Somos galegos…Somos nación. Somos un pobo moito máis antigo do que pode selo, por exemplo, o pobo castelán. O noso país foi o primeiro reino cristián independente de Europa. Temos unha cultura que afunde as súas raíces no legado e tradición celtas, que compartimos con Irlanda e outras nacións. Temos unha lingua propia, filla do latín, irmá maior do castelán e nai do portugués. Fumos reino até o século XIX. E, segundo algúns, non somos nación, porque non somos independentes. Pobriños, non lles ensinaron na escola a distinguir nación de estado.
Agora, coa revisión do noso Estatuto de Autonomía, os nacionalistas tentan introducir unha alusión ó que somos. E o estatuto, se así sae, será declarado "incostitucional". Ai, que risa. Moitas constitucións tiveron os españois, e ningunha durou máis de 50 anos. Ou o que é dici-lo mesmo: non recollen verdades absolutas. Porén, os galegos, fumos reino até fai agora dous séculos, e dende entón xurdiu en Galiza un movemento interesantísimo chamado galeguismo. Somos máis nación do que poderá se-lo nunca Espanha (que agora non o é). Só cómpre pregar porque o pobo galego sobreviva a tanta inxustiza que se comete sobor del. Máis chegará un día no que o clamor de Galiza se escoite tan outo reclamando os seus dereitos que o estado non poderá iñorarnos. Ese día será Galiza independente, pola sagrada vontade do seu pobo. Tentarán doblegarnos pola forza. Ese día, como pasou unha vez en Irlanda ou Portugal, ninguén nos poderá deter; pois os que amamos a Galiza estaremos en primeira liña dispostos a derrama-lo sangue por ela. O amor sempre vence ó odio, e o amor pola nosa terra vencerá ó odio que nos profesarán moits. Seremos libres, non hoxe nin mañá, senón dentro dun tempo. E berraremos todos; cunha voz que sacudirá os nosos corazóns e cheará de medo os dos nosos inimigos; berraremos ¡VIVA GALIZA CEIBE!
|