Confederación Intersindical Galega
ENSINO
A dirección da CIG-Ensino, perante a campaña contra o galego no ensino, acordou dirixirse a ti para que coñezas a nosa postura ao respecto.
Desde hai uns meses, un reducido grupo de persoas reclama que non se cumpra a actual lexislación sobre o noso idioma coa que nos conseguimos dotar. Este reducido grupo está integrado por persoas que non están actuando de xeito inocente, senón que participan dunha estratexia perfectamente deseñada e que forma parte dunha campaña política, claramente inserida dentro do posícionamento de organizacións reaccionarias e antigalegas, que fan do combate contra o galego unha das súas ferramentas electorais fóra de Galiza.
Estamos, pois, diante dunha posición política e moitos dos seus actores son persoas vinculadas a certos partidos políticos. Familiares de deputados e membros de candidaturas están entre as persoas que publicamente din representar a pais e nais. E un novo ataque ao dereito a aprender no noso idioma, que ten a ver co actual contexto político e que non é só resultado da recente publicación do Decreto que fixa o ensino en galego do 50% das materias.
Polo tanto, non estamos ante unha mobilización espontánea senón diante dunha estratexia orquestrada, por aqueles que cando gobernaron impuxeron o seu criterio paralizante verbo da normalización do idioma. Fano ademais procurando confundir a sociedade, aparentando unha reivindicación que parte da base social e apelando á liberdade, buscando dividir a cidadanía diante dunha cuestión tan importante como a normalización do idioma, malia que o noso idioma non goza, nin sequera, dos mesmos dereitos que ten o español.
Inventan situacións ficticias que só desde posicións do odio máis profundo a todo o que nos é propio e que nos identifica se poden soster. Procúrase que a totalidade de mozos e mozas sexan educados fóra da nosa realidade, educados no descoñecemento do noso idioma e da nosa cultura, é dicir, educados na ignorancia de pertenceren a unha nación con historia e cultura de seu, apelando á liberdade e á libre elección de lingua vehicular no ensino.
Todas e todos sabemos que a aprendizaxe no noso idioma estivo proscrito durante séculos. Todas e todos sabemos que o único idioma perseguido, marxinado e negado é o noso. Todas e todos sabemos que a única imposición secular foi afastar o noso idioma dos espazos e ámbitos de prestixio, entre eles o da educación. Todas e todos sabemos do íncumprimento, por parte de moitos centros, da normativa actual ao non impartir, nin sequera, en galego, as materias de obrigada impartición no noso idioma. Todo docente sabe que, mesmamente aquel alumnado que recibe maioritariamente docencia en galego —por certo unha minoría- remata os estudos con máis competencia en español que en galego. Todas e todos sabemos que a escola segue sendo un espazo de desgaleguización, pois é maior o número de alumnos/as que entra falando galego que os que a escola conserva. Todas e todos sabemos que o noso idioma é usado pola nosa mocidade nun 40% menos que o usaban seus avós e avoas. Soamente desde posicións que perseguen a desaparición final do galego se pode afirmar e pensar que o español corre perigo no sistema educativo.
A única imposición práctica e real é que non podemos exercer como galegos e galegas: non podemos ir ao cine en galego, non podemos escoller videoxogos en galego, só podemos sintonizar unha canle de televisión en galego, vémonos imposibilitados de ler xornais en galego. Temos que vivir na reclamación permanente para ser atendidos en galego pola compañía telefónica da queseé cliente, para subscribir unha hipoteca en galego, para comprar un coche en galego, solicitar unha factura en galego, asinar un recibo no banco en galego, facer unha transferencia en galego, ser atendido en galego na Administración pública, para rexistrar unha propiedade, etc. Nin sequera se nos transcribe no noso idioma as declaracións nos xulgados nin as declaracións aos medios de comunicación.
Non nos deixemos levar por argumentos falaces, se alguén sofre imposicións eses somos os galego-falantes, os que vivimos á defensiva, xustificando unha e outra vez por que falamos unha lingua que é a única lingua propia deste País.
En Galiza, vivimos un confuto lingüístico e aínda que ten mudado a situación do noso idioma en canto aos seus usos e diminuido algúns prexuízos, comprobamos que se perde entre a mocidade e que aínda se manteñen vivos moitos outros prexu ízos sobre a súa utilidade. E aínda hai quen se atreve a dicir que se está a impor o galego? Soamente desde a conciencia e a loita fomos gañando novos usos para o noso idioma.
Debemos reforzar a nosa acción e compromiso, desterrando a pasividade e levando adiante iniciativas que redunden na normalización do noso idioma. Temos que exixir da Consellaría de Educación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, polo menos, o cumprimento efectivo e activo do Decreto 124/2007. E totalmente inxustificado que non se emprendan as medidas necesarias para activar un plano de formación que abranguese todo o profesorado. Crear, como mínimo, unha Dirección Xeral para aplicar, vixiar, asesorar e atender a aplicación do Decreto. Debemos predicar co exemplo, levando a nosa lingua a todos os lugares e momentos, usala na vida diaria e no traballo, dándolle carta de normalidade, evidenciando a súa idoneidade. Sermos sempre exemplo de normalización. Nada máis efectivo para a mocidade que ver como os seus profesores/as, independentemente da materia que impartan, usan o galego dentro e fóra da aula, co alumnado, cos seus pais e nais e cos colegas de traballo. Só así, falando galego sen complexos, sendo exemplo da utilidade da nosa lingua, poderemos continuar avanzando e mantendo a nosa identidade. Non somos nós os que temos que explicar por que empregamos este idioma antigo, a nosa lingua. E o noso dereito. O dereito de vivir e medrar sempre en galego. O de sermos galegos.
Anxo Louzao Rodríguez
Secretário Nacional da CIG-Ensino
|
A partires de Janeiro entran en vigor as novas TARIFAS impostas pola SGAE e as outras entidades de xestión. Cómpre que saibas que:
•Polas túas copias de seguridade pagarás canon.
•Polo disco duro externo do teu computador-rexistradora, pagarás canon.
•Pola gravadora do teu computador pagarás canon.
•Pola música que escoitas pagarás canon.
•Polo toner e a túa impresora, pagarás canon.
•Por escoltar a radio na túa tenda, tamén pagarás canon.
•Pola túa conexión ADSL pagarás canon.
•Polo teu teléfono móbil pagarás canon.
Todo isto é porque “os autores” consideran que es un posible “pirata”.
Bota contas, que pagarás, euro máis, euro menos, máis de 300€ cada ano.
O PSOE e IU non nos defenderon, eles votaron a favor de que pagues “este imposto” á SGAE e compaña. Téñenlle máis medo ás sociedades de autores que interese en defendernos.
Xa existen ducias de comercios en Sevilla que son “visitados” polos inspectores da SGAE. Se ti es o próximo, debes estar preparado.
INFÓRMATE EN www.todoscontraelcanon.es |