ALBERTE X. RODRÍGUEZ FEIXOO


Este é o blogue de Alberte
Neste blogue vou publicar os meus artigos e reflexións sobre a política galega, estatal, europea e mundial.

As miñas análises fanse desde a Esquerda Democrática e o Nacionalismo Galego.

O meu perfil
alberterodriguez@foroavogados.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

O BO GOBERNO

O BON GOBERNO
Alberte X. Rodríguez Feixóo

Xa rematou o proceso eleitoral. Xa todos coñecemos os nomes dos nosos representantes nas institucións de carácter local; todos os concellos teñen xa os seus representantes elexidos, agás algún caso excepcional como o de Palas de Rei no que están en disputa dous decisivos votos. En consecuencia, agora é o momento no que as distintas forzas políticas, a meio dos seus candidatos eleitos, deben conformar os seus órganos de goberno nas institucións nas que van desenvolver o seu traballo político a partires do prósimo día 16. Sen dúbida é un tema que convida á análise e á reflexión. Imos alá.
Asegún conveña a cada unha das distintas forzas políticas, estanse a preconizar distintos xeitos de interpretar a vontade dos eleitores. En efeito, hai unha forza política que, considerándose a máis votada no conxunto dos concellos de Galiza, propón que sexa ela mesma, precisamente por ser a máis votada, quen poida gobernar nos concellos nos que así se manifestaron os eleitores. Asegún a súa proposta, non é preciso que obtivera a maioría absoluta, é dicir, a metade máis un dos concelleiros e concelleiras eleitos senón que sería dabondo simplesmente con ter sido a forza política máis votada, é dicir, a que máis votos obtivo de entre todas as que se apresentaron para ser votadas polos cidadáns e as cidadás de cada concello.
Interpreta a citada forza política que, non deixar gobernar á forza política que obtivo o maior número de votos pero sen obter a maioría absoluta, sustituíndoa por unha posíbel coalición ou entente entre outras forzas políticas ou candidaturas que obtiveran menor número de votos individualmente consideradas pero maior número de representantes no concello consideradas en conxunto, é tanto como desvirtuar a vontade dos eleitores. Erra aquela forza política xa que non ten en conta non só a legalidade vixente estabelecida no seu momento coa súa anuencia senón tampouco a verdadeira vontade dos cidadáns. En efeito, esquece a citada forza política, autocalificada de maioritaria, que se os cidadáns e as cidadás dos distintos concellos que pretende gobernar houberan querido que así fora, teríanlle outorgado a maioría absoluta necesaria para que así fora. Pero, á vista está que non foi isa a vontade dos electores, e agora son moitos os concellos que van constituir un goberno municipal no que non vai participar a forza política que máis votos obtivo nises concellos. Non pode achacarse chata democrática nengunha a aquiles gobernos municipais que, sen precisar da forza política máis votada, vaian ser gobernados pola unión de outras candidaturas que sexan capaces de poñerse de acordo para exercitar durante os prósimos catro anos o goberno e a xestión do seu concello.
Niste mesmo caso pódense atopar candidaturas doutros grupos políticos distintos aos xa mencionados que, puntualmente nalgúns concellos, se atopen nas mesmas circunstancias xa explicitadas. Podemos citar dous exemplos rechamantes: as cidades de A Coruña e Lugo. En ambas as dúas pasouse da situación de maioría absoluta do Partido Socialista Obrero Español a unha nova situación na que, aínda sendo isa forza política a máis votada, xa non ten maioría absoluta nises dous concellos. O cambio de situación é máis que evidente. Agora, isa forza política vai ter necesariamente que contar cos votos doutros compoñentes do consistorio para poder sacar adiante os distintos proxectos que quera realizar nisas dúas cidades. Non podo por menos que repetir os argumentos expostos anteriormente. Os cidadáns e as cidadás manifestaron a súa vontade a respeito de que nengunha das sete grandes cidades de Galiza foran gobernadas con maioría absoluta, é dicir, por unha soia forza política. Os cidadáns e as cidadás disas sete grandes cidades optaron, libre e voluntariamente, por someter o goberno dos seus concellos a coalicións eleitorais, entendendo que ise é o xeito que máis responde aos seus intereses.
É por iso que tanto nos sorprende a reacción, sen dúbida un tanto pueril, do actual alcalde en funcións da cidade de Lugo. Debo aclarar que se menciono iste caso en particular é debido á notoriedade nacional que tiveron as súas manifestacións, fora de todo tono e lugar, efeituadas a raiz de coñecer o resultado final das urnas e tamén as intencións do seu grupo político, a nível nacional, de intentar chegar a acordos cos representantes do Bloque Nacionalista Galego. Parece non decatarse o actual alcalde en funcións da cidade de Lugo de que ostentou durante os últimos oito anos o bastón de alcalde da cidade, nos últimos catro anos con maioría absoluta, sendo suspendido nista avaliación á que foi sometida a súa xestión no pasado día 27 de maio. Si, houbo suspenso; as cidadás e os cidadáns de Lugo non aprobaron a xestión do repetido alcalde e agora mandáronlle recado de que debe someter o seu goberno a quen poda controlalo de xeito políticamente correcto. Isa é a grandeza da democracía, poder poñer e quitar gobernos en función das súas actitudes e dos seus feitos previos. Nise senso debo insistir na sorpresa que me causa a inexplicábel e absurda actitude de quen presentándose voluntariamente a unha avaliación popular como é un proceso eleitoral, non sexa capaz de ademitir o resultado das urnas erixíndose nun persoeiro caprichoso e autounxido dun halo celestial que, precisamente, remata de ser ignorado polo pobo ao que tanto dí amar e respectar. Que mal exemplo!
Por todo isto, convén manter a cabeza fría e intentar conformar os millores gobernos para cada un dos distintos concellos da nosa nazón. Sen dúbida as cidadás e os cidadáns de Galiza manifestaron non só o seu desexo de non outorgar maiorías absolutas senón tamén o de minorar o número de concellos gobernados dun xeito monocolor para que o sexan a partires de agora dun xeito bicolor. Se ises cidadáns quixeran máis do mesmo así o terían manifestado nas urnas.
É pois o momento de poñerse a traballar e sentar as bases dos gobernos de coalición que terán os concellos nos prósimos catro anos. A coalición, en todo caso, non poderá consistir en outorgar un cheque en branco á forza política que ostente a alcaldía senón que deberá basearse nun programa conxunto no que se estabelezan as prioridades de cada concello e se dispense o respecto mútuo entre as forzas políticas que se coaliguen para gobernar. Só así se manifestará o fino oido político ás demandas do conxunto dos veciños e das veciñas de cada concello.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 26-06-2007 03:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VAIA CIRCO!!
VAIA CIRCO!

Alberte X. Rodríguez Feixóo

Hoxe é un día de ledicia democrática. Iste é o día no que a expresión da democracia se fai máis diáfana. Con efeito, todas e todos temos a posibilidade de dar a nosa opinión a respeito de quen debe ser quen nos goberne en cada un dos concellos do noso País. Ao mesmo tempo, é xa oportuno facer unha reflexión sobre o que fomos vendo durante istes pasados días en relación coa campaña eleitoral. Vexamos.
Durante a repetida campaña eleitoral tivemos ocasión de escoitar, algunhas con maior fortuna que outras, distintas voces de candidatos e candidatas que se louvaban a sí mesmos para incitar ás vontades dos eleitores a emitir o seu voto a prol disas futuras estrelas da canción melódica ou, incluso nalgún caso, do máis moderno estilo rapeiro. É curioso ver a versatilidade dalgúns dos representantes públicos da vida política española (como o de León) que demostran que tanto valen para gobernar unha cidade, vila ou concello menor, como para agarrarse ao micrófono e desafinar sen nengún tipo de prurito. Que grande é a España cañí!
Tivemos tamén ocasión de comprobar como noutros concellos se inflaba espectacularmente o censo de votantes debido a que algúns dos candidatos, incluídos algúns alcaldes, tiñan ise rasgo de xenerosidade que denota sempre quen fai gala dunha extrema hospitalidade. Con efeito, decenas de cidadáns alleos ao concello do que de repente pasaban a formar parte, eran censados no domicilio do prócer de turno co pequeno compromiso, iso sí, de exercitar o seu direito a voto a favor de quen tan amábelmente o acollía no seu fogar. Descoñezo se a situación disas decenas de cidadáns amoreados na casa do alcalde (ou candidato) de turno conlevaba tamén a participación, voluntaria ou non nalgunha festa na que se sobrepasaran os límites do bon decoro entrando, dalgún xeito, na promiscuidade propia de quen pasa uns días de lecer lonxe do seu lar habitual. Que grande é a España profunda!
Tamén puidemos ver, durante istes pasados días, como se aproveitaban as últimas xornadas no exercicio do poder municipal para aprobar distintos planos urbanísticos que, nalgún caso sen ningún pudor, aproveitaban directamente a quen tomaba tais decisións. Iste exacerbado pundonor querendo traballar para o concello até a última hora e o último minuto ven demostrar o mal ponderado esforzo dalgúns persoeiros que traballan sen desmaio polo beneficio dos veciños e veciñas de cada lugar (o que non exclúe percurar tamén o beneficio do propio alcalde ou concelleiro que, ao fin e ao cabo, tamén é veciño). Esí, foron aprobados planos urbanísticos que contemplaban a construción de milleiros de vivendas; incluso, nos casos máis paradigmáticos, aprobábanse ises milleiros de vivendas acompañadas dos seus correspondente campos de golf (como é o caso de Murcia), e todo iso sendo sabedores da escaseza de auga informada oportunamente polo correspondente técnico municipal que, aínda correndo o risco de perder o seu posto de traballo, preferiu informar adecuada e legalmente do que había antes que participar da bosta colectiva na que pretendían mergullalo. Qué grande é a España D´or, “ciudad de vacaciones”!
Outros houbo que trataron de vincular futuros proxectos, incluso de ocio, cultura ou deporte, ao triunfo de determinado candidato ou liña política. Hai que ver o que se ve! Isto de contratar determinadas persoas influintes que xusto durante os días da campaña eleitoral se manifestan a prol de levar a lugares concretos eventos de renome internacional pero condicionar a súa realización á victoria eleitoral de determinado candidato ou determinada candidata, somella ser unha novidade que pode triunfar no futuro. Menos mal que nista pasada campaña non foron os que máis proliferaron (os mais salientábeis foron os de Valencia e Madrid) pero se cunde o exemplo podemos atoparnos con todo tipo de promesas ao respeito. Por exemplo: se non gaña fulanito, a equipa de futebol non voltará xogar en casa; ou, se non gaña fulanita, non haberá máis corridas (con perdón) de touros. Que grande é a España de “pandereta e castañuela”!
Podemos seguir, coa mención dos candidatos que, por arte de birlibirloque, déitanse cun patrimonio de dez e érguense cun patrimonio de dez millóns. Certamente, a nosa capacidade de sorpresa está xa complétamente superada. Escoitamos falar contínuamente de casos de arrequentamento instantáneo e sorpresivo cunha asiduidade cotián e non nos chama a atención; estamos tan afeitos que recibimos a nova con total naturalidade. Que vergoña! A última moda ven sendo a de recibir espontáneas e alegres donacións de terreos (véxase o caso de Castellón). Non podemos por menos que recoñecer que o inxenio dos representantes públicos que se adican a tais maniobras, non ten límite. Unha vez descuberta a trampa ou ilegalidade anterior sempre son capaces de reaxir e idear un novo xeito de arrequentamento inxusto e ilegal. Que grande é a España dos “pícaros”!
En fin, prezados amigos, no día de hoxe, dispóis de exercitar o meu direito ao voto, vou adicar todo o día a repasar a miña colección de discos para poder desbotar todos aquiles que se correspondan cos “cantantes” que queren engatusarme cas súas desfortunadas e distorsionantes cantigas; vou vixiar debaixo das camas da miña casa para asegurarme de que non teño a ningúen censado indebidamente para facer trampa e inclinar a balanza do meu lado de xeito tan indigno; vou revisar a miña documentación para comprobar que non son partícipe de ningún plano urbanístico especulativo que comprometa a miña conciencia; pero iso sí, particípolles que vou sair escopeteado para a Costa do Azahar en busca dos anónimos doadores de fincas que han facer a miña ledicia sen custe de nengún tipo.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 26-06-2007 03:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MILAGRES DA POLÍTICA
MIRAGRES DA POLÍTICA

