Compañeiras e compañeiros da lingua!
Con motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, autoconvocámonos a unha GRAN CHURRASCADA POLA LINGUA (estufada), o ALBAROQUE DA LINGUA 2007, coa escusa de reivindicar unha maior presenza do espírito lúdico festivo no proceso de normalización, dramático de seu mais non tanto como para impedirnos un gran momento de encontro e catarse colectiva.
E por que unha cea? Porque hai que estar ben alimentad@s para enfrontarnos a todo o traballiño que temos por diante!
A xente da lingua –o ghallegho, o galego, o galego-portugués e, claro que si, o portugués– autoconvidámonos a unha xuntanza de confraternización.
Apuntádevos toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, bolseir@s mais ou menos queimad@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua.
Unha comisión de festas –da que ti podes formar parte, se te pos en contacto a través do correo electrónico albaroquedalingua@gmail.com– está a organizar a MACROCEA lúdico-festiva.
Temos o día –16 de maio– e o lugar: O Fogar do Santiso, en Luou, preto de Compostela.
Participa neste proceso!
Haberá buses de ida e volta desde Compostela, un espectáculo ao vivo inesquecíbel e moitas sorpresas! Se pensas nalgunha cousa máis, ponte en contacto connosco!
Dillo a colegas e a familiares, telefona vell@s amig@s, dálle ao ruxe-ruxe, que a MACROCEA vaia de boca en boca porque, como no Xabarín, temos que ser cen mil!
DATOS DA XUNTANZA
INTRUCIÓNS PARA SE ANOTAR

Companheiras e companheiros da língua!
Com motivo da véspera do 17 de maio, e porque si e nos peta e nos dá a gana, auto-convocamo-nos a umha GRAN CHURRASCADA POLA LÍNGUA (estufada), o ALBAROQUE DA LINGUA 2007, com a excusa de reivindicar umha maior presença do espírito lúdico festivo no processo de normalizaçom, dramático de seu mais nom tanto como para impedir-nos um grande momento de encontro e catarse colectiva.
E por que umha ceia? Porque hai que estar bem alimentad@s para enfrontar-nos a todo o trabalhinho que temos por diante!
A gente da língua –o ghalhegho, o galego, o galego-portugués e, claro que sim, o portugués– auto-convidamo-nos pois a umha juntanza de confraternizaçom.
Apuntai-vos toda a GENTE DA LÍNGUA sem exclusom por razons de idade, raça, opçom ortográfica ou ideológica ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas com título ou sem el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, jornalistas que aínda non vos passastes ao castelám, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilheir@s em activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes…, e, em fin, toda aquela gente ligada á normalizaçom da língua.
Umha comisión de festas –da que ti podes formar parte, se te pos en contacto a través do correo electrónico albaroquedalingua@gmail.com– está a organizar a MACROCEIA lúdico-festiva.
Temos o dia –16 de maio– e o lugar: O Fogar do Santiso, em Luou, perto de Compostela.
Participa neste processo!
Haberá buses de ida e volta desde compostela, um espectáculo ao vivo inesquecíbel e moitas sorpresas! Se pensas em mais, ponte en contacto!
Di-lho a colegas e a familiares, telefona velh@s amig@s, dá-lhe ao ruxe-ruxe, que a MACREOCEIA vaia de boca em boca, porque, como no Xabarín, temos que ser cem mil!
DATOS DA XUNTANZA
INTRUCIÓNS PARA SE ANOTAR
|