|
|
|
|
| Actuación Aleceia en TEO_Letras Galegas 2012 |
|
Aleceia participa mañá 17 de maio na "Velada Literaria e Musical" que organiza o Concello de Teo para conmemorar o 50 aniversario do día das Letras Galegas que este ano se dedican á honra de Valentín Paz Andrade.
O Acto desenvolverase no Centro sociocultural da Ramallosa e comezará ás 18:30h.
Aleceia interpretará:
"Cantiga nº100" de Alfonso X
"Mandad´ei comigo" de Martín Codax
"Lela" Letra de Castelao
"Como Chove" de Rosalía de Castro |
|
|
|
|
| 18 de maio: Día internacional dos museos |
|
Para conmemorar o "seu" día algúns museos organizan actividades específicas, amplian o seu horario habitual e ademais non cobran entrada.
Por exemplo en Santiago de Compostela, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), arrinca o propio día 18 cunha nova edición do ciclo de concertos Música e arte "Correspondencias sonoras con a inspiración da luz", comeza ás 22.45 h. Nesta proposta compositores de prestixio transitarán polas exposicións do CGAC, dialogando coa arte, e que dará orixe a catro concertos máis, con trece estreas absolutas e diversas actividades paralelas. |
|
|
|
|
| Próximo concerto |
|
Terá lugar na facultade de Filoloxía (Campus norte) o xoves 26 de abril de 2012 ás 18:00h.
Previo, celebraremos un ensaio no salón de actos de dita facultade o martes 24/04/2012 ás 20:30 (salvo que se notifique por email outra cousa)
Partituras:
Moon River
Hymne à la nuit
Como chove
Siyahamba
|
|
|
|
|
| Aleceia tamén conmemora o nacemento de Rosalía de Castro |
|
O 24 de febreiro de 2012 conmemórase o 175 aniversaro do nacemento de Rosalía de Castro. Con tal fin, a Fundación Rosalía de Castro ten prevista unha serie de actos entre os que se atopa un concerto na capela do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela. Neste concerto participará Aleceia interpretando algúns poemas musicados da insigne escritora.
O concerto dará comezo ás 19:00h do venres 24 de febreiro.
Será estupendo que asistades a esta homenaxe á escritora que representa de maneira máis senlleira o rexurdimento da nosa lingua e da nosa cultura. |
|
|
|
|
| Aleceia en Youtube |
|
A partir deste link podedes disfrutar de parte do concerto de Ferrol
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=fRln1LHFFtg |
|
|
|
|
| Concertos decembro 2011 |
|
Os concertos confirmados de Aleceia para o mes de decembro son:
* Sábado 3/12/2011. Concerto de Novacaixagalicia A Coruña no Teatro Colón:
Hora: 19:00h.
Repertorio:
A Belén vinde...
A la nanita nana
Jingle bells
* Sábado 10/12/2011. A Estrada:
Horario:21:00h
Repertorio:
Siyahamba
Do mar pola orela
Ya viene la vieja
A la Nanita Nana
Jingle Bells
* Domingo 18/12/2011:dous concertos, repertorio a concretar.
1º) Na Igrexa dos Tilos Horario:12:?h
Repertorio:
Ya viene la vieja
A la Nanita Nana
Linda noite
White Christmas
Jingle Bells
2º) Canta_Teo:na Ramallosa. Horario:17:00h
Siyahamba
Repertorio:
Siyahamba
Do mar pola orela
A Carolina
Swing Low
Ya viene la vieja
A la Nanita Nana
White Christmas
Jingle Bells
* Luns 19/12/2011. Dous concertos. Repertorio: a concretar.
1º) Concerto na "Residencia de maiores Geriatros" de Pontepedriña.Hora p:17:00h
2º) Concerto na "Residencia de maiores Victoria" (Oza)Hora p:19:00h
* Venres 23/12/2011. Ferrol.
Horario:21:00h
Repertorio:
a) Moon River, La Mónica, Alentejana, A Carolina, Siyahamba, Swing Low, El Vito.
b) Ya viene la vieja, A la Nanita Nana, White Christmas, Jingle Bells.
Cando dispoña de máis información sobre repertorio, horarios etc xa o porei.
Isto segue a ser todo amigas...
|
|
|
|
|
| Ensaio 19/10/2011 |
|
Acaba de informar Jj ,vía email, que o ensaio comezará ás 21:00 e rematará ás 22:30.
Vinde ceadas...e coas partituras claro. |
|
|
|
|
| Aviso ensaios: |
|
A vindeira semana non temos ensaio, queda para o mércores 19 (de outubro claro).
Que ninguén falte... |
|
|
|
|
| V encontro de CANTANDO NO SERÁN (2011) |
|
Onte sábado 8 de outubro celebrouse non Tilos o V encontro de corais que baixo o nome de "Cantando no serán" organiza o grupo de canto Aleceia.
O encontro contou coa participación de:
"Coral Polifónica de Ferrol" (Ferrol), dirixida por Pedro Pina.
"Coral Celeuma" (Narón), dirixida por Juan Brage.
"Grupo de canto Aleceia" (Os Tilos-Teo),dirixida por Juanjo Raices, que foi a coral anfitriona.
O concerto celebrouse na Igrexa de S. Francisco dos Tilos (TEO)con gran asistencia de público que agradeceu as distintas actuación con numeros e entusiastas aplausos.
Desde este blog, Aleceia quere agradecer unha vez máis ás dúas corais convidadas a súa participación, a Encina Ramos por presentar o acto, a D. Benjamín, o párroco, porque unha vez máis deu todo tipo de facilidades para que o concerto tivera lugar na Igrexa dos Tilos, e por suposto ás aleceianas/aleceiano por facelo tan ben. |
|
|
|
|
| CURSO 2011-12 |
|
Aínda que xa levamos algo máis dun mes deste novo curso, aínda non tivera tempo para actualizar o blog de Aleceia, e xa sei que van sendo horas de facelo, así que alá imos...
|
|
|
|
|
|
|
|