Alberte X. Rodríguez Feixóo

Estamos xa en plena campaña. Até o pasado venres, ás cero horas, inda se trataba de escarceos ou alegacións disfrazadas pero non de batalla crúa e dura polo voto despistado. Agora sí. Agora xa se pode legalmente pedir ao cidadán que vote por unha ou outra opción política a cara descuberta e sen nengún disimulo. Durante as prósimas dúas semanas asistiremos a un encarnizado debate que, en ocasións, será de carácter barriobaixeiro pero que en outras estará á altura que corresponde (digo eu ou, cando menos, así o desexo).
Na famosa noite do inicio de campaña, a que antes se denominaba “da pegada”, atendín de xeito involuntario a locución que fixo en Lugo un dos candidatos á alcaldía. Entereime entón de que, dispóis de estar oito anos presidindo a Corporación, inda agora estaba a prometer, para cumplir no prósimo mandado, unha serie de obras, infraestruturas, servizos sociais e demáis custións das que gusta ó persoal. Parece ser que os inquéritos preeleitorais augúranlle un bon resultado ao personaxe en cuestión. Pois ben, hai que ver o que son istas miragres da política. Un candidato que tivo oito anos para facer cousas pola cidade da que foi alcalde durante todo ise tempo, e que non fixo nengunha, agora aparece como o candidato máis valorado para proseguir ise arduo labor de volver prometer o mesmo que prometeu hai oito anos e reiterou catro anos despóis sen chegar a cumplir nengunha das súas promesas. Coincidirán conmigo, ou cando menos iso é o que eu penso, en que isto é unha miragre da política: o candidato que menos promesas ten cumplido (nengunha) resulta ser o campeón que, asegún os inquéritos buscamos a maioría dos lugueses e as luguesas. Ver para creer! Somella que somos parvos e nos gusta a cantinela do “imos facer, imos facer”! Isto tamén o dicía quen foi Conselleiro de Sanidade durante unha tempada, Sr. Romay Beccaría, que teimudamente insistía en todos os seus discursos parlamentares ca citada letanía: “imos facer, imos facer”. De calquer xeito, a quen ocupabamos as cadeiras da oposición nunca nos convenceu de que fora isa a súa verdadeira intención ou de que, inda sendo isa a súa intención, fora cumplir cas súas promesas.
Esí pois, estamos ante unha miragre que, como todas, ten un apóstolo que a practica. Debo recoñecer que, se afirmo que me atopo ante unha miragre, é porque considero que quen a practica ten que ser un verdadeiro artista para facernos creer de novo nas súas promesas até agora incumpridas. Trátase dunha arte especial que moi poucos mortais poden practicar con éxito. Nalgúns lugares falan da arte da prestidixitación e noutros chámanlles traballadores do aramio, popularmente coñecidos como equilibristas ou, máis finamente, funambulistas. En Barcelona, hai outro tipo de artistas que se gañan a vida con outra arte que tamén podemos incardinar no terreo da prestidixitación (non me atrevo a dicir da maxia); téñoos visto nas Ramblas, animando o ambiente e entretendo ao persoal, case sempre turistas confiados na boa fe do anfitrión. Realizan uns verdadeiros xogos malabares con instrumentos aparentemente rudimentarios; o asunto consiste en mover con habilidade manual tres cubiletes que encubren unha soia pelotiña pequena e redonda. Despóis de realizar varios movementos coa pelotiña pasándoa dun cubilete ao outro, o xogo consiste en acertar debaixo de qué cubilete fica a pelotiña unha vez remata o movemento. Nunca souben como se chama o xogo nen quen o practican pero, iso sí, teño visto como se enfadan os que moven os cubiletes cando alguén lles descubre o truco ou avisa aos incautos do mesmo. Ás veces, teño ouvido como algún dos cómplices que pulula polos arredores do ponto concreto do que se practica o citado xogo berra “auga, auga”! Nunca entendín porque de cando en vez se escoitaba isa voz de alarma pero, iso sí, téñome fixado en que coincidía sempre ca chegada exabrupta de membros dos distintos corpos de policía que, cando se achegaban ao ponto de xogo, non atopaban xa o estaribel montado porque o mesmo fora hábil e urxentemente desmontado polos propietarios do casino.
Non sei se os exemplos que remato de expoñer poden darnos unha idea de cómo vexo eu a iste artista que, senón o remediamos, nos vai prometer durante catro anos máis as mesmas obras e servizos que non puidemos disfroitar durante os seus dous imediatos mandados municipais. En calquer caso, quero aportar o meu grao de arena á reflexión que todas as luguesas e todos os lugueses temos que facer o prósimo día 27. Ben sabemos da importancia que ten escoller ben aos nosos gobernantes municipais para os prósimos catro anos; tamén somos sabedores do habitual prexuizo que conleva para os cidadáns ser gobernados, en calquer ámbito, por unha soia forza política que ostente a maioría absoluta. Pois ben, a miña humilde opinión é que tal e como están as cousas, ca experiencia dos últimos catro anos con maioría absoluta presidida por un artista como o descripto e cos inquéritos que dan por feita a repetición disa situación, o noso esforzo, o dos cidadáns conscientes e detractores dos xogos malabares practicados, debe redoblarse para impedir a repetición da situación padecida xa que, do contrario, non poderemos considerarnos dignos de ostentar a condición de cidadáns, o que conleva implícita a crítica dos poderes públicos e a defensa dos intereses do conxunto da cidade. En efecto, ostentar a cualidade de cidadán conleva o deber de non ser sumiso ao poder estabelecido e poder exercer o direito de crítica cando se produce un abuso de poder ou se constata unha ineficacia administrativa que repercute na falla de calidade de vida ou do benestar da cidadanía. Diste xeito e non doutro debe entenderse a miña opinión que, sen dúbida quere incitar á rebelión contra o estado de cousas que aparecen como inmutábeis pero que, se todas e todas queremos, poden mudar.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 26-06-2007 02:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ELECCIÓNS MUNICIPAIS (2ª ENTREGA)
ELEICIÓNS MUCIPAIS (2ª entrega)

Alberte X. Rodríguez Feixóo

Atopámonos xa a menos dun mes do día no que, co maior civismo posíbel, exerceremos o noso direito ao voto para escoller aos nosos representantes municipais para os prósimos catro anos. Unha vez elexidos istes representantes, serán iles, en función do apoio popular recibido por cada un dos grupos políticos participantes, quen decidan cal será a composición dos novos gobernos municipais, ao tempo que tamén decidirán que persoa será a que ostente a primeira maxistratura do concello, é dicir, a alcaldesa ou o alcalde que presidirá a institución municipal.
Hai xa algunhas semanas fixéramos unha primeira entrega sobre iste mesmo asunto das eleicións municipais. Facíamos alí unha reflexión xenérica, e incluso un tanto filosófica, sobre a importancia de pensar ben a quen outorgar o noso voto. Falabamos da necesidade de ter en conta as palabras pronunciadas por cada candidato e as promesas efeituadas por cada forza política hai catro anos, poñéndoas en relación coas novas promesas eleitorais que niste momento repiten ou innovan cada unha das forzas políticas que se dirixe a nós, os cidadáns e as cidadás, para conseguir o noso apoio eleitoral. Reitérome no dito.
Hoxe quero abordar algúns dos que considero pontos cardinais para poder tomar unha decisión o máis acertada posíbel sobre o futuro goberno de cada un dos concellos. É evidente que non todos os concellos do País teñen as mesmas necesidades e que en cada un diles terán os cidadáns que eisaminar a fondo as carencias que máis apremia solucionar. Pero tamén é certo que hai algúns asuntos que teñen o carácter común de ser preocupacións cidadáns en cáseque todos os concellos de Galiza. Esí, o diseño urbanístico (ou do territorio) de cada un dos concellos asoma como un dos problemas que maior preocupación provocan na cidadanía. A especulación do chan que vimos observando nos últimos anos en determinados concellos debe ser obxecto dunha análise pormenorizada. Ben sabemos que non todos os veciños e veciñas de cada concello sacan beneficio, xa sexa económico ou espiritual, do diseño urbanístico e da citada especulación campante en determinados concellos. En cada un dos lugares coñécese ben ás persoas que por activa ou por pasiva obteñen ises píngües beneficios da repetida especulación urbanística. E digo por activa e por pasiva porque algúns especulan activamente mercando e vendendo terreos e edificacións e outros fano de xeito pasivo recalificando ou tomando decisións administrativas que favorecen aos anteriores. É iste pois un dos temas que nos debe facer reflexionar para que o noso voto non favoreza a especuladores e corruptos e sí o faga a representantes honestos que acoden ás institucións sen intereses persoais e con vontade de servizo á colectividade.
Outro dos temas que pode ter unha certa incidencia no benestar da cidadanía é o do servizo púbrico de transporte. Non é un tema menor, ás comunicacións entre os distintos pontos de cada un dos concellos teñen moita importancia. Dunha boa comunicación que conte cun servizo púbrico rápido, áxil e puntual pode depender o dinamismo dunha cidade ou dun concello. Hai bos exemplos a imitar que sobrancean precisamente por darlle ese carácter dinámico a determinados concellos. Un servizo púbrico que reuna as características anteditas multiplica a eficacia de todos os cidadáns que vivan no concello xa que, se conta con ise servizo púbrico eficiente, non perderá o tempo agardando polo autobús, empeñando ise tempo en facer os seus cometidos de xeito máis eficaz. Ao mesmo tempo, un bon servizo púbrico de transporte aminora o desexo de utilizar o veículo propio, evitando esí os habituais atascos e caravanas que o único que provocan é unha perda de tempo a cada un dos usuarios e, ademáis, un gasto que ben se pode evitar e un factor contaminante que non hai por que soportar. En definitiva, o servizo púbrico de transporte é un dos pilares de calquer concello que quera desenvolverse e prosperar, polo que os cidadáns de cada concello terán que ter en conta tamén o tratamento que cada forza política lle dea no seu programa ao establecemento dun sistema púbrico de transporte que poda cumplir cos obxectivos mencionados.
Por último, pero non por iso menos importante, debemos mencionar a importancia que ten para cada concello a planificación da política industrial, comercial e turística. É evidente a aportación económica que pode ter para un concello unha boa planificación da ubicación das posíbeis industrias que podan apetecer de plantar as súas instalacións no mesmo. Se ise concello non é capaz de convencer a isa industria da bondade de instalarse no seu territorio ofrecéndolle terreos axeitados, comunicacións de entrada e saída rápida e outra serie de requisitos demandados por calquera das direccións industriais, non só perderá a posibilidade de contar con maiores aportacións económicas para as arcas municipais senón que tamén privará aos seus veciños e veciñas de acceder aos posíbeis empregos que podan crear isas industrias. Do mesmo xeito, un sector comercial atractivo, ben dimensionado e favorecedor da especialización e dunha magnífica atención aos seus potenciais clientes, pode tamén favorecer unha dinámica económica e de emprego que repercuta no maior benestar do conxunto do concello. Esí mesmo, a potenciación turística de cada concello baseada nas características propias de cada un diles pode ser fonte de riqueza se o tratamento que recibe do concello fai atractiva a visita a ise lugar de foráneos ávidos de coñecer ises atractivos turísticos co conseguinte incremento de ocupación nos servizos de hostelaría instalados nise concello e do conseguinte consumo comercial que todo visitante que se precie vai realizar no lugar no que planifique a súa estadía turística. Como vemos pois, tamén iste debe ser outro dos asuntos, a planificación industrial, comercial e turística, que nos pode facer máis atractivo conceder o noso apoio electoral a unha forza política ou a outra.
Eu xa teño feita a miña reflexión, en función dos parámetros que remato de expoñer e de algúns outros. Teño xa tomada a miña decisión sobre quen merece o meu apoio. E vosté?
Que haxa sorte!
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 26-06-2007 02:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A SOBERBIA: PECADO CAPITAL
A SOBERBIA: PECADO CAPITAL

Alberte X. Rodríguez Feixóo

Hai xa case un mes, para ser máis precisos catro semanas, que todas as cidadás e os cidadáns tivemos ocasión de escoller as representantes e os representantes que entendíamos como máis acaídos para gobernar os nosos concellos. Durante istas catro semanas houbo tempo máis que dabondo para que as distintas forzas políticas ou agrupacións eleitorais que concurriron ás eleicións municipais e obtiveron postos de representación, poideran falar entre sí e chegar a estabelecer as bases programáticas do que debe ser a acción de goberno municipal nos prósimos catro anos.
En toda Galiza, cos seus máis e os seus menos, fóronse acadando acordos entre os diferentes grupos municipais para conformar gobernos estábeis que poideran garantir a acción gubernamental de xeito que non se tivera que estar pendente durante todo o tempo da espada de Damocles que siñifica non ter apoio dabondo en cada unha das votacións que foran xurdindo e expoñerse a unha moción de censura cada vez que se tratara un tema espiñento no que non se contara cos apoios necesarios para sacar adiante o mesmo.
É por iso que o bon siso da inmensa maioría das concelleiras e concelleiros que ao longo do País se atoparon con responsabilidades municipais, optaron por aprosimar posicións e deixar a unha beira o seu orgullo persoal ou as súas ínfulas de obter un posto na grande historia dos seu respeitivo concello.
Naturalmente, sempre hai unha excepción que confirma a régoa. Con efeito, fica un vello lugar perdido no interior da Galiza no que resiste a todo consenso un persoeiro sen parangón que é capaz de antepor a súa soberbia persoal ao interese das cidadás e dos cidadáns que comparten con il o mesmo reducto murado, a mesma cidade de orixe romano, a vella Lucus Augusti, a actual Lugo.
Si. Dispóis de ser elexido alcalde da cidade luguesa, José Clemente López Orozco optou por gobernar en solitario (de xeito minoritario) en lugar de conformar un goberno estábel de coalición (con votos dabondo para obter a maioría en todas e cada unha das cuestións que se plantexen ante o Concello). Ista rareza no mapa político de Galiza, non ten émulo en nengunha das grandes cidades do noso País. Con efeito, en todas e cada unha desas grandes cidades de Galiza (agás a de Lugo) as forzas políticas opostas ao conservadurismo e anquilosamento en que nos tiña sumidos o Partido Popular, co alcalde eleito ao frente foron capaces de conversar, dialogar, intercambiar opinións e chegar ao consenso demandado pola cidadanía, agás na cidade de Lugo.
É unha evidencia que, nas eleicións celebradas o pasado día 27 de maio, a cidadanía escolleu como opción de goberno a coalición de, cando menos, dúas forzas políticas. Iste desexo da cidadanía foi cumplimentado en todas as grandes cidades de Galiza, sendo conscientes os representantes eleitos en cada unha disas circunscripcións, da inequívoca mensaxe transmitida polas veciñas e polos veciños disas cidades. A fórmula dunha soia forza política gobernando con maioría absoluta (ou minoría en solitario) nunha grande cidade de Galiza, aínda que ensaiada, foi rexeitada de plano por todas as cidadás e todos os cidadáns das grandes urbes do noso País. Atendendo á opinión expresada nas urnas por esa cidadanía, as forzas políticas disas grandes cidades, ca xa reseñada excepción de Lugo, optaron por acomodar os seus criterios partidarios ou os seus desexos persoais ao expresado polos cidadáns no momento de emitir o seu sufraxio.
Sen dúbida, a pergunta que se fai toda Galiza niste momento é, por qué José Clemente López Orozco se empeña en gobernar en solitario pesie a ser rexeitado o seu goberno unilateral polas veciñas e veciños de Lugo o pasado 27 de maio? Humildemente, quero axudar ás miñas e aos meus compatriotas a descubrir a razón de tan pintoresco e pouco frecuente proceder. Sen coñecer a persoalidade de José Clemente López Orozco é imposíbel chegar a comprender a súa actitude. O personaxe en cuestión é un absoluto melómano, ultrapagado de sí mesmo e absolutamente insuflado polo coro de estómagos agradecidos que, ao seu arredor, pululan susurrándolle ao ouvido que il é o millor, o único, o incompárabel, o émulo do Presidente Emilio Pérez Touriño. A maiores, débese ter en conta a súa absoluta falla de querencia para ca forza política predestinada pola cidadanía para cogobernar con il o Concello de Lugo. Con efeito, José Clemente López Orozco sempre se gabou de ser un conspícuo antinacionalista, sen dúbida constituíndose en exemplar seguidor e sucesor do memorábel Paco Vázquez, actualmente embaixador do Reino de España ante a Santa Sé. Veleiquí dúas razóns de peso que farán máis comprensíbel a inexplicábel actitude diste persoeiro que é capaz de deixar ao pobo de Lugo sen un goberno estábel e ao pairo de non poder avanzar e progresar adecuadamente, simplesmente por autopagarse a súa persoal soberbia antes que ollar polo futuro das súas veciñas e dos seus veciños.
Esí lles é a cousa, miñas amigas e meus amigos. A cidade de Lugo, sen dúbida, non merece un alcalde con tal egocentrismo e egoísmo persoal. Esí llo dixo o día 27 de maio pero, é ben sabido que non hai pior xordo que o que non quere ouvir. A partir da decisión de José Clemente López Orozco de instalarse il só na poltrona municipal sen ter en conta a decisión maioritaria das veciñas e dos veciños de Lugo, o futuro dista cidade vese gravemente repercutido por isa decisión persoal rexeitada nas urnas. É má conselleira a soberbia diste persoeiro que, ao tempo, convírteo en pecador capital, pésie á súa confesada relixiosidade e a súa autoproclamada, pero habitualmente ausente, ética política.
Que Deus nos colla confesados.
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 26-06-2007 02:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A CALENTURA DA SANIDADE
Por Alberte X. Rodríguez Feixóo

Deulle de novo. Parece como se se tratara dunha infección recidivante. De cando en vez a situación da sanidade no noso País estoupa e volve concentrar a atención dos tres elementos implicados na mesma: cidadáns e cidadás usuarios da sanidade púbrica, traballadores da mesma e administración. Vexamos o degrao de implicación de cada un distes elementos.

