A Irmandade d'O Pontillón



O meu perfil
airmandadedopontillon@opontilllon.e.telefonica.net
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Homenaxe a Ramón Cabanillas no cincuenta cabodano da súa morte. Moaña 5 e 6 de xuño do 2009

Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 02-06-2009 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DOMINGO 31 DE MAIO ÁS 16:00h TERTULIA CON XOSÉ MANUEL GARCÍA TRIGO NO MUSEO DAS CARREIRAS NA ILLA DE SAMERTOLAMEU.
O domingo 31 de Maio vaise celebrar unha tertulia na illa de samertolameu coa obra de Xosé Manuel García Trigo ao redor do seu último libro "Viaxes do Corazón. Diario íntimo". A presentación farase no museo das carreiras que se atopa na illa. O acto comezará ás 16:00h. A irmandade d´Pontillón estará presente neste e nos diferentes actividades que se desenrolarán na xornada do domingo.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 29-05-2009 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A IRMANDADE D´PONTILLÓN NA HOMENAXE A XOSÉ MARÍA CASTROVIEJO EN TIRÁN
O venres 22 de Maio celebrouse un recital poético con motivo da homenaxe que a parroquia de Tirán fíxolle ao Autor Xosé María Castroviejo. A nosa asociación formou parte deste recital e da organización do mesmo. Algúns dos seus membro recitou varios poemas do autor así como a lectura de varios textos narrativos. Os actos continuaron o día seguinte con conferencias e actividades
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 29-05-2009 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A IRMANDADE D´O PONTILLÓN NO SENDEIRO DO RÍO DA FRAGA.

O pasado sábado 7 de xuño celebrouse un encontro no sendeiro do Río da Fraga con motivo dos novos servizos que se prepararon e da posta en marcha de novos muíños. Ao acto acudiron numerosos membros da corporación municipal, como o Alcalde de Moaña Xosé Manuel Millán e o concelleiro de Medio Ambente Daniel Rodas promotor do proxecto. Asistiu a delegada de industria e turismo de pontevedra, quen puxeron os fondos necesarios para desenrolar este proxecto. Pero a alma da muiñada foi a intervención dun dos nosos máis emblemáticos membros da Irmandade d´O Pontillón, Luís Chapela quen se encargou de poñer voz aos muiñeiros de Moaña e de comentar numerosas anécdotas relacionadas coa vida nos Muíños do noso concello.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-06-2008 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PRESENTACIÓN DOS LIBROS DE CAMILO NOGUEIRA.
CARTAZZ PRESENTACIÓN DA PRESENTACIÓN
A Irmandade d´O Pontillón presentará o próximo Xoves 19 de Xuño ás 20:30h. no salón de plenos do concello de Moaña, os libros de Camilo Nogueira: “ EUROPA. O CONTINENTE PERDIDO ” e “ GALIZA NA UNIÓN. A PORTA ATLÁNTICA “. Asistirá Camilo Nogueira, quen durante moitos anos foi deputado polo BNG no parlamento europeo, un home que polo seu traballo de enxeñeiro e pola súa traxectoria tanto política como social na provincia de Pontevedra, é moi coñecido e ten moitos amigos en Moaña e na comarca do Morrazo. Este acto será presentado polo mestre e veciño de Moaña, Manuel Méndez. O ex-presidente da plataforma pola liberación da peaxe de Rande, encargarase de facernos chegar o perfil de Camilo Nogueira e de achegarmos ao pensamento e a literatura da persoa, do político, o enxeñeiro, do economista...
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 06-06-2008 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
INDIANA JONES NA PROCURA DA DOBRAXE PROHIBIDA
En 2004 o Parlamento galego aprobou por unanimidade garantir “ a drobaxe ao noso idioma de , polo menos, dez filmes ao ano de entre os que presenten mellores expectativas comerciais”.
Catro anos despois, segue a ser “misión imposíbel” visionar un filme en galego en calquera das salas comerciais que hai na Galiza.
O 22 de maio esrenouse nos cines galegos “Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal”, En Catalunya , será posíbel visionar o filme en catalán. Se a Xunta quixer, aquí tamén o poderíamos ter en galego.
Reclámalle ao presidente da Xunta, de quen depende a Secretaría Xeral de Política Lingúística, que cumpra os seus compromisos de dobraxe de filmes ao galego: presidente@xunta.es

Co teu apoio conseguirémolo!

