ALBAROQUE


Instrucións para se anotar ao Albaroque da lingua 2007
Se simplemente te queres anotar á festa e participar neste acontecemento histórico tes que ingresar 25 € na conta de Caixa Galicia n.º
2091-0376-20-3000054218
poñendo no concepto o teu NOME E APELIDOS antes do 29 de abril de 2007 (ATENCIÓN, O PRAZO AMPLÍASE ATÉ O 4 DE MAIO!) e, deste xeito, quedarás automaticamente inscrito/a.

Se é preciso indicar o/a beneficiario/a, debes poñer Anxo Otero Montero, e no concepto o teu nome e apelidos.

O prezo de 25 € inclúe o menú, o bus de ida e volta entre Santiago e Luou e moitas sorpresas!

Irase actualizando diariamente a listaxe de persoas anotadas neste mesmo blog.

Se ademais tes propostas de contidos, cousas que se poden facer, ideas, etc., participa na organización! Ponte en contacto en albaroquedalingua@gmail.com.

BULE EN TE ANOTARES, POIS HAI PRAZAS LIMITADAS!!! (300) NON O DEIXES PARA OS ÚLTIMOS DÍAS!
TI QUE DIS? (2) - Categoría: INSTRUCIÓNS PARA SE ANOTAR - Publicado o 12-04-2007 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2 QUE DIN OS RUMOROSOS?
1 Coa clareza de Castelao e a valentía de Rosalía compráceme achegarme até esta iniciativa tan loábel e como, vos dades conta, nun país como o noso tanto cumpren.
E#blgtk08#xixirmos uns mínimos de cumprimento da legalidade é tarefa colectiva na custión lingüística e garante dunha democracia real no Estado Español. Unha aperta nacionalista.
Díxoo... Francisco Rodríguez Sánchez (20-04-2007 13:54)
2 Língua proletária do meu povo,
eu falo-a porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dá-me a ganha,
porque me sai de dentro, alá do fundo
duma tristur#blgtk08#a aceda que me abrange
ao ver tantos patifes desleixados,
pequenos mequetrefes sem raízes
que ao pôr a gravata já nom sabem
afirmar-se no amor dos devanceiros.
Díxoo... eu (20-04-2007 18:47)
TI QUE DIS?
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
 
Ligazóns dende outras webs
Xuntanza lúdico-festiva-reivindicativa da xente da lingua

albaroquedalingua@gmail.com
 TODO SOBRE A FESTA
 IMAXES
 PROCURAR
 ANTERIORES

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
© by Abertal