É evidente que son os usuarios e usuarias da sanidade púbrica os que pior levan o lamentábel estado da sanidade púbrica en Galiza. Son os cidadáns e as cidadás con filiación ao sistema da Seguridade Social e cotizantes do sistema púbrico de protección social e sanitaria os que en maior degrao padecen as deficiencias do sistema púbrico de saúde. Son iles, tanto en primeira persoa como en familiares, achegados, veciños ou coñecidos, os que saben das demoras inxustificadas, da falla de organización, e do desinterese da administración non xa por millorar o propio sistema senón incluso por correxir algunhas das súas deficiencias máis doadas de solventar. A cidadanía non é capaz de comprender como pode funcionar dun xeito tan desastroso e falto de eficacia un servizo púbrico como o da saúde que non só é de interese xeral senón que é primordial para o sostemento do chamado estado do benestar. É máis, ainda que non fora para manter o citado estado do benestar, a bondade do funcionamento do sistema púbrico de saúde sería necesaria para o simple desenvolvemento do conxunto do País, tanto en aspectos directos de saúde do conxunto da cidadanía canto en aspectos sociais e económicos. É unha evidencia que se o sistema sanitario púbrico non se esforza por manter unhas mínimas condicións de seguranza para que os cidadáns e as cidadás se sintan protexidos por ise sistema e podan manter unhas condicións de saúde mínimas que lles permitan desenvolver adecuadamente o seu quefacer diario, sen dúbida se resentirá o conxunto do sistema en aspectos non só sanitarios senón tamén sociais e económicos xa que, ao non atoparse nas condicións de saúde adecuadas, ises mesmos cidadáns e cidadás non poderán manter unha vida laboral, familiar ou incluso sexual que poda garantir a estabilidade necesaria en todas e cada unha das facetas diarias das que forma parte.

Por outra banda, os traballadores da sanidade, pesie aos seus denodados esforzos por manter en pé o sistema sanitario púbrico, non son capaces por sí sós de poder facelo. Con efeito, fallan elementos tanto materiais como humanos para poder desenvolver adecuadamente os beneficios dun sistema púbrico sanitario moderno e eficaz. As sobrecárregas de traballo en determinados estamentos e categorías profesionais dos traballadores do Sergas son tan constantes como perniciosas. A falla de estabilidade no emprego de moitos traballadores e traballadoras da sanidade púbrica fai que os mesmos non manteñan a constancia necesaria para adequirir a formación e vagaxe profesional necesarios para render eficazmente non seu posto de traballo. Asistimos continuamente á demanda de profesionais para cubrir postos de traballo de determinadas especialidades médicas e outras categorías profesionais mentres, por outra banda, algúns dises profesionais tiveron que emigrar a outros lugares, entre iles Gran Bretaña ou Portugal, por non atopar condicións de traballo adecuadas no noso País, ben sexa no aspecto económico ou no da xa comentada estabilidade no emprego. En Atención Primaria os facultativos levan moitos anos demandando poder atender a cada usuario o tempo que iste precise ou, cando menos, un tempo mínimo de 10 minutos por paciente, sen chegar ainda a conseguilo. Poderíamos seguir enumerando moitos máis problemas concretos pero, por último, queremos tamén mencionar a pésima solución dada á chamada carreira profesional do persoal que traballa na sanidade púbrica que, aínda sendo demandada dende hai xa moitos anos, non atopou a solución axeitada e, nalgúns casos, nen siquera solución desaxeitada. En definitiva, aínda que quixeran non poden, cos mimbres actuais, resolver por si sós os problemas da sanidade púbrica en Galiza pesie, repetimos, ao seu esforzo por atender adecuadamente o inxente traballo que lles corresponde.

É a administración, terceiro pé no banco implicado no sistema sanitario púbrico, quen debe levar sen dúbida todas as culpas. Con efeito, todos coñecemos as limitacións orzamentarias da Xunta de Galiza pero tamén sabemos que en multiples ocasións, e sempre con independenza do grupo político que ostentara o poder, se nos prometeu aos cidadáns e ás cidadás que se ía realizar o esforzo necesario para solucionar o problema da sanidade púbrica no noso País. Os conselleiros e as conselleiras de turno, esí como os directores e directoras xerais tamén de turno, foron facendo consecutivas declaracións púbricas sobre tratamentos de choque, programas deslumbrantes, novas medidas, etcétera. Nembargantes, nengunha medida concreta foi capaz de paliar nengún dos problemas que fomos debullando nos dous apartados anteriores. As listas de espera seguen estando moi presentes na sanidade púbrica galega, a falla de persoal e medios materiais seguen estando presentes na sanidade púbrica galega, o descontento dos traballadores da sanidade púbrica galega segue estando presente na mesma e, desgraciadamente, non temos nengún dato que nos faga ser optimistas.

Non se trata de quitar o asunto da sanidade púbrica cada vez que hai un período eleitoral pero si é o certo que niste momento o descontento tanto de usuarios como de traballadores é patente e visíbel non só nos propios centros de saúde ou hospitais senón tamén na propia rúa, nos medios de comunicación e nas distintas plataformas sociais de todo tipo. Urxe, por tanto, que se tome o asunto da sanidade púbrica en serio e que non se ande mareando a perdiz. Haberá que facer o esforzo intelectual, político e orzamentario necesario, para que podamos chegar a un nível de satisfacción co sistema sanitario púbrico que impida que este esteña continuamente en candeleiro, como arma arroxadiza entre usuarios, traballadores e administración.
Comentarios (2) - Categoría: Artigos - Publicado o 14-04-2007 02:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DESCUBRINDO AMÉRICA
Por Alberte X.Rodríguez Feixóo

Durante ista pasada semana mantivéronnos entretidos coas habituais disputas verbais entre uns e outros, sempre baixo o guión consabido do “e ti máis”. Estou a falar da viaxe realizada por algúns membros do Consello da Xunta de Galiza á América galegofalante por diversos motivos institucionais que a oposición quixo disfrazar de motivos eleitorais. Naturalmente, entre os ilustres visitantes que acudiron á chamada americá, atopábase o titular da Presidencia do citado Consello, e sobre il disparáronse os maiores e máis envelenados dardos.

A defensa esgrimida polo señor Pérez Touriño foi tamén a clásica ou denominada como “enroque longo”. Consiste ista operación (ou xogada política) en manter e non emendar o propósito da visita ultramarina, isto é, manifestar contra vento e maré que o único obxecto da visita era o de manter contactos de carácter institucional en beneficio da comunidade, sen que, en ningún caso, se aproveitara a coiuntura para realizar nengún tipo de propaganda ou campaña eleitoral. Ao mesmo tempo, aprovéitase a mesma intervención (ou xogada) para tratar de comparar a actuación do actual presidente do Consello da Xunta de Galiza con quen, sendo da forza política contraria, agora na oposición, fíxose célebre por ise tipo de visitas de carácter eleitoral disfrazadas con vestimenta institucional.

De calquer xeito, temos que reflexionar. Iste tipo de viaxes, coincidentes con períodos moi prósimos á celebración de eleicións de calquer tipo, préstanse sempre para ser motivos de polémica. Co doado que sería conformar unhas normas reguladoras das viaxes do aparato gubernamental que foran quen de estabelecer parámetros consensuados por todas as forzas políticas para evitar istes debates de mal gosto que tanto ocupan á clase política. Con efeito, sendo ista unha demanda que realizan todos os grupos políticos cando ocupan as cadeiras da oposición non pode ser comprendido que cando chegan a ocupar as cadeira que apoian ao goberno non cumplan cos seus sempieternos desexos de regular materias susceptíbeis de ser malinterpretadas como manobras eleitorais. Avogamos pois por reclamar un esforzo legislativo de ámbito galego no que as tres forzas políticas presentes hoxe no Parlamento da nosa nazón sexan quen de tomarse en serio ista custión e regulala tanto para a lexislatura actual canto para as posteriores. Non resulta caroso imaxinar a posibilidade de que se estabeleceran de común acordo unhas normas coherente e doadas de cumplir para non ter que perder o tempo nen unha soia vez máis en investigar se as viaxes dos membros do Goberno de Galiza sirven para defender os intereses dos cidadáns ou para tratar de conseguir apoio eleitoral sen gastar un peso do propio peto e sendo sufragada a viaxe cos impostos de todas as galegas e todos os galegos sen ter en conta a tendenza política de todas e todos nós.

Nembargantes, convén lembrar que a etapa na que a Presidencia do Consello da Xunta de Galiza estaba ocupada polo señor Fraga Iribarne (dende 1989 até 2005), iste tipo de viaxes era o pan noso de cada día, perdón, de cada mes. Esí, incluso se alardeaba, por parte do citado presidente, de que facía máis quilómetros que ningúen e realizaba máis actos que todos os demáis xuntos, ben foran xantares, merendas, cenolas ou o que cadrara, sempre, naturalmente, polo ben da cidadanía que naquiles lares disfrutaba comendo, bebendo e bailando a conta do erario público das galegas e os galegos que aquí cotizamos mentres na nosa Terra as listas de espera na sanidade ían en aumento, os nosos maiores non tiñan residencias adecuadas e dabondo e o sistema educativo padecía graves carencias. Como vemos, é doado facer gasto ao teu antollo cando estas no goberno e criticar ao contrario cando estás na oposición. Isa falla de autocrítica e autoobservación é un dos maiores defectos dos nosos políticos; de igual xeito, isa persistencia en non facer autocrítica e en trasladar os defectos dun mesmo ao contrario, pensando que as cidadás e os cidadáns somos tontos, cegos, xordos e faltos de memoria, é un dos maiores insultos que se pode trasladar a quen, con posterioridade, se lle vai solicitar o seu apoio eleitoral.

Sinceiramente, a falla de ideas da actual oposición ao goberno do Consello da Xunta de Galiza ven demostrar que a alternativa que se pretende apresentar ás galegas e aos galegos somentes exhibe como haber na súa conta o seu propósito de retomar as cadeiras gubernamentais. Certamente, non se albisca un corpo prográmatico serio e riguroso que poda atraer hacia isa forza política conservadora o apoio necesario para mudar o actual Goberno de Galiza. Ben sei que as prósimas eleicións son de carácter municipal pero non cabe dúbida de que niste tipo de eleición soe sustentarse toda mudanza política en institucións supramunicipais. Por iso, convén fixarse niste tipo de detalles para non dar pábulo á posibilidade de estabelecer unha nova tendenza política que vire a actual situación hacia outra que nos faga regresar ao pasado.

O asunto da América galega, non só no referido ás viaxes, dará aínda moito que falar. En calquer caso, insistimos en que ise tipo de peregrinación gubernamental por entre as colonias de emigrantes, convén que teñan estabelecidas unha normas e uns obxectivos realmente convenientes para os intereses dos receptores das mesmas esí como para a comprensión da utilidade que podan ter para os intereses do conxunto da cidadanía galega, tanto do interior como do exterior do noso territorio nacional.
Comentarios (1) - Categoría: Artigos - Publicado o 24-03-2007 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A MANI DE MADRID
O Partido Popular, léase Rajoy, Acebes e Zaplana, colleulle gusto a sair á rúa para expresar a súa opinión sobre os distintos asuntos da actualidade política española e aproveitar a coiuntura para reivindicar o seu direito a volver a ocupar as cadeiras do Consello de Ministros do Goberno español. Non serei eu quen negue o direito de manifestación que alcanza a todas e todos os cidadáns de calquer estado democrático, pero tampouco podo negar a extrañeza que me causa, por novedoso, o feito de que a direita española descubrira agora os beneficios do exercicio de tal direito. De igual xeito, chama a atención tamén o vicio que esconde a repetición do exercicio do direito a manifestarse nas rúas semana si e semana tamén.
Nista ocasión a manifestación responde a lemas confusos e entremisturados, á par que moi manidos, xa que se fala de paz e de liberdade, confundindo todo como un totum revolutum e facendo clara demostración dunha hipocresía até agora descoñecida e sempre digna de millor causa. Nistes últimos días poidemos asistir a un vergoñento cruce de reproches entre os dous partidos alternantes no goberno de España, incluida unha escenificación directa e senatorial sen parangón á par que sen desperdicio. Ven todo isto ao caso da mutación no xeito do cumprimento de condena por parte do etarra De Juana Chaos quen actualmente áchase privado de liberdade por mor dun delicto de amenazas atopado por unha parte da xudicatura española revolvendo entre as opinións vertidas polo citado nos seus artigos de opinión. É curioso descubrir como o Partido Popular é capaz de ver a palla no ollo do PSOE sen ser obstaculizado pola trabe no ollo propio.
A historia é o que ten: fica eí para quen quera repasala. Ademáis, nistes tempos modernos, as hemerotecas e as grabacións de audio ou vídeo están ao alcance de calquera que quera consultalas. Cada quen fica preso (nunca mellor dito) das súas verbas e das súas decisións. Non vale pois agachar o que un fixo cando denuncia as accións dos demáis, porque o cuspe, cando se bota hacia arriba, pode cair na propia boca. É xustamente iste o caso ante o que nos atopamos. Durante os gobernos do señor Aznar ao frente do Partido Popular, aconteceron casos da mesma ou incluso maior magnitude que agora os mesmos que se manifestan e nos alentan para que os acompañemos na rúa non queren lembrar. A hipocresía é a mellor definición para ista actitude de esquecemento voluntario. É ben certo que tratan de aproveitar a habitual falla de memoria dos cidadáns sobre as accións de goberno dos distintos partidos políticos.
Non sei cal será a prósima mani á que nos covidarán os representantes do Partido Popular. Coido que a partir de agora seralles menos doado enganar aos cidadáns para que, de xeito consciente, apoien os seus chamados; outra cousa será de xeito inconsciente. Pero é ben certo que sempre hai cidadáns adictos a facer seguidismo gregario de calquera idea xenerada polos brillantes cerebros que ocupan actualmente a dirección do Partido Popular. Sospeito que algún dos aludidos cerebros está a cabilar máis no seu propio benestar e acomodación política e económica que no que poda importar realmente ao conxunto da sociedade española. É mais , estou convencido de que personaxes como o señor Acebes ou o señor Zaplana seguen tensando a corda porque saben que é o único xeito persoal que lles queda a iles dous para poder sobrevivir no mundo da política. Saben que manteñen un tanto por cento de adictos que os seguirán até o precipicio e, aínda que o número de votantes non aumente até poder acadar o regreso ao Consello de Ministros, iles consideran que isa cortina de fume pode mantelos con vida política para non perder polo de agora as súas privilexiadas posicións.
Que mágoa! A cidadanía sempre sobre o aramio e, ás veces, incluso sen rede. Pero tamén é certo que poderán enganar a uns poucos moitas veces ou a moitos poucas veces pero nunca a moitos moitas veces (máis).

foro@foroavogados.com
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 10-03-2007 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A mani de Madrid
O Partido Popular, léase Rajoy, Acebes e Zaplana, colleulle gusto a sair á rúa para expresar a súa opinión sobre os distintos asuntos da actualidade política española e aproveitar a coiuntura para reivindicar o seu direito a volver a ocupar as cadeiras do Consello de Ministros do Goberno español. Non serei eu quen negue o direito de manifestación que alcanza a todas e todos os cidadáns de calquer estado democrático, pero tampouco podo negar a extrañeza que me causa, por novedoso, o feito de que a direita española descubrira agora os beneficios do exercicio de tal direito. De igual xeito, chama a atención tamén o vicio que esconde a repetición do exercicio do direito a manifestarse nas rúas semana si e semana tamén.
Nista ocasión a manifestación responde a lemas confusos e entremisturados, á par que moi manidos, xa que se fala de paz e de liberdade, confundindo todo como un totum revolutum e facendo clara demostración dunha hipocresía até agora descoñecida e sempre digna de millor causa. Nistes últimos días poidemos asistir a un vergoñento cruce de reproches entre os dous partidos alternantes no goberno de España, incluida unha escenificación directa e senatorial sen parangón á par que sen desperdicio. Ven todo isto ao caso da mutación no xeito do cumprimento de condena por parte do etarra De Juana Chaos quen actualmente áchase privado de liberdade por mor dun delicto de amenazas atopado por unha parte da xudicatura española revolvendo entre as opinións vertidas polo citado nos seus artigos de opinión. É curioso descubrir como o Partido Popular é capaz de ver a palla no ollo do PSOE sen ser obstaculizado pola trabe no ollo propio.
A historia é o que ten: fica eí para quen quera repasala. Ademáis, nistes tempos modernos, as hemerotecas e as grabacións de audio ou vídeo están ao alcance de calquera que quera consultalas. Cada quen fica preso (nunca mellor dito) das súas verbas e das súas decisións. Non vale pois agachar o que un fixo cando denuncia as accións dos demáis, porque o cuspe, cando se bota hacia arriba, pode cair na propia boca. É xustamente iste o caso ante o que nos atopamos. Durante os gobernos do señor Aznar ao frente do Partido Popular, aconteceron casos da mesma ou incluso maior magnitude que agora os mesmos que se manifestan e nos alentan para que os acompañemos na rúa non queren lembrar. A hipocresía é a mellor definición para ista actitude de esquecemento voluntario. É ben certo que tratan de aproveitar a habitual falla de memoria dos cidadáns sobre as accións de goberno dos distintos partidos políticos.
Non sei cal será a prósima mani á que nos covidarán os representantes do Partido Popular. Coido que a partir de agora seralles menos doado enganar aos cidadáns para que, de xeito consciente, apoien os seus chamados; outra cousa será de xeito inconsciente. Pero é ben certo que sempre hai cidadáns adictos a facer seguidismo gregario de calquera idea xenerada polos brillantes cerebros que ocupan actualmente a dirección do Partido Popular. Sospeito que algún dos aludidos cerebros está a cabilar máis no seu propio benestar e acomodación política e económica que no que poda importar realmente ao conxunto da sociedade española. É mais , estou convencido de que personaxes como o señor Acebes ou o señor Zaplana seguen tensando a corda porque saben que é o único xeito persoal que lles queda a iles dous para poder sobrevivir no mundo da política. Saben que manteñen un tanto por cento de adictos que os seguirán até o precipicio e, aínda que o número de votantes non aumente até poder acadar o regreso ao Consello de Ministros, iles consideran que isa cortina de fume pode mantelos con vida política para non perder polo de agora as súas privilexiadas posicións.
Que mágoa! A cidadanía sempre sobre o aramio e, ás veces, incluso sen rede. Pero tamén é certo que poderán enganar a uns poucos moitas veces ou a moitos poucas veces pero nunca a moitos moitas veces (máis).

foro@foroavogados.com
Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 10-03-2007 02:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BUQUE FANTASMA
Durante os pasados días poidemos asistir espectantes, ao tempo que sorprendidos, ao paseo dun novo buque contaminante polas costas galegas, é dicir, de norde a sur, de sur a norde, de leste a oeste e de oeste a leste. Non é a primeira vez que acontece nas nosas costas un espectáculo semellante. Coido que ningún dos habitantes diste País pode comprender ista maldición bíblica que nos persigue ás galegas e aos galegos; con efeito, non pasa moito tempo entre un e outro paseo de barco no que se pon de manifesto a falta de capacidade das autoridades competentes (niste caso, máis ben incompetentes), para poder resolver con eficacia os múltiples casos de barcos que fican á deriva xa sexa de xeito voluntario ou involuntario.
No caso que agora nos ocupa, o barco en cuestión tivo que ser manexado de arriba a abaixo frente ás costas galegas até que, por fin, se atopou unha solución para intentar evitar unha nova catástrofe nas nosas costas. Naturalmente, o sempieterno dilema técnico de abeirar o barco nalgunha das rías ou portos do noso País ou deixalo fora da liña de costa para tratar de reparalo in situ, volveu plantexarse. Descoñezo, por non ser técnico na materia, cal pode ser a millor solución, pero como cidadán, entendo que non somos merecentes de sufrir a inquedanza de qué vai acontecer cada vez que un barco ten algún problema de maior ou menor dimensión frente ás costas galegas.
Comprendo á perfección a posición dos representantes dos cidadáns que habitan nos concellos máis cercanos ao lugar no que en cada momento se atope o barco siniestrado. É evidente que ninguén ten gañas de carregar cas consecuencias dun problema do que non é responsábel. Agora ben, o que non podo comprender é isa falta de actividade da Administración de turno que non é capaz de resolver o problema de xeito áxil para evitar a desazón dos cidadáns atemorizados.
Eiquí debemos referirnos á falta de competenzas que ten a Xunta de Galiza a respeito da seguranza e salvamento marítimos. Non é de recibo que unha competenza como isa, que precisa dunha atención áxil e eficaz, resida a seiscentos quilómetros de distancia do lugar no que debe emprestarse isa atención ca maior celeridade. Niste sentido, sería de agradecer un rápido traspaso de competenzas, ca dotación orzamentaria correspondente, que atribuira á administración pública galega (Xunta de Galiza) as competenzas na citada materia de seguranza e salvamento marítimos. O encaixe estatutario non sería caroso e, polo contrario, trataríase dunha medida que sería comprendida pola cidadanía de xeito natural e que, ademáis, debería render un excelente servizo aos cidadáns debido a un maior e máis prósimo coñecemento tanto dos lugares idóneos nos que poda darse abeiro, na nosa costa, aos buques que o precisen, canto polo coñecemento que do noso mar poden ter as persoas que, desde eiquí, dirixan as operacións correspondentes.
En definitva, parece de sentido común que se articule un novo sistema de prevención na seguranza e salvamento marítimos nas costas galegas esí como un dispositivo de intervención de maior celeridade e con tomas de decisión acertadas e certeiras, para evitar o desacougo e inquedanza que cada vez que vemos un barco no horizonte nos ven á ialma e ao cor.

Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 25-02-2007 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O DEREITO Á INTIMIDADE
Durante a semana que agora remata, tivemos ocasión de apreciar o respecto que merece a intimidade de cada unha das persoas vinculada co interese, supostamente informativo, de algúns medios de comunicación. Con efeito, o pasamento de Érika Ortiz Rocasolano, irmá da princesa de España, dona Letizia, provocou todo tipo de comentarios, indagacións e publicacións sobre o pasado e o presente, que non o futuro por motivos obvios, da persoa que, desgraciadamente, deixou iste mundo nos pasados días.

Esí, puidemos comprobar que determinados medios de comunicación, que non todos en absoluto senón contadas pero coñecidas excepcións, fixeron lume da vida persoal de quen precisamente tratou sempre de escapar da popularidade que outorga ser familiar, ainda que de xeito moi indirecto, de calquera familia real e, en particular, da familia real española.

A reflexión que nos ven á mente nistes casos é sempre a mesma: onde vai o respecto á intimidade que por direito natural nos corresponde a cada un dos individuos? Porque iste e non outro é o dilema que lle plantexa ao conxunto da sociedade o acontecido niste suceso, ao igual que ten acontecido en moitos outros. Non se trata só de reivindicar o direito constitucional que nos ampara a todos e cada un dos cidadáns de calquer estado democrático, senón que vai máis alá; estoume a referir ao dereito natural de cada persoa individualizada de protexer o seu estado íntimo. Considero que non é de recibo andar a publicitar, sen permiso da persoa afectada, custións de carácter íntimo e persoal que non teñen ningún interese íntimo e que son convertidas en material morboso por mor de determinados suxeitos que, amparados baixo as siglas de determinados medios de comunicación e baixo a apariencia de querer amosar informacións ante os seus leitores, ouvintes ou espectadores fan táboa rasa de todo principio moral co único obxectivo de conseguir unha determinada cota de leitura, audiencia ou expectación.

Non podo compartir ise método de gañar adeptos para unha profesión, a xornalística, que tanto valor moral atesoura na súa vertente informativa ou formativa de opinión. Non creo, en absoluto, que ise xeito de actuar sexa compartido pola maioría da citada profesión xornalística, e, como leitor, ouvinte e espectador non podo aplaudir que se deturpe a función xornalística ate o extremo de cair na publicidade gratuita de determinadas intimidades, máis aínda se, como no caso que nos ocupa, dita publicidade fai referenza a unha persoa que xa non pode confirmar ou desmentir o que se está a comentar sobre a mesma.

En definitiva, queremos facer unha defensa consciente da profesión xornalística que, atendendo ao interese xeral e ao rigor e obxetividade que a sociedade demanda, non participa do tipo de actuación que exclusivamente atende ao cotilleo, o rumor ou incluso, no peor dos casos, a insidia e a difamación. Aplaudimos a actuación rigurosa de quen fai coñecer a noticia sen cair no escándalo rutilante e a propagación de comidillas que non veñen a conto. Longa saúde ao xornalismo obxectivo e responsábel!
Categoría: Artigos - Publicado o 10-02-2007 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
QUÉ FACER?
O atentado terrorista perpetrado por ETA o pasado día 30 de decembro na terminal T4 do aeroporto de Barajas deu ao traste ca esperanza que moitos cidadáns tiñamos posto no chamado proceso de paz propiciado polo Goberno do Estado español. Certamente non fun dos máis sorprendidos polo feito de que ETA rompera unilateralmente, e sen previo aviso, un alto ao fogo que tamén declarara do mesmo xeito, isto é, unilateral. Coido que os síntomas de que algo non ía ben viñan apoiados polos indicios que na propia Euscadi se facían a cada máis presentes. As declaracións dos representantes das forzas políticas e sociais implicadas viñan sendo pesimistas a respeito do desenvolvemento do proceso e incluso as conversas que na rúa entablaban os cidadáns daquelas latitudes, máis cercanas e, como consecuencia, millor informadas que nós, viñan confirmar o desánimo que se fora creando desde marzo en diante ao ver que o proceso non só non avanzaba senón que estaba completamente anquilosado.

A única responsábel do atentado do pasado día 30 non é ninguén máis que ETA. Iso non pode ser, de nengún xeito, un obstáculo ou barreira insalvábel para quen quera escudriñar as carencias amosadas durante o período transcurrido entre marzo e decembro do ano pasado. Esí, ainda a risco de amosar claramente a miña visión do asunto e non coincidir cunha parte importante da cidadanía, entendo que durante ise período o Goberno do Estado español, presidido polo señor Rodríguez Zapatero, non foi capaz de acompasar as súas declaracións benintencionadas e esperanzadoras sobre o proceso de paz con feitos que eisixían unha certa valentía pero que tamén se compadecían cas afirmacións de que se creía firmemente na bondade e na posibilidade de éxito do inicado e impulsado (verbalmente) proceso de paz. Coido que non houbo nengún paso decidido por parte do Goberno presidido polo señor Rodríguez Zapatero que encamiñara realmente ise proceso e demostrase e convencese á outra parte participante no mesmo de que ambas ían na mesma dirección.

O futuro ten que pasar necesariamente por retomar o proceso de paz de xeito decidido, non só con declaracións verbais máis ou menos encandilantes senón con toma de decisións e práctica de feitos palpábeis que fagan creíbeis entre ambas partes o futuro do proceso e o éxito do mesmo. Para isto é necesario tamén que se implique o conxunto da sociedade. Non só os partidos políticos senón todos os sectores sociais afectados polo problema: sindicatos, asociacións de todo tipo, sectores sociais en definitiva que poden influir ca súa posición sobre o comportamento de ambas partes. O obxectivo é que desapareza a actuación terrorista de ETA e que se normalice a situación política e social fundamentalmente en Euscadi ca repercusión que iso ten para o conxunto do Estado español.
Categoría: Artigos - Publicado o 10-02-2007 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BNG NA ENCRUCILLADA
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) celebra durante ista fin de semana a súa duodécima Asemblea Nacional. Non vai ser unha asemblea máis. Con efeito, hai varias cuestións que caracterizan ista asemblea e a fan diferente de todas as celebradas até o momento. Vexamos.

Esta é a primeira vez na que o BNG celebra unha asemblea nacional sendo parte do goberno da Xunta de Galiza. Non é baladí nen no aspeito de formar parte do goberno da nazón nen no aspeito de ter practicado dende a institución gubernamental unha política determinada. O BNG, terceira forza política do país a tenor do número de deputados e deputadas que ostenta no parlamento de Galiza como resultado das últimas eleicións celebradas en xuño do ano 2005, perdeu a segunda posición no ranquing eleitoral e tivo que entrar forzadamente no goberno da Xunta de Galiza acompañando a un PSOE que o duplica en número de escanos. Sen dúbida, isto influe na práctica política levada a cabo polo BNG dende a Xunta de Galiza pero en nengún caso excusa aos seus practicantes da defraudación das expectativas creadas na cidadanía galega por unhas promesas eleitorais que non están sendo cumplidas.

De igual xeito, ista vai ser a asemblea que decida se se abandona ou non o costume instaurado dende a fundación do BNG en 1982 da participación directa de todas e todos cantos militantes queran no plenario da asemblea nacional a celebrar cada tres anos. Esí é; dende a fundación da frente estivo únicamente suxeita á vontade de cada militante a súa participación directa e persoal nos debates da Asemblea Nacional; a dirección actual do BNG pretende agora a modificación dise san costume para sustituir dita asistencia individual e persoal da militanza pola de delegados eleitos en cada unha das comarcas. Isto, na práctica, suporá a falta de representatividade da maioría da militanza do BNG nos debates da Asemblea Nacional. Perderase, en consecuencia o carácter asembleario disa cita trianual.

Outra das características que está en perigo no BNG é o respecto á pluralidade que sempre habitou no conxunto dista organización. A estigmatización das militantes e os militantes que libremente queran disentir da dirección está cada vez máis na orde do día dalgúns dirixentes do BNG. Isto, pernicioso de por si, altera a tradicional correlación ideolóxica dentro da única organización nacionalista que ten representación na institución parlamentar.

Outra das custións a debater nista asemblea é a da eliminación da figura da Presidencia do Consello Nacional, pretendendo a actual dirección concentrar todas as atribucións que antes tiña a Presidencia na permanente Portavocía Nacional. Con isto, a concentración de poder na persoa que encarne a Portavocía Nacional vai ser de tal calibre que, sen dúbida, vai ostentar na práctica todo o poder dun secretario xeral partidario ao uso, aumentando os tintes de caudillismo que xa se escomenzaban a albiscar na situación actual.

