos” . Entre estas información atópase un manifesto que nos achegou a fundación Fuco Buxán, no cal se pide que os organismo internacionais o estado sionista se comprometan pola paz.
Dende o noso punto de vista de  estudantes, menores de idade e civís debemos chegar ao  de vista de que nos pasaría se en lugar de vivir en Galicia o fixésemos en palestina ou en Israel. Ámbolos dous pobos  están inmersos nunha guerra que continuamente sega vida polo que debemos pedir o fin da violencia, xa sexa a exercida polos terroristas, xa sexa a exercida polos estados. A violencia xamais ten xustificación, e todo acto violento debe ser rexeitado.
OS PERIGOS DA REDE
Penso que si respondedes estas preguntas a maioría chegaredes a unha conclusión doada de ver, a internet estanos a restar intimidade. Eu por exemplo teño admitidas no msn  a unhas duascentas persoas, unha oitava parte delas non as vin na vida, poida que sexan o que din ser (rapazas que me queren coñecer e amigos dos que xa me esquecín), de feito seguramente a maioría non mintan pero hai unha pequena seguramente sexan impostores. Nos anos que levo usando o msn admitín a xente de todo tipo , dende un marroquí  que me ofrecia ser o meu socio nun negocio de importación de droga a través do estreito ata un descoñecido que me mandaba virus.
Se algo teño claro é que hai que andar con moito ollo cando naveguemos pola rede, cousas que a simple vista nos parezen inocentes poden ser empregadas por xente con poucos escrúpulos para sacar cartos. Por exemplo, se nos sacamos unha foto na praia e a colgamos na rede pode ser usada por calqueira outra persoa, mesmo  que acabe nas mans nun pervertido o que a use para sacar cartos, se aínda por enriba as fotos son de menores ese pervertido pode gañar moitos cartos pero o que esta a facer é un delito.
Tamén deixamos na rede demasiados datos dos que deberiamos deixar, a min faime graza sobre todo cando a policía detén a unha persoa grazas ao vídeo que esta colgou no youtube. Pois aínda que vos pode parecer difícil obter a dirección da persoa que publicou algo na rede non o é, calquera hacker é quen de facelo en escasamente dous minutos. Ocorre o mesmo coa información que colgamos nos metros, se por exemplo colgamos as fotos da borracheira da finde baixo o título eu que sei “Sara e Pepita no botellón de Pontedeume” non sería de estrañar que chegase os oídos dos nosos pais pois tal vez se lles ocurra buscar no google  “Sara e Pepita Pontedeume”  acedendo así  a foto da soada esmorga xunto cos comentarios dos vosos amigos.
Sinceramente a min tanto me ten o que colguedes ou non, de feito eu teño metro, só vos digo que teñades coidado e que colguedes só o que non vos importe que a toda xente poida ver pois unha vez que esta na rede pode velo todo o mundo, dende os vosos compañeiros de clase, a vosa  profesora pasando claro esta pola policía informática.
Tan só dicirvos unha cousa máis que me pediron que vos dixera, pode parecer unha chorrada pero os metros e fotos están a provocar conflitos que ata chegan as mans. Non sexades parvos, se vedes que vos insulta alguén borrade o comentario e se é un usuario rexistrado bloqueádeo sen máis. Xa bastante  violencia hai no mundo coma para que agora nos pelexemos porque  fulano nos puxo unha tontería no metro.
Outras veces o que ocorre é que lle pasamos a alguén unha foto que logo colga na rede, esa foto pode ser comprometida ou non, a solución o problema é o seguinte non pasar ese tipo de fotos e si xa o fixestes o colgaron na rede acnsellevos que a reportedes alegando ©, insultos ou o que se vos ocorra.
Un saúdo a todos e espero que vos resulte útil a información, de non ser así perdón por vos facer ler tanto. (Hoxe actualizou Felipe)
pd: un video ilustrativo