O aletófilo do morrazo
Nova campaña a prol do galego
Pronunciamento do Consello da Cultura Galega
Para os que esteades interesados nel déixovos o enlace:
MODELO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS CONTRA O DECRETAZO CONTRA O GALEGO
O obxectivo destas alegacións é mostrarmos directamente á Consellaría de Educación a oposición da maioría da sociedade galega a este decretazo.
Don/ Dona…………………………………………. con DI……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….
En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes
ALEGACIÓNS
O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro:
1)   Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.
2)   É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.
3)  Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.
4)   É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.- O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos
5)  Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.
6)   Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.
Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.
Por todo isto
SOLICITA
A aplicación real e efectiva do decreto 124/2009 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego.
Asdo:
Don/ Dona
En ……………………….a.. de xaneiro de 2010
Que agocha o decreto do ensino do PP?
Este novo decreto baséase nunha falsidade de partida verbo do decreto anterior, xa que afirma literalmente:
“O Decreto 124/2007, de 28 de xuño de 2007, orientouse nomeadamente cara á obtención dunha competencia axeitada en lingua galega no ensino obrigatorio, sen o establecementeo dun número ou porcentaxe mínima de materias impartidas en lingua castelá…”
Esta  aseveración do novo decreto é unha falsidade manifesta e supón a gran mentira electoral do  PP. O decreto do bipartito estable que se impartan en lingua galega o 50% das materias do ensino e polo tanto o outro 50% das materias impartirase en lingua castelá. Porque este decreto non obvia que en Galicia no sistema educativo galego deben convivir por igual dúas linguas, o galego e o castelán.
Pero isto non é o maior dos perigos do novo decreto, posto que xa estamos afeitos a que o Partido Popular  fundamente as súas campañas na falsidade: “os coches da Xunta do Bipartito”, “as galescolas”…. O máis perigoso do novo decreto é o intento de acabar co galego dente a propia administración que o debe defender, fomentar e empregar. Esta afirmación que veño de facer non é de balde, fundaméntase nunha lectura de vagar do novo decreto.
1º.- O galego deixa de ser a lingua vehicular do ensino, xa que a administración limitarase a “promover o uso do galego”, afirmación que non compromete absolutamente a nada. Así se manifesta no propio texto.
“Na adrministración educativa de Galicia… promoverase a utilización da lingua galega e fomentarase o seu uso oral he escrito tanto nas relacións mutuas e internas, como nas que manteñan coas administracións territoriais e locais galegas e coas demais entidades públicas e privadas de Galicia, sen que isto supoña unha restricción dos dereitos do persoal docente.”
Segundo a afirmación final do apartado anteriormente mencionado se o docente se nega a empregar o galego nada o obriga a facelo, apelando sempre aos seus dereitos.
2º.- “As programacións e outros documento didácticos das materias de lingua redactaranse, con carácter xeral, na lingua respectiva.”
Que acontece logo nos mateirias das materias que se impartan en galego? Segundo o decreto poderían presentarse en castelán, non hai nada que o impida.
3º.- “Nas actuacións administrativas de réxime interno dos centro docentes,… fomentarase o uso da lingua galega… Ademais dos procedementos iniciais de oficio, tamén se fomentará o uso do galego nos procedementos tramitados por petición dos interesados…”
A partir da aprobación do Decreto os Centro Educativos non teñen a obriga de empregar o galego en ningunha das súas cominicacións internas, nada os obriga.
4º.- Se analizamos o decreto por niveis educativos vese clara a intencionalidade de que a presenza da lingua galega sexa testemuñal na Educación Infantil xa que o documento sitúase na máis completa ambigüidade e deixa en mans dos pais a elección lingüísitica. É curioso que non haxa problema para que o administrado dirixa a política lingüística deste país, pero non se lle permita elixir as materias que o seu fillo debe cursar, o tipo de ensino que desexa para os seus fillos, se a relixión se imparte nas escolas, sobre os impostos que quere pagar, sobre como deben investirse os orzamentos da Xunta. Como a lingua non é importante que sexan os pais quen deicidan, sobre o resto decide o goberno que para iso está.
Na Educación Infantil os pais elixen cal é a lingua predominante do alumnado. Gustaríame saber que vai acontece nos centros nos que os pais decidan que a lingua predominante é o galego cos nenos de familias castelán falantes. Seguirán berrando como ata o de agora ou permitirán que os seus fillos se escolaricen en galego? Seguirán falando de persecución lingüística do castelán os membros de Galicia Bilingüe nestes casos?
Na Educación Primaria, na ESO e no Bacharelato o galego perde claramente terreo, ademais de non se a lingua vehicular da administración destes centros, pasa do 50% de materias ao 30%, ademais de perder Coñecemento do medio natural, social e cultural e Matemáticas, que se poderán impartir en castelán. Onde está a mellora do galego con este decreto.
“…establécese que un terzo das horas semanais se oferte en galego e outro terzo en castelán…”
“Coñecemento do medio natural, social e cultural e Matemáticas, unha impartirase en galego e outra en castelán segundo a opinión das familias.”
Outro aspecto totalmente aberrante é o apartado adicado á utlización das linguas. Neste apartado ráchase completamente cos usos orais e escritos das linguas, e mesmo resulta antipedagóxica a proposta. Cada alumno pode empregar na aula a lingua que lle pete independentemente da lingua vehicular da materia. Sen trivializar este aspecto que considero de moita gravidade, sería o mesmo que se nas manterias que non son de lingua se lles permitise ao alumnado escribir como lles dese a gana, sen coidar o rexistro lingüístico, a terminoloxía e as corrección ortográfica. Preténdese acadar a normalidade lingüística e a competencia baseándose en que un sempre empregue a lingua que máis domina, non acadando nunca a competencia necesaria na outra. Isto é dende logo do máis pedagóxico.
“En todas as áreas, materias ou módulos impartidos en galego ou castelán o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia.”
5º.- O decreto bre as portas a non ter que demostrar a competencia lingüística en galego nas oposicións. Isto é o que se agocha no punto 12 do decreto adicado á Formación dos funcionarios e funcionarias en prácticas.
“…realizará durante a fase de prácticas un curso de formación específico de terminoloxía, estilos, linguaxes propias de especialidade e aspectos sociolingüísticos, que lle permita desenvolver en galego as súas funcións e tarefas.”
Quen pode afirmar que ese mesmo curso non se lles proporá a todos os non coñecedores do galego que aproben as oposicións sen necesidade de examinarse en galego?  Tempo ao tempo.
Queda ben claro despois desta lectura de vagar do decreto que se este proxecto non cambia é a sentenza definitiva paro o galego como lingua do noso país. Desexaría equivocarme nesta afirmación pero parece difícil que non sexa así. O tempo dará o quirá razóns a esta afirmación.
A Santa Compaña I