Hai máis aspeitos pero sen dúbida os xa citados dan idea da importanza que ten ista Asemblea Nacional do BNG para o futuro non só da citada organización senón para o conxunto do nacionalismo galego. A participación da militanza nista convocatoria resultará fundamental; será ista, a militanza, quen bendiga ou non a actuación da actual dirección do BNG e dirima cal vai ser o futuro da organización. A pregunta é: é iste o BNG que quere a súa militanza? Os máis de corenta anos de traballo organizado en distintos partidos políticos nacionalistas buscaban iste resultado? Sinceiramente, estou convencido de que non é así e que tanto a militanza do BNG como o conxunto de nacionalistas, galegas e galegos de boa fe, non levan loitando tanto tempo a prol diste resultado. Eu, dende logo, non.
Categoría: Artigos - Publicado o 07-12-2006 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
AS ELEiCIÓNS AO PARLAMENTO DE CATALUÑA
Rematamos de asistir ao proceso eleitoral que se deu en Cataluña para escoller os 135 deputados e deputadas que conforman a súa cámara parlamentar. Como espectadores lonxanos na distancia pero cercanos no sentimento debemos facer unha análise relacionada ca realidade política do noso país.
Non considero de interese pararme moito no índice de abstención que, inda sendo elevado, non sobarda o que podemos considerar como parámetros de normalidade. Certo é que se pode atribuir ao feito de ser chamados os cidadáns ás urnas aos catro meses da última chamada para o refrendo do novo Estatuto de Autonomía pero é que isto era consecuencia directa e previsíbel de aquelo. Xa tivemos ocasión de manter en diversos debates que a aprobación dun novo texto estatutario debe conlevar, necesariamente, a convocatoria de novas eleicións ao Parlamento afectado xa que se trata dunha renovación da norma fundamental que sustenta a existencia da propia cámara e, o seu desenvolvemento, precisa dunha nova composición da mesma ca imprescindíbel convocatoria da cidadanía para dirimir sobre quen debe desenvolver as competencias atribuidas polo novo texto estatutario. Isto, que parece tan obvio, inda non llo escoitei a ninguén dos actuais dirixentes da Xunta de Galiza.
En canto ao reparto de escanos, hai varios detalles que deben sobrancearse. Farei o percorrido analítico indo de maior a menor. Os 48 escanos obtidos por Converxencia e Unión (CiU), gañando dous con respeito aos obtidos en 2003, non son dabondo para poder sentirse (isa formación) como triunfadora dos comicios. Certo é que foi a máis votada e a que obtivo maior número de representantes pero, tal e como estaban as cousas, un aumento de só 2 escanos non pode compensar as súas espectativas. Ise resultado, ainda que matemáticamente pode ser dabondo para conformar un goberno nacionalista (con ERC) ou un goberno de amplo espectro (co PSC), fai pouco probábel que se faga ca Presidencia do Goberno de Cataluña.
Os 37 parlamentarios obtidos polo Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) son, sen dúbida, o maior fracaso de todo o proceso eleitoral. A perda de cinco escanos non é baladí e deixa ben ás claras o erro que se cometeu dende a dirección do PSOE (léase señores Rodríguez Zapatero e Blanco) ao tratar de interferir na política de Cataluña e, en particular, na traxectoria tracexada polo propio PSC na súa nazón, Cataluña. A eleición do candidato (José Montilla) é o seu intento de trágala a toda a cidadanía catalá deu ao traste cas espectativas do partido político que ostentou a Presidencia do Goberno nistes 3 últimos anos. Non hai excusa. O fracaso é maiúsculo e alguén deberá responsabilizarse do mesmo e pagar a factura.
Esquerda Republicana de Cataluña (ERC) colleitou unha rebaixa de 2 escanos ao baixar de 23 a 21 o seu número de representantes no Parlamento de Cataluña. Dado que os vaticinios eran moito máis pesimistas (non esquezamos os seus continuos vaivéns no Goberno tripartito e o seu non ao Estatuto), non acadou un mal resultado. Agora, de novo, volve ter a chave do Goberno de Cataluña xa que de querer, poderían formar un goberno nacionalista con CiU (21 + 48 = 69) ou repetir a experiencia tripartita con PSC e ICV (21 + 37 + 12 = 70), xa que para ter unha maioría estábel no Parlamento hai que ter, cando menos, 68 votos.
O Partido Popular (PP) non viu tampouco recompensada a súa pertinaz campaña en contra do Estatuto de Cataluña (con recurso ante o Tribunal Constitucional incluído) e baixou de 15 a 14 escanos. Certamente contraditoria e incluso dirtorsinante é a posición que manteñen en Madrid (os señores Zaplana e Acebes) e en Cataluña (señor Piqué). Pesie á moderación do seu cabeza de cartel en Cataluña, os eleitores, non atoparon máis alicientes que en anteriores ocasións para elevar o número de representantes disa formación política española no Parlamento de Cataluña. En ningún caso os seus votos poden valer para formar coalición gubernamental nengunha xa que con nengún outro sumando afín consigue chegar aos 68 necesarios.
Quen sí avanzou cuantitativa e cualitativamente, foi Iniciativa por Cataluña – Os Verdes (ICV). Con efeito, desde os 9 escanos que obtivo en 2003 pasou agora a 12, é dicir, incrementou nun tercio a súa presenza no Parlamento. A súa seriedade nos plantexamentos, alonxados de exabruptos e pendenzas, callou na sociedade catalá e fixo que se constituira na forza política verdadeiramente triunfadora nistes comicios. Sen dúbida peza chave na posíbel reedición dun goberno tripartito de carácter progresista e, asegún a súa propia definición, tamén catalanista.
Por último, a sorpresa meirande ven dada pola entrada no Parlamento, con 3 escanos, da nova formación política autodenominada Ciudadanos – Partido de la Ciudadanía. Sinceiramente, paréceme perigosa ista irrupción debido á súa falla de definición ideolóxica. Querer monopolizar a toda a cidadanía cunhas siglas con acerto mercadotécnico non fai máis que traguer á memoria o que foi a actuación de Alejandro Lerroux no século pasado (antes da guerra civil española).
Podemos, en resumo, vislumbrar algunhas diferenzas entre o panorama político catalá e o noso. Elí hai seis forzas políticas con acceso ao Parlamento; eiquí só hai tres. Elí hai un partido socialista que ten verdadeira autonomía (ainda que dista volta non a exerceu e esí lle foi); eiquí non existe isa liberdade de movimentos a respeito do PSOE. Elí o Partido Popular é capaz de distanciarse do discurso de Zapatero e Acebes; eiquí é impensábel tal posibilidade. Elí hai dous partidos políticos claramente nacionalistas que, se quixeran, poderían conformar un goberno nacional de Cataluña; eiquí os represenantes nacionalistas no Parlamento son 13, é dicir, menos do 20 %. Quén nos dera a unha situación similar á catalá no noso País!






Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 05-11-2006 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A DEPUTACIÓN ANTE A XUSTIZA
É invetábel non falar istes días en Lugo, e por extensión en Galiza, da intervención que a Xustiza está a levar na Deputación Provincial de Lugo presidida por don Francisco Cacharro Pardo. É ben certo que o titular da xefatura do Ministerio Fiscal en Lugo leva xa algún tempo tendo un certo protagonismo en todas cantas actuacións xudiciais se cernen sobre a Deputación Provincial, sobre o seu Presidente, sobre algúns deputados provinciais ou sobre algúns alcaldes do Partido Popular en Lugo pero nunca tan espectacular foi a súa actuación. Certamente de espectáculo mediático cabería tildar o acontecido durante os rexistros e requisamento de documentación, con entrada pouco amizosa acompañada de premeditación e sen previo aviso nas dependenzas do organismo provincial. Sen dúbida inusual procedemento. Podería entenderse como unha actitude do Ministerio Público de certa xenreira ou manía persecutoria contra o titular da Presidencia do repetido organismo provincial pero, ao mesmo tempo, dita actitude tamén podería verse avalada pola propia posición do Presidente dise organismo, sempre disposto a retar a quen ten a obriga legal de investigar todo canto poda rebasar a legalidade vixente establecida.

Supoño que o asunto de fondo non sorprende a ninguén en Lugo ou, millor dito, non sorprende a ninguén en todo o territorio comprendido non só nos límites territoriais da pronvincia de Lugo senón tamén nos límites de toda Galiza. Os comentos e as sospeitas sobre a existencia de actitudes inmersas nos parámetros da corrupción dentro da Deputación Provincial de Lugo son tan vellos uns como coñecidas as outras. A nadie sorprende ligar a acción política de determinados persoeiros a ise proceder deleznábel de aproveitar o cárrego público para beneficio propio ou, millor dito, no presente caso, beneficio propio e de afíns ou colaboradores necesarios. Pero ises comentos e sospeitas nunca foron, nen son ainda hoxe, dabondo para proceder á condena xudicial dises actos a todas luces delictivos. Se queremos seguir alardeando da existencia dun estado de direito efectivo, non podemos condenar a ningún cidadán sen sometelo a un proceso xudicial con plenitude de garantías xurídicas. É preciso que existan probas concluintes e non só simples conxeturas sobre a comisión dos delictos imputados.

É por iso que convén separar ben o asunto político do proceso xudicial. Sen dúbida irán paralelos pero non revoltos. O proceso xudicial debe seguir o seu curso sen interferencias nen xiquer mediáticas. Hoxe parece que o proceso mediático precede e mediatiza de xeito imparábel o xudicial. Coido que a xustiza debe abstraerse de tal incidencia mediática e actuar con obrigada contundencia pero con absoluta liberdade de criterio. Outra cousa é a repercusión política que poda ter o asunto. Estou convencido de que si ten fondo, ou trasfondo, político o feito de que niste intre se pase dos comentos e sospeitas á actuación xudicial. Agora, un dos cernes da cuestión é coñecer a fonte que proporcionou a valiosa información que determinou ao Ministerio Fiscal e á titular do Xulgado de turno a intervir de xeito tan abrupto nun organismo público con tal magnitude. Tamén é de interese coñecer se as disputas internas na formación política á que pertence o titular da Presidencia da Deputación Provincial de Lugo tivo algo que ver no aflorar diste asunto en cuestión.

Non cabe dúbida de que o que agora está sobre o tapete non é máis que a ponta do illote de xeo e que, tirando do fío, poderemos atopar máis situacións suceptíbeis de ser analisadas e investigadas xudicialmente. Tampuco é o único caso que se dá na xeografía galega, tan plagada de casos similares ao que agora tratamos, produto sen dúbida da falla de alternancia ao frente dos poderes públicos. Desgraciadamente, o pobo soe observar istes procesos con grandes doses de desconfianza debido a que a maior parte das veces a impunidade campa polos seus respectos. Son tantas as veces que os imputados safaron da súa responsabilidade penal que xa non é doado ter esperanza en que se poda facer xustiza. É por iso que ten moita importancia facer as cousas ben, sen interferencias externas e sen afán de protagonismo; só ca lei na mao e con actuacións xudiciais acertadas e avaladas pola legalidade vixente poderemos chegar ao fondo diste asunto e ter a satisfacción cidadá de ver condenadas ás persoas que cometeron algún acto puníbel dende o punto de vista penal.

Dentro do campo de acción político non hai que desbotar que se poduzan movimentos telúricos entre as filas da formación que dominou a institución provincial durante as últimas décadas. Descoñezo se todos quitaron o mesmo rendimento particular pero é evidente que hai que ir tomando posición de futuro e non todos poderán librar de verse afectados por iste asunto. Tanto dentro como fora da institución teñen que adoptarse posturas que desvinculen, de cara ao futuro, de asuntos turbios ou pouco claros que distorsionen a mensaxe de cara á cidadanía. Isto non remata eiquí. Isto engorda.

En calquer caso, non me digan que é menor o detalle de que o organismo que agora está en cuestión se propuxera organizar a súa propia investigación interna sobre os asuntos investigados, supoño que ca clara intención de colaborar ca xustiza, designando como instrutor a quen participou directamente na resolución dalgúns centenares dos expedentes controvertidos!!! Parece un chiste pero non o é.

En fin, a capacidade de asombro semella esgotada pero a imaxinación dalgúns persoeiros fai que recuperemos a fe en que non todo está xa visto e inventado. Hai futuro. O noso País está á cabeza en innovación, entendida como creación de novos sistemas, sistemas de aproveitamento persoal non exentos de corrupción, e desenvolvemento e aplicación dos mesmos a casos prácticos e con resultado satisfactorio. Isto chámase eficacia.

Xa o dicíamos de vello: profesionais para todo. En Marbella son uns afeizoados.





Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 05-11-2006 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FILATELIA EN MALA COMPAÑÍA
O coleccionismo en xeral e a filatelia en particular sempre fóron, e son, afeccione que gozaron dun certo prestixio social. Con efeito, a actitude das persoas que teñen ese interese por coleccionar, buscar, escrudriñar, sistematizar obxectos susceptíbeis de ser reunidos e ordenados foi sempre admirada e, en ocasións, incluso envexada por quen tiña oportunidade de visualizar o contido das citadas coleccións na inevitábel exposición que o seu posuidor percura orgulloso para dar a coñecer a súa afeizón. É ista unha actitude ás veces fachendosa pero sempre natural e comprensíbel. Non cabe dúbida de que calquera persoa curiosa vai disfroitar sempre dunha morea de artigos ou obxectos ben ordenaos e clasificados para exhibición da súa beleza. A uns gostará máis, a outros menos e aos menos non gostará ren. Isa é en boa medida a idea que debeu orientar a creación dos primeiros museos. Con efeito, os museos exhiben as súas coleccións para disfroie dos seus visitantes e moitos museos teñen a súa orixe en coleccións particulares que nun determinado momento pasan a ser de dominio público, xa sexa pola súa adquisión e titularidade ou pola súa exhibición aberta a todo o público en xeral Confésome practicante do vicio do coleccionismo en determinadas facetas e sei o goce que se experimenta cando se observa, non sen certa paixón, a ordenada serie de obxectos que con moita paciencia e esforzo se foron arrecadando ao longo do tempo. Ista afeizón, a do coleccionismo, non é nunca asimilábel á da acumulación con obxectivo inversor ou de futura rendibilidade. En absoluto. O coleccionista pode disfroitar da súa colección ou paixón por obxectos nimios como caixas de mistos, pousavasos de papel, casiñas- miniaturas de arxila ou calquera outra cousa que careza por si mesma de valor económico no mercado. Polo tanto, non podemos confundir ao coleccionista por afeizón co pretendido coleccionista por interese económico. Son cousas completamente, eu diria diametralmente, distintas. É por iso que, cando istes días se destapou o asunto do posíbel fraude cometido por dúas empresas de investimento que negociaban xuros por enriba do prezo de mercado en termos bancarios, non puiden por menos que discernir entre unha cousa e a outra. Tiven ocasión persoal de coñecer ise negocio xa que me foi ofertado no seu momento. Recoñezo que era atractivo. A oferta dun investimento nun produto limpo e de certo prestixio social como a filatelia, cuns xuros por riba da oferta do mercado bancario, resultaba atractiva. Tiven sorte xa que non me decidín. Pero non cabe dúbida de que as afectadas e os afectados por ise presunto fraude fóron persoas de boa fe que instadas por amigos, parentes ou coñecidos, decidiron investir os seus aforros nun produto como é o das coleccións filatélicas co que pensaban que non facían dano a ninguén Desgrazadamente, ao final parece que os únicos damnificados poden ser os propios inversores. Pero tamén é certo que as persoas que depositaron nisas empresas os seus aforros fixérono coa esperanza de obter un maior rendimento dos seus capitais. É dicir, o seu afán non foi o de investir en filatelia para disfroite propio dunha afeizón por unha colección de selos senón que foi unha certa dose de codicia especulativa. Isto é, que agardaban un maior rendimento dos seus aforros que utilizaron como capital inversor. Non debemos confundir entón a afeizón á filatelia ca afeizón a rendibilizar un determinado capital. Problema distinto é o de determinar as consecuencias e as responsablidades que podan alcanzar a inversores e xestores en tal negocio comercial. Sen dúbida os afectados, con independencia do seu coñecemento do mundo dos investimentos, tiñan que ter a mosca (ou cando menos o mosquito) detrás da orella xa que ninguén agasalla pesos a catro pesetas. Todo investimento especulativo, e iste o era xa que se trataba de mercar para despóis vender máis caro, ten o seu risco. Tratábase dun investimento con prazo e xuro predeterminados. En definitiva, tratábase dun negocio xurídico que ten unhas obrigas evidentes e que poden e deben ser obxecto de reclamación xudicial. Serán os tribunais quen decidan en última instancia quen debe responder dos posíbeis incumprimentos producidos. Agora, a cuestión que máis preocupa aos afectos é a recuperación dos seus capitais. Naturalmente, as distintas reclamacións e demandas vanse dirixir contra as empresas titulares e contra os seus xestores. Haberá que topar as millores fórmulas para poder conseguir o obxectivo de resarcir o capital investido. Fica por resolver o dilema da responsabilidade da Administración Pública e de qué parcela desa administración ten a obriga de responder pola súa actuación ou, mellor dito, no presente caso, pola súa falla de actuación. É certo que niste momento a falla de regulación pode conlevar a ausencia de responsabilidade legal da Administración pero tamén é igualmente certo que non pode isa mesma Administración, precisamente por permitir a ausencia de regulación, fuxir dunha certa responsabilidade moral que, ben encamiñada, pode á fin e á postre, correxir o desaguisado e dar unha certa satisfacción aos afectados. Xa se verá. Outra verdade como un templo é que o conxunto da sociedade tampouco debe ser a que cargue cos custes dun fraude ao que son alleas todas as cidadás e todos os cidadáns que, desde logo, non contribúen cos seus impostos para resarcir capitais afectados por negocios especulativos fallidos. En fin, complexa situación que deberán resolver os tribunais. En calquera caso, son moitos milleiros de galegas e galegos os que están afectados neste momento por este asunto que, sen dúbida, estalles restando sono e provocando quebradeiros de cabeza. É unha situación ben lamentábel que afecta a persoas que actuaron de moi boa fe. Oxalá se solucione de xeito satisfactorio para os prexudicados. Iso sí, devolvamos aos verdadeiros afeizoados á filatelia a súa honra e a nosa admiración polo seu esforzo e paciencia recolectora da beleza filatélica de todo tipo.



Comentarios (0) - Categoría: Artigos - Publicado o 05-11-2006 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FRANCISCO CACHARRO PARDO
Teña ou non teña a simpatía de cada un de nós (aclaro xa que a miña non a ten), non se pode negar a transcendencia que o señor Cacharro Pardo tivo para o desenvolvemento político, social e económico da provincia de Lugo durante as últimas dúas décadas. É evidente que desde a presidencia da Deputación Provincial e tamén desde a do partido Popular foi decidindo onde, cando e canto investir en cada obra, en cada proxecto, sendo quen de determinar o devir de cada punto da provincia luguesa. Son dos que pensa que o resultado foi ben negativo. Á vista está que todos os indicadores demostran o subdesenvolvemento da provincia de Lugo en todos cantos aspectos podamos ter en conta. Neste senso podemos afirmar, por tanto, que a actividade política do señor Cacharro Pardo non foi capaz de satisfacer, nin mínimamente, as esperanzas ou as ilusións do conxunto dos cidadáns da provincia luguesa que, con todo dereito, aspiraban a poder vivir na súa terra en equiparación de condicións co resto dos cidadáns de Europa occidental ou, cando menos, do Estado español ou, en última instancia, do resto da Galiza. Non foi esí. Nestes últimos vinte anos, as condicións de vida dos lugueses e as luguesas foi a pior. A destrución do tecido produtivo instalado na provincia luguesa foi constante e paulatina, sendo hoxe moi inferior, tanto en termos obxectivos como en termos comparativos, ao que podemos observar nos nosos veciños. Tampouco o medio rural obtivo as respostas políticas axeitadas á súa demanda, sendo tamén hoxe un sector en claro e diáfano retroceso, deixando de ser refuxio e absorción da clara vocación luguesa de dar as costas ao mundo industrial, vocación sen dúbida propiciada pola propia política practicada sempre polo señor Cacharro Par