| Aletófilo 'termo inventado por Sarmiento que se refire á persoa que está preocupada pola súa terra' |
|

|
| QUEN SON? |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Carta aberta a Núñez Feijoo sobre o coche oficial |
|
| Para demostrar que a retranca galega non ten límites. |
|
|
|
|
| O tempo político |
|
 Non vou ser eu quen defenda que os políticos deban perpetuarse nos seus cargos. Todo o contrario, por saúde política deben ter a capacidade de xestionar a súa dimisión. O que non deben facer nunca e deixar que sexan os demais os que marque o seu tempo de decesión.
Este reflexión inicial ben ao pairo do que está a acontecer coas cabezas bisibles do bipartito galego. É abraiante que políticos de longo percorrido como é o caso de Touriño e Quintana se deixen manexar polo PP e por uns medios de comunicación que tan pouco neutrais foron na campaña electoral.
A dimisión do líder dos socialistas galegos prodúcese incluso antes de que remate o reconto dos votos. Isto non fixo máis que afirmar a mentira popular de que o PP viña de arrasar en Galicia. Nada máis lonxe da realidade, o resultado final destas eleccións deixou ao PSdG no mesmo lugar que quedara hai catro anos. Ademais non se pode esquecer que Touriño, que cometeu erros no seu mandato, foi o que sacou aos socialistas galegos do fracaso das penúltimas eleccións de Fraga e quen levou ao seu partido á presidencia da Xunta.
Por outra banda, a dimisión de Anxo Quintana e do Consello Nacional tamén é un erro. Obviamente non se pode esquecer que o BNG perdeu nestas eleccións un deputa, o que permitiu a raquítica maioría absoluta do PP. A mesma raquítica maioría que catro anos antes permitiu gobernar ao bipartito. E que eu lembre ninguén dimitiu no PP galego por estes resultados. Quintan manifestou dende as resultados electorais que o BNG cometeu erros, pois se o ten tan claro debe ser el quen lidera a fronte para corrixilos.
O que máis me alporiza é que sexan os que nunca dimiten, nin en casos de corrupción, os que veñan a dirixir o ritmo política da esquerda. E o máis grave aínda é que os líderes da esquerda entre como años no seu xogo. Non é o momento de marchar é o momento de controlar no Parlamento que o labor feito nestes catro anos non sexa convertido en cascallos pola mínima maioría do PP.
É o momento de demostrar aos que cremos na esquerda e no nacionalismo que aprenderon dos seus erros e saben corrixilos. Tristemente o único que están facendo Touriño e Quintana e converter unha falsidade do PP, 'o arrase electoral en Galicia', nunha verdade para os cidadáns. O que teñen que facer é recoñecer os erros e corrixilos para volver a gobernar dentro de catro anos. E non fuxir co rabo entre as pernas como se estes catro anos foran un desastre político, que non o foron.
Neste país noso os militantes de esquerda e os nacionalistas esiximos a quen os representa a responsabilidade que nunca lle esixiremos á dereita. Por que teñen que marchar Touriño e Quintana cando non o fixeron os líderes do PP galego hai catro anos? Por que admitimos que Rajoy o perdedor de dúas eleccións siga dándonos leccións de ben facer? Sexamos críticos cos nosos líderes políticos pero pechemos filas con eles cando hai que exercer o noso dereito a voto. Iso é o que nos diferenza dos votantes da dereita, do que presumimos e que tanto nos acaba perxudicando.
|
|
|
|
|
| Absolta de prevaricación a comisión de goberno dun ex alcalde do PP de Bueu |
|
O Xulgado do Penal número tres de Pontevedra absolveu dun presunto delito de prevaricación aos seis membros da comisión de goberno da época en que o popular Tomás Barreiro foi alcalde -1999 a 2003-. A denuncia fora interposta por dous veciños, antigos dirixentes do PSOE, que criticaron a rebaixa de varias sancións urbanísticas en obras menores.
A xuíza recalcou que non se acreditou que os feitos constitúan un delito de prevaricación. Aínda que se admite que se rebaixaron as multas por baixo do mínimo previsto, aclárase que «a mera ilegalidade administrativa non pode identificarse cunha conduta delituosa», e abúndase en que «tal ilegalidade non leva irremediablemente a ilicitud penal da conduta». Ademais, a xuíza sinalou que o secretario municipal admitiu que a cualificación da infracción urbanística como grave puido ser «errónea» en varios casos. Resaltouse que ningún dos acusados antepuxera o seu interese particular ao ben común.
Para rematar, incídese en que a revisión destes actos pola vía penal suporía ampliar «desmesuradamente» o ámbito de actuación desta xurisdición, polo que considera que debería abordarse pola vía do contencioso.
Fonte da Información
La Voz de Galicia |
|
|
|
|
| A galescola de Bueu abrirá as súas portas o vindeiro mércores |
|
Os 33 nenos preinscritos para a galescola de Bueu poderán empregar estas instalacións a partir do próximo mércores, segundo explicou onte a concelleira de Benestar Social, Laura Ogando. Hoxe está prevista unha reunión entre os pais e representantes do Consorcio que se encargará da xestión deste equipamento.
Ogando indicou tamén que se atenderon todas as peticións de matrícula e que para iso se ampliou a sala de nenos dun a dous anos. Quedan libres aínda oito prazas para nenos de dous a tres anos. A lista de preinscritos pódese consultar no Concello. Se alguén tivese que realizar algún tipo de reclamación, estas pódense facer ata o día 23.
A edila de Benestar Social tamén mostrou a súa sorpresa pola inquietude manifestada polo PP polo atraso na apertura da galescola. Ogando precisou que o atraso se debeu á incompatibilidade entre a instalación eléctrica e de gas cos electrodomésticos enviados polo Consorcio. Matizou que esta situación é «herdada» do anterior mandato e que o problema eléctrico está solucionado e o do gas estarao antes do mércores.
Fonte da información
La Voz de Galicia |
|
|
|
|
| Un emigrante galego votou 17 veces nas mesmas eleccións europeas |
|
O ourensán Francisco Nogueiras enviou as papeletas de amigos e familiares por correo desde Suíza sen que ninguén lle pedise ningún tipo de certificación.
Esto ocurriu no 2004. Nada cambiou dende entón. O feito podería repetirse.
Adóitase pensar que as eivas da lei electoral con respecto ao voto exterior facilita a súa manipulación unicamente na diáspora americana. Nada máis lonxe da realidade. Un emigrante galego residente en Suíza enviou por correo até 17 votos distintos sen que se lle esixise a máis mínima identificación. Foi nas últimas eleccións europeas. Dende entón nada cambiou.
A chegada de Manuel Fraga á presidencia da Xunta de Galicia no ano 1989 marcou o inicio dun ascenso imparábel: o do Censo de Residentes Ausentes (CERA), isto é, o do número de persoas con dereito a voto que viven fóra do país. Nesa data apenas figuraban rexistrados 45.000 electores, cifra que se viu duplicada antes dos comicios do 93. Dende xaneiro do ano pasado estamos a asistir á incorporación ao censo de arredor de 60 persoas diarias –tres veces máis que en 2007–, superando na actualidade os 334.000 inscritos.
De xeito case paralelo a este espectacular incremento foron medrando as dúbidas sobre a limpeza e transparencia dun sistema electoral que por norma favorece sempre, a excepción das eleccións de 1993, ao partido que ostenta o poder en Madrid. Curiosamente, tanto PP como PSOE só falan da necesidade de depurar o CERA e introducir modificacións na lei electoral cando exercen labores de oposición.
O que falla é o propio sistema electoral en si, como veñen denunciando dende hai anos formacións como o BNG. E o problema non se circunscribe unicamente á diáspora americana, como acotío se adoita pensar, senón que afecta tamén aos países europeos cunha maior presenza galega. Tal e o caso de Suíza, onde un emigrante ourensán demostrou a falta de rigor dun mecanismo viciado que atenta contra un dereito fundamental das persoas: o de decidir con total liberdade a que opción política confían o seu voto.
Francisco Nogueiras, natural de Xinzo de Limia e residente dende hai 38 anos en Zurich, achegouse a unha oficina de correos suíza con 17 votos distintos recollidos entre familiares e amigos e enviounos sen que ninguén se pedise a máis mínima identificación. “O sistema postal deste país é un dos mellores do mundo, pero non recibiu instrucións para garantir que a persoa que remite o voto é a que figura na certificación censual”, critica.
Aínda que esta comprobación, da que existen probas documentais testemuñais, foi feita durante as últimas eleccións ao Parlamento Europeo, celebradas o 13 de xuño de 2004, Nogueiras sostén que nada cambiou dende entón. “A situación é a mesma, e o máis grave é que o PSOE fai agora o mesmo discurso que antes facía o PP”, sinala.
Contra a propia lei suíza
Este emigrante ourensán en Suíza sabe ben do que fala pois leva dende o ano 1992 reclamando “a decencia que debe ter un goberno cos seus electores” e poñendo de manifesto a corrupción dun sistema que beneficia aos grandes partidos, “que son os que teñen os medios para facelo”. Na súa opinión, o propio Estado suízo colabora con este fraude mirando cara a outro lado. “A lei prohíbe que un cidadán europeo que reside aquí poida votar por correo, pero Suíza non quere renunciar aos cartos que ingresa cos envíos”, explica. Lembra que os italianos emigrados, por exemplo, reciben diñeiro do seu país para regresar a votar.
Por iso, amósase convencido de que un xuíz tería que anular todos os votos no caso de que se presentase unha denuncia, máis cre que debe ser o Goberno español o que garanta a limpeza do sistema. Considera que o único xeito de poñer fin a esta situación é o voto en urna. “Apelan aos nosos dereitos para xustificar que poidamos votar e logo resulta que o facemos de forma diferente ao resto dos galegos”, di.
Fonte da información
Xornal.com |
|
|
|
|
|
|
|
|
|