Iniciativa promovida por:
A Mesa Pola Normalización Lingüística
Moc!dAde polA NormAl!zAc!ón L!ngü¡st!cA
APRADOGA (Asociación de profesionais da rama artística da dobraxe de Galicia)
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 06-06-2008 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
HOMENAXE A XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR.
xosé vázquez pintor
O próximo sábado 7 de xuño vaise celebrar a Homenaxe “O/A Escritor/a na súa Terra”, que , cada ano impulsa a Asociación de Escritores en LinguaGalega (AELG), chega neste 2008 á súa XIV Edición recaendo na Figura de Xosé Vázquez Pintor. O acto celebrarase no Concello de Melide, lugar de nacemento do autor, asemade o Morrazo é parte del e de nós, polo que o Morrazo tamén estará alá. Moitos amigos e compañeiros da comarca do Morrazo acompañarán ao escritor e moitos outros que non van poder estar sumámonos dende esta lingua de terra e mar . Dende a Irmandade d´O Pontillón queremos felicitar a Xosé Vázquez Pintor pola homenaxe que lle están facendo. Pintor é unha figura importantísima na nosa Comarca, é un amigo que compartiu viaxes ata o val de Ellas, conferencias, xuntanzas, tertulias, recitais e moitas máis que nos quedan no futuro.

Noraboa amigo!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2008 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XAN LEIRA UN PROXECTO AUDIOVISUAL NA IRMANDADE D´O PONTILLÓN
Xan Leira na libraría O Pontillón
Na Irmandade d´O Pontillón, tivemos a oportunidade de proxectar os documentais e filmes de Xan Leira, cineasta fundador do proxecto acuarela produccións. Patagonia, utopía libertaria, Lembranzas e reflexións de Lois Tobío, 50 aniversario do 1º Congreso da Emigración Galega, Crónica da represión lingüística....
Puidemos comentar os aspectos máis importantes e dialogar co director os aspectos técnicos das produccións, así como dar conta das propias vivencias del gravando e convivindo cos protagonistas activos e pasivos das súas obras. Contaremos con Xan Leira para vindeiras ocasións e poderemos continuar desfrutando canda el do traballo e de conversa.
Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 30-05-2008 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A IRMANDADE D´O PONTILLÓN E O VAL DO ELLAS.

A Irmandade d´O Pontillón, dende a súa formación estivemos presentes e participamos coa interacción no Val do Ellas (Cáceres), en onde tres concellos empregan o galego como lingua habitual. Estivemos presentes diferentes membros do noso colectivo no curso de verán celebrado pola Universidade de Vigo no concello de San Martín de Trevello (Cáceres). En onde contamos coa presencia dos lingüistas máis importantes de Galiza, Estado español e Portugal. E na inauguración contouse coa presencia do Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, que aproveitou a celebración do curso para acercarse a estes concellos e falar co Presidente da Junta de Extremadura.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2008 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONFERENCIA DE XOSÉ HENRIQUE COSTAS NO CONCELLO DE MOAÑA.
Xosé Henrique Costas
A Mesa pola Normalización Lingüística no Morrazo, xunto coa Irmandade d´O Pontillón e a concellería de Cultura de Moaña, organizaron esta conferencia que tiña como eixo o idioma e a situación lingüística en Galiza nos diferentes ámbitos da sociedade Galega. O catedrático de lingua galega na universidade de Vigo así como director da área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas foi o encargado de impartir esta conferencia. Por parte da Mesa pola Normalización Lingüística asistiu Fran Rei, responsábel de zonas da mesa que animou aos asistentes a participar na manifestación que se celebrou o pasado Domingo 18 de Maio en Compostela para defender o dereito a vivirmos en galego, manifestación convocada pola Mesa.


Comentarios (0) - Categoría: ACTIVIDADES - Publicado o 30-05-2